Saltar ao contido

Gustavo Gutiérrez Merino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGustavo Gutiérrez Merino

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Gustavo Gutiérrez-Merino Díaz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xuño de 1928 Editar o valor en Wikidata
Lima, Perú Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 2024 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Lima, Perú Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPerú Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Maior de San Marcos - medicina
Instituto Católico de París
Pontificia Universidade Gregoriana
Catholic University of Lyon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónTeólogo católico, profesor universitario, sacerdote católico, filósofo, teólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Notre Dame (pt) Traducir
Pontifícia Universidade Católica do Peru (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoTeoloxía da liberación Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHenri de Lubac, Marie-Dominique Chenu (pt) Traducir e Yves Congar Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX959804 WikiTree: Gutiérrez-Merino_Díaz-1

Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima o 8 de xuño de 1928 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 2024,[1] foi un teólogo peruano, un dos artífices da Teoloxía da liberación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.

Estudou teoloxía na Universidade Católica de Lovaina e na Universidade de Lión. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dos Predicadores buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.

Foi doutor honoris causa pola Universidade de Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Non pretendía realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, fundou a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretendía ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada ás estruturas de dominación. O pecado tiña tamén unha dimensión social que debía ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnosticou unha situación e buscou unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nacía da fe cristiá.

Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.[2]

  • Teología de la Liberación (1971)
  • La fuerza histórica de los pobres (1979)
  • Hablar de Dios desde el sufrimiento de los inocentes (1986)
  • La verdad os hará libres (1989)
  • Dios o el oro de las Indias (1989)
  • El Dios de la vida (1989)
  • En busca de los pobres de Jesucristo, el pensamiento de Bartolomé de Las Casas (1992)
  1. Friskics-Warren, Bill (23 de outubro de 2024). "Gustavo Gutiérrez, Father of Liberation Theology, Dies at 96". The New York Times (en inglés) 174 (60318). p. A22. ISSN 0362-4331. Consultado o 23 de outubro de 2024. 
  2. Universidade San Paulo de Ottawa (ed.). "Saint Paul University conferring a Doctorate Honoris Causa to Father Gustavo Gutiérrez" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]