Saltar ao contido

Golfo de Ob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O golfo de Ob (en ruso, «Обская губа», Obskaya Guba) é un enorme golfo do océano Ártico localizado no norte de Rusia, no distrito autónomo de Yamalo-Nénets, que se atopa na foz do río Obi. As augas do golfo flúen cara ao mar de Kara, que forma parte do océano Ártico. O golfo ten uns 1.000 km de lonxitude a súa largura varía entre 50 e 80 km, discorrendo polo xeral en dirección sur-norte. É relativamente pouco profundo, cunha profundidade media de 10–12 m, o que restrinxe o transporte marítimo pesado. O esteiro do Taz é un dos brazos do golfo, na parte oriental, na desembocadura do río Taz.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.