Saltar ao contido

Half-Life

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Half-Life
Desenvolvedor(es)Valve Corporation e Gearbox Software
Distribuidora(s)Sierra Entertainment e Valve Corporation
Compositor(es)Kelly Bailey
Lanzamento19 de novembro de 1998, 11 de novembro de 2001 e 14 de febreiro de 2013
Xénerovideoxogo de disparos en primeira persoa e videoxogo de ciencia ficción
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Linux, PlayStation 2, Microsoft Windows e macOS
Na rede
http://half-life.com/
IMDB: tt0239023 Youtube: UCOqntCLSopHM13j9WnN1pqQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Half-Life é un videoxogo de disparos en primeira persoa de 1998 desenvolvido por Valve Corporation e publicado por Sierra Studios para Windows. Foi o produto debut de Valve e o primeiro xogo da serie Half-Life. O xogador asume o papel de Gordon Freeman, un científico que debe escapar da instalación de investigación de Black Mesa despois de ser invadida por criaturas alieníxenas tras un desastroso experimento científico. O xogo consiste en combate, exploración e crebacabezas.

Valve, coa falta de innovación no xénero FPS, pretendía crear un mundo inmersivo que fora máis aló que unha "galería de tiro". A diferenza doutros xogos da época, o xogador ten un control case ininterrompido do personaxe; a historia vívese principalmente a través de secuencias dialogadas máis que con escenas. Valve desenvolveu o xogo usando GoldSrc, unha versión moi modificada do motor Quake, con licenza de id Software. O novelista de ciencia ficción Marc Laidlaw foi contratado para elaborar a trama e colaborar no deseño.

Half-Life recibiu eloxios polos seus gráficos, xogabilidade e narrativa e gañou máis de 50 premios para PC como "Xogo do ano". Considérase un dos xogos de disparos en primeira persoa máis influentes e un dos mellores videoxogos xamais feitos. En 2008, vendera máis de nove millóns de copias. Foi portado para PlayStation 2 en 2001, xunto coa expansión multixogador Decay, e para macOS e Linux en 2013. Valve levou Half-Life ao seu motor Source como Half-Life: Source en 2004. En 2020, Crowbar Collective lanzou un remake non oficial, Black Mesa.

Half-Life inspirou numerosos mods feitos por fans, algúns dos cales se converteron en xogos autónomos, como Counter-Strike, Day of Defeat e Sven Co-op. Seguíronlle os paquetes de expansión Opposing Force (1999) e Blue Shift (2001), desenvolvidos por Gearbox Software, e as secuelas Half-Life 2 (2004), Half-Life 2: Episode One (2006), Half-Life 2: Episode Two (2007) e Half-Life: Alyx (2020).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.