Saltar ao contido

George Mikan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Mikan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1924 Editar o valor en Wikidata
Joliet, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 2005 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Scottsdale, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLakewood Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaJoliet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónJoliet Catholic Academy (en) Traducir
Archbishop Quigley Preparatory Seminary (en) Traducir
DePaul University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, adestrador de baloncesto, baloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata - 1956 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association, National Basketball League e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1942–1946 DePaul Blue Demons men's basketball
1946–1947 Chicago American Gears
1947–1954 Los Angeles Lakers (Pivote)
Familia
FillosLarry Mikan Editar o valor en Wikidata
IrmánsEd Mikan Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webgeorgemikan.com Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Mikan-19 Find a Grave: 11081094 Editar o valor en Wikidata

George Lawrence Mikan, Jr. nado en Joliet (Illinois) 18 de xuño de 1924 e finado en Scottsdale (Arizona) o 1 de xuño de 2005, foi un xogador de baloncesto estadounidense que destacou na década dos anos 50 xogando durante sete tempadas na NBA, todas elas nas filas dos Minneapolis Lakers e unha máis na NBL, nos Chicago American Gears. Xogando sempre cunhas grosas lentes redondas, este xogador de 2,08 metros de altura e 111 quilos está considerado a primeira superestrela da liga profesional norteamericana, redefinindo o xogo dos denominados "homes altos" co seu lanzamento de gancho ambidextro, produto da súa propia técnica de adestramento.[1] Recibiu o alcume de "Mr. Basketball".[2]

Mikan tivo unha exitosa carreira como xogador, gañando sete campionatos da NBA, un MVP do All-Star Game tras xogar o encontro en catro ocasións, tres títulos de máximo anotador do campionato, e sendo elixido en seis ocasións no mellor quinteto da liga. Foi tan dominante que causou o cambio de varias regras do xogo, entre elas a ampliación da "zona de persoal" (coñecida como a "Regra Mikan") e a introdución do reloxo de 24 segundos.[3]

Tras a súa carreira profesional, Mikan chegou a ser un dos fundadores da American Basketball Association (ABA), sendo comisionado desa liga, sendo tamén vital para o nacemento da franquía dos Minnesota Timberwolves. Nos seus últimos anos de vida, viuse inmerso nunha batalla xudicial contra a NBA loitando en favor das pensións dos xogadores retirados, cando a liga non era tan lucrativa como na actualidade. Faleceu tras unha longa loita contra a diabetes.[4] Polas súas proezas, Mikan foi incluído no Basketball Hall of Fame en 1959 e formou parte dos equipos do 25 e 35 aniversario da NBA e dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" elixidos en 1996. Dende abril de 2001, unha estatua súa lanzando o seu tradicional gancho preside o vestíbulo do estadio Target Center de Minnesota.[5][6]

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

George Mikan naceu en Joliet, Illinois, de pais croatas con raíces en Vivodina, ao norte do país.[7] De neno, esnaquizouse o xeonllo de xeito que tivo que permanecer en cama prostrado durante ano e medio. En 1938 ingresou no seminario do Arcebispado de Quigley, querendo nun principio ser sacerdote, mais ao pouco tempo trasladouse á Escola Católica de Joilet.[8] Ao once anos pasaba os seus intres libres xogando a baloncesto na súa veciñanza coa súa avoa, que actuaba como árbitro,[9] mais non aparentaba estar destinado a ser un atleta, de feito non practicou deporte algún na súa etapa de instituto. Cando accedeu á Universidade DePaul en 1942, era un tipo con movementos torpes debido á súa constitución, xa que medía 2,08 metros e pesaba 110 quilos, levando ademais unhas aparatosas lentes por mor da súa miopía.[10]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Con todo, Mikan atopouse nos Blue Demons cun adestrador novato de 28 anos, Ray Mayer, quen viu potencial no brillante e intelixente, pero tamén tímido e torpe xogador. Posto en perspectiva, os pensamentos de Meyer foron revolucionarios, xa que o sentido común ditaba que os homes altos eran demasiado torpes para xogar ben ao baloncesto. Nos meses seguintes, transformou a Mikan nun home seguro de si mesmo, un xogador agresivo que orgulloso da súa altura no canto de sentirse intimidado por iso.[11] Meyer e Mikan traballaron con intensidade, e Mikan aprendeu a realizar ganchos con ambas as mans. Esta rutina acabou coñecéndose como "o exercicio Mikan".[12] Ademais, Meyer fixo que Mikan practicase cun saco de boxeo, tomase leccións de baile e practicase cunha corda até convertelo nun vedadeiro atleta.[4]

No seu primeiro ano na NCAA, Mikan dominou aos seus adversarios. Intimidaba aos seus opoñentes coa súa altura e a súa envergadura, sendo imparable en ataque debido ao seu perfeccionado gancho e gañándose pronto a reputación na liga de ser un dos máis fortes e resolutivos xogadores, xa que chegou a xogar arrastrando lesións e castigaba aos pivotes opoñentes con duras faltas.[13] Ademais, desenvolveu unha habilidade especial para sacar o balón antes de que caese a canastra, grazas ao seu gran salto vertical, algo que hoxe en día está penalizado, nunha infracción que se coñece como "goaltending".

"O equipo estableceu defender sempre en zona, con catro xogadores repartidos pola zona e eu protexendo a canastra. Cando o equipo contrario lanzaba a canastra, eu só tiña que saltar e impedir que entrase o balón".[1]

Como consecuencia diso, tanto a NCAA como a NBA cambiaron as normas, e impediron este tipo de xogadas. Mikan foi elixido en dúas ocasións Mellor Xogador da NCAA, en 1945 e 1946, e nomeado en tres ocasións All-American, levando a DePaul a gañar o título do NIT en 1945, sendo nomeado MVP do devandito torneo tras anotar 120 puntos en 3 partidos. Nun deses partidos anotou 53 puntos, nun encontro que rematou 97-53, é dicir, que consegui os mesmos puntos que todo o equipo rival.[14] Ademais, liderou as listas nacionais de anotación con 23,9 puntos por partido na tempada 1944-45 e con 23,1 ao ano seguinte.[10]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Estatísticas de GEORGE MIKAN (Universidade)

Tempada Idade Equipo P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROB TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1942-43 18 DePaul 24 97 77 111 271 .694 11.3
1943-44 19 DePaul 26 188 110 169 486 .651 18.7
1944-45 20 DePaul 24 218 122 199 558 .613 23.3
1945-46 21 DePaul 24 206 143 186 555 .769 23.1
TOTAIS 98 709 452 665 1870 .680 19.1

Profesional

[editar | editar a fonte]

Chicago American Gears (1946-1947)

[editar | editar a fonte]

A súa primeira incursión no profesionalismo foi na desaparecida NBL, National Basketball League, no equipo de Chicago American Gears. Xogou unicamente os últimos sete partidos da fase regular, conseguindo unha media de 16,5 puntos por partido, algo insólito para un novato, e sendo peza clave para a consecución do título de liga tras gañar na final aos Rochester Royals por 3 vitorias a 1.[15] Mikan foi elixido MVP tras anotar 100 puntos en cinco partidos, sendo incluído tamén no mellor quinteto da liga.[10]

Con todo, antes do comezo da tempada 1947-48, o propietario dos Gears sacou ao equipo da liga. A súa intención era a de crear unha nova competición, denominada "Professional Basketball League of America" (Liga de Baloncesto Profesional de América), con 24 equipos, no cal el sería o propietario de tódalas franquías e os seus pavillóns. Porén, a liga desapareceu tras un mes de competición e os xogadores dos equipos de White redistribuíronse entre os 11 equipos que permaneceron na NBL. Mikan recalou nos Minneapolis Lakers.[1]

Minneapolis Lakers na NBL e a BAA (1947-1949)

[editar | editar a fonte]
Mikan (99) no Madison Square Garden.

Na tempada 1947-48, Mikan coincidiu con outros dous grandes xogadores da época, o Jim "The Kangaroo Kid" Pollard e o completo Vern Mikkelsen, cos que formaría unha das combinacións de homes altos máis temibles do baloncesto profesional. Baixo a tutela do seu adestrador John Kundla, Mikan promedió 21,3 puntos na liga regular. O feito de xogar os seus partidos en casa no Minneapolis Auditorium tamén influíu no seu xogo, xa que era un par de metros máis estreito que outras canchas, o que favorecía o xogo interior.[16] Favorecidos polo seu dominante xogo próximo ao aro, os Lakers dominaron a División Oeste. Chegaron con facilidade á final, derrotando aos Rochester Royals por 3-1 nas finais, nas cales tivo unha media de 27,5 puntos por partido.[1] Antes de que comezase a tempada 1948-49, os Minneapolis Lakers, os Rochester Royals, os Fort Wayne Zollner Pistons e os Indianapolis Kautskys fóronse á liga rival, a BAA. A vantaxe desta liga para os equipos residía no feito de que gran parte das franquías da mesma estaban situadas en grandes cidades, como os New York Knicks, os Boston Celtics, os Philadelphia Warriors ou os Chicago Stags, o cal incrementaba as opcións de obter beneficios. Tras a adición destes catro equipos, a BAA contaba xa con xogadores con sona nos medios da clase de Mikan, Pollard, Mikkelsen e outros máis que incrementarían a atración do público pola mesma.[1]

Na tempada 1948-49 da BAA Mikan conseguiu ter unha media de 28,3 puntos e 3,6 asistencias por partido,[17] conseguindo a terceira parte dos puntos do seu equipo e gañando o título de máximo anotador por unha ampla marxe de diferenza. Ademais de Mikan, unicamente outros dous xogadores superaron os 20 puntos por partido, o xogador dos Warriors Joe Fulks, que foi un dos precursores do lanzamento en suspensión, e o xogador de Chicago Max Zaslofsky.[18] O 14 de decembro de 1949, os Lakers visitaron en Madison Square Garden de Nova York, para xogar contra os Knicks. Ese día, no cartel luminoso do exterior do Garden advertíase en grandes letras: "WED BASKETBALL GEO MIKAN V/S KNICKS" (O mércores, baloncesto. George Mikan contra os Knicks). Así que cando Mikan entrou ao vestiario antes do partido, sorprendeuse ao ver ao resto dos seus compañeiros aínda vestidos de rúa, chanceando:

Anunciaron que ti xogas contra os Knicks, así que sal e xoga. Nós esperámosche aquí.[1]

Esta chegou a ser unha das máis grandes anécdotas na carreira de Mikan. Os Lakers chegaron sen maiores dificultades ás Finais de 1949, onde se atoparon cos Washington Capitols, adestrados entón por Red Auerbach. Rapidamente tomaron vantaxe na eliminatoria, adiantándose 3-0. Pero no cuarto encontro Mikan rompeu a boneca, aproveitando a situación os Capitols para gañar o seu primeiro partido da serie. Gañaron tamén o quinto, a pesar de que Mikan anotou 22 puntos xogando co seu brazo vendado. Con todo, no sexto partido, os Lakers lograron un convincente 77-56, gañando o campionato da BAA.[18] Mikan tivo unha medias nas series de 30,3 puntos por partido, a pesar da súa lesión.[1]

Minneapolis Lakers na NBA (1949-1956)

[editar | editar a fonte]

Tras esa tempada, a BAA e a NBL fusionáronse, dando lugar á actual NBA. A tempada inaugural, iniciouse con 17 equipos, cos Lakers situados na División Central. Mikan seguiu sendo un xogador dominante, promediando 27,4 puntos e 2,9 asistencias por partido.[19]Alex Groza, dos Indianapolis Olympians, superou tamén a barreira dos 20 puntos esa tempada.[1] Tras liderar sen problemas durante a fase regular, cun impresionante balance de 51 vitorias e 17 derrotas, plantáronse nas Finais, onde se atoparían con Syracuse Nationals. O primeiro partido das mesmas tivo un final inesperado, xa que o base suplente dos Lakers, Bob Harrison anotou unha canastra sobre a bucina dende 12 metros, dando a primeira vitoria aos de Minneapolis. A serie resolveuse finalmente a favor dos Lakers, gañando o sexto partido por 110-95 e conseguindo o seu primeiro título da NBA. Mikan contribuíu ao éxito anotando unha media de 31,3 puntos nos playoffs.[20] O ano seguinte, Mikan foi de novo un xogador dominante, conseguindo un récord na súa carreira profesional ao ter unha media de 28,4 puntos por partido na liga regular, sendo de novo o máximo anotador, ademais de repartir 3,1 asistencias por encontro. Ese ano a liga engadiu unha nova estatística, a dos rebotes, quedando en segunda posición con 14,1 por partido, só por detrás do xogador dos Nats Dolph Schayes, que conseguiu 16,4.[21]

Marcada en azul, a zona de 3 segundos que se ampliou a 3,60 metros, dando lugar á denominada "Regra Mikan".

Ese ano, Mikan participou nun dos partidos máis sorprendentes xamais xogados na historia da NBA. Os Fort Wayne Pistons enfrontábanse aos Lakers, póndose nun momento do partido por diante no marcador, 19-18. Medorentos de que Mikan roubase o balón e montase un contraataque, os Pistons dedicáronse a pasarse o balón sen tentar en ningún momento chegar a canastra. Como aínda non se instaurara o reloxo de 24 segundos, o tempo foi pasando, acabando o partido con ese resultado. Mikan foi indirectamente responsable de que a liga engadise a norma de posesión catro anos máis tarde. Como dato curioso, dicir que Mikan bateu ese día un récord que probablemente permaneza sempre, e é que conseguiu 15 dos 18 puntos do seu equipo, un 83,3% do total.[22] Os Lakers dominaron con comodidade a liga regular, acabando primeiros da División Oeste. Nos playoffs gañaron en semifinais de división a Indianapolis Olympians por 2-1, pero na seguinte rolda Mikan rompeu a perna, deixando ao seu equipo moi minguado, perdendo ante Rochester Royals por 3-1.[21]

Na tempada 1951-52 a NBA decidiu ensanchar o límite da zona de 3 segundos de debaixo de canastra de 1,80 a 3,60 metros, forzando aos homes altos como Mikan a xogar máis afastados do aro, ao dobre de distancia que outrora, para evitar ser sancionados con 3 segundos.[1] Un dos impulsores desta nova norma foi Joe Lapchick, adestrador de New York Knicks, lembrando o dano que lles fixo en partidos anteriores o xogador dos Lakers. A regra coñeceuse como "The Mikan Rule".[16] Este cambio na norma notouno moito Mikan, quen pasou a ter unha media de 23,8 puntos por partido, case catro puntos menos que a tempada anterior, mentres que a súa porcentaxe de acerto baixou dun 42,8 a un 38,5%. Onde non baixou as súas cifras foi en rebotes, liderando a liga con 13,5 capturas por noite.[23] O seu mellor partido xogouno ante Rochester Royals, no cal tras dous prórrogas, colaborou na vitoria do seu equipo con 61 puntos, a segunda mellor marca da historia nese momento tras os 63 conseguidos por Joe Fulks en 1949,[24] dobrando ademais ao resto de compañeiros, xa que entre todos eles anotaron soamente 30 puntos. No All-Star de 1952 conseguiu tamén unha grande actuación, con 26 puntos e 15 rebotes na derrota do seu equipo, o Oeste.[25]

Nos playoffs de 1952 os Lakers chegaron á final tras eliminar a Indianapolis Olympians e Rochester Royals nas eliminatorias previas, enfrontándose aos New York Knicks. Esta final está considerada como unha das máis estrañas da historia da liga, xa que ningún dos dous equipos puido disputar no seu propio terreo de xogo o seis primeiros partidos. O Minneapolis Auditorium xa estaba reservado esas datas, mentres que o Madison Square Garden estaba ocupado polo Circo Ringling. Os Lakers tiveron que disputar os seus partidos na cidade de Saint Paul, mentres que os Knicks tiveron que utilizar o húmido pavillón da armería do 69 rexemento. Mikan sufriu durante toda a serie unha defensa dobre por parte dos knicks Nat Clifton e Harry Gallatin, polo que a responsabilidade ofensiva recaeu sobre Vern Mikkelsen. Tras empatar a 3 nos 6 convulsos primeiros partidos, o sétimo e definitivo xogouse por fin no Auditorium de Minnesota, gañando os Lakers con claridade por 82-65, obtendo como recompesa 7.500 dólares a repartir entre os xogadores.[16]

Ao ano seguinte, na tempada 1952-53, Mikan promedió 20,6 puntos e o seu récord persoal de rebotes nunha tempada, 14,4 por partido, encabezando a lista de máximos reboteadores do torneo. Foi incluído ademais no mellor quinteto da NBA por quinto ano consecutivo.[26] En febreiro participou no All-Star, dominando con 22 puntos e 16 rebotes, sendo elixido MVP do partido.[27] Nos playoffs, os Lakers chegaron novamente ás finais, derrotando de novo aos Knicks nas mesmas, esta vez con máis contundencia e facilidade, por 4 vitorias a 1.[28] A seguinte comezou un lento declive no xogo de Mikan. Con 29 anos cumpridos, ese ano tivo unha media de 18,1 puntos, 14,3 rebotes e 2,4 asistencias. Aínda así, foi o máximo anotador do equipo, case dobrando aos seus compañeiros Jim Pollard e Vern Mikkelsen.[29] Baixo o seu liderado, os Lakers volveron gañar o título nas Finais de 1954 derrotando a Syracuse Nationals por 4-3, e gañando o terceiro título consecutivo e o quinto en seis anos, sendo o único no que fallaron no que Mikan sufriu a súa lesión na perna. Desde unha perspectiva histórica, os Minneapolis Lakers dos anos 50 soamente foron superados polos grandes Boston Celtics dos sete títulos na década dos 60.[1] Tras finalizar a tempada, Mikan sorprendeu ao mundo do baloncesto anunciando a súa retirada.

"Teño unha familia que vai crecendo, e decidín estar con eles. Sinto que é o momento de comezar unha nova vida á marxe do baloncesto".[1]

As lesións tamén influíron na súa decisión, xa que dende que comezou a xogar profesionalmente rompeu 10 ósos e recibiu en 16 ocasións puntos de sutura, xogando a miúdo arrastrando ditas lesións. Sen Mikan, os Lakers alcanzaron os playoffs, pero perderon nas Finais de División ante Fort Wayne Pistons.[30] A mediados da tempada 1955-56 volveu sorprender a todo o mundo anunciando o seu regreso. Xogou durante 37 partidos, pero con todo, a súa longa ausencia fíxolle madeixa. Tivo unha media de tan só 10,5 puntos, 8,3 rebotes e 1,3 asistencias, caendo o seu equipo na primeira rolda de playoffs ante St. Louis Hawks.[31] Isto fixo que a decisión de retirarse definitivamente precipitásese. Mikan foi incluído na sesión inaugural no Basketball Hall of Fame, en 1959, e foi declarado como mellor xogador da primeira metade do século pola Associated Press.[1] No total da súa carreira tivo unha media de 23,1 puntos e 13,4 rebotes por partido. Como dato anecdótico, nunca foi considerado MVP porque ese título non se empezou a outorgar na NBA até 1956, ano no que se retirou.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Tempada regular
[editar | editar a fonte]

Estatísticas de GEORGE MIKAN (Liga Regular)

Tempada Idade Equipo Liga P TIT MIN TC TCA %TC 3P 3PA %3P TL TLA %TL R.OF. R.DEF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS
1948-49 24 Minneapolis Lakers BAA 60 9.7 23.4 .416 8.9 11.5 .772 3.6 4.3 28.3
1949-50 25 Minneapolis Lakers NBA 68 9.5 23.5 .407 8.3 10.7 .779 2.9 4.4 27.4
1950-51 26 Minneapolis Lakers NBA 68 10.0 23.3 .428 8.5 10.5 .803 14.1 3.1 4.5 28.4
1951-52 27 Minneapolis Lakers NBA 64 40.2 8.5 22.1 .385 6.8 8.7 .780 13.5 3.0 4.5 23.8
1952-53 28 Minneapolis Lakers NBA 70 37.9 7.1 17.9 .399 6.3 8.1 .780 14.4 2.9 4.1 20.6
1953-54 29 Minneapolis Lakers NBA 72 32.8 6.1 16.1 .380 5.9 7.6 .777 14.3 2.4 3.7 18.1
1955-56 31 Minneapolis Lakers NBA 37 20.7 4.0 10.1 .395 2.5 3.3 .770 8.3 1.4 4.1 10.5
TOTAIS TOTAL 439 34.4 8.1 20.0 .404 7.0 8.9 .782 13.4 2.8 4.2 23.1
NBA 379 34.4 7.8 19.5 .401 6.7 8.5 .784 13.4 2.7 4.2 22.3
BAA 60 9.7 23.4 .416 8.9 11.5 .772 3.6 4.3 28.3

Estatísticas de GEORGE MIKAN (Playoffs)

Tempada Idade Equipo Liga P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1948-49 24 Minneapolis Lakers BAA 10 103 227 97 121 21 44 303 .454 .802 30.3 2.1
1949-50 25 Minneapolis Lakers NBA 12 121 316 134 170 36 47 376 .383 .788 31.3 3.0
1950-51 26 Minneapolis Lakers NBA 7 62 152 44 55 74 9 25 168 .408 .800 24.0 10.6 1.3
1951-52 27 Minneapolis Lakers NBA 13 553 99 261 109 138 207 36 63 307 .379 .790 42.5 23.6 15.9 2.8
1952-53 28 Minneapolis Lakers NBA 12 463 78 213 82 112 185 23 56 238 .366 .732 38.6 19.8 15.4 1.9
1953-54 29 Minneapolis Lakers NBA 13 424 87 190 78 96 171 25 56 252 .458 .813 32.6 19.4 13.2 1.9
1955-56 31 Minneapolis Lakers NBA 3 60 13 35 10 13 28 5 14 36 .371 .769 20.0 12.0 9.3 1.7
TOTAIS TOTAL 70 1500 563 1394 554 705 665 155 305 1680 .404 .786 36.6 24.0 13.9 2.2
NBA 60 1500 460 1167 457 584 665 134 261 1377 .394 .783 36.6 23.0 13.9 2.2
BAA 10 103 227 97 121 21 44 303 .454 .802 30.3 2.1

Vida posterior

[editar | editar a fonte]

En 1956 foi o candidato do Partido Republicano ao Congreso dos Estados Unidos, no distrito de Minnesota. Enfrontouse nunha dura votación ao candidato demócrata Roy Wier, un home de 69 anos e coa experiencia en política da que carecía Mikan, perdendo por unha estreita marxe ao recibir 117.716 votos polos 127.356 do seu rival.[32] A pesar de non sentir amargura pola súa derrota, si que se sentiu nun momento dado traizoado, xa que esperaba que esa incursión na política lle supuxese unha morea de clientes no seu despacho de avogado, mais non foi así. Durante seis meses non obtivo ingreso algún, deixando a súa situación económica ao bordo da ruína, e tendo que recorrer a recibir diñeiro do seu seguro de vida.[33]

As cousas tampouco lle foron ben no seu regreso ao baloncesto profesional. Na tempada 1957-58 o adestrador dos Lakers John Kundla foi nomeado director xeral, persuadindo a Mikan para que se fixese cargo do banco do equipo como adestrador. Con todo, foi un movemento desastroso, xa que os Lakers comezaron a liga cun moi mal balance de 9 vitorias e 30 derrotas antes de que Mikan renunciase devolvendo as funcións a Kundla.[34] Tras ese tropezo, decidiu regresar á súa carreira de avogado, mantendo a súa gran familia con 6 fillos, especializándose en empresas e inmobles. Ademais de todo iso, comprou e reformou edificios en Minneapolis.[1]

O balón tricolor, característico da ABA.

En 1967 regresou de novo ao mundo do baloncesto profesional, chegando a ser o primeiro comisionado da American Basketball Association, unha liga rival da NBA.[35] Para atraer aos afeccionados á súa liga, Mikan inventou a liña de 3 puntos e o característico balón tricolor coas cores da bandeira dos Estados Unidos, que el pensaba que era máis patriótico, que quedaba mellor en televisión e que era máis do gusto do público que o de cor marrón da NBA.[1] Retirado da ABA en 1969, desapareceu da vida pública, pero dedicou o seu empeño en conseguir un equipo profesional para a cidade de Minnesota, décadas despois de que os Lakers trasladásense aos Ánxeles e despois da desaparición dos Minnesota Muskies e Minnesota Pipers da ABA. Ao final saíuse coa súa, liderando a creación dunha nova franquía, os Minnesota Timberwolves na tempada 1989-90.[1]

Nos seus últimos anos Mikan loitou contra a diabetes, sufrindo ademais fallos renais e finalmente a amputación da súa perna dereita á altura do xeonllo por causas da súa enfermidade. Cando o seu seguro deixou de pagar, tivo que enfrontarse a graves problemas financeiros. Tivo unha dura batalla legal contra a NBA e o sindicato de xogadores da liga, protestando polos 1.700 dólares que recibían de pensión os xogadores retirados antes de 1965. Xunto a Mel Davis, da Asociación de Xogadores Retirados da NBA, a batalla continuou, e Mikan esperaba chegar vivo cando se asinase un novo convenio colectivo que finalmente reivindicase aos da súa xeración. En 2005, con todo, o seu estado de saúde agravouse considerablemente, morrendo o 1 de xuño aos 80 anos de idade.[4][22]

Mikan está considerado como o pioneiro do baloncesto moderno. Foi o pivote por antonomasia, conseguindo 11.764 puntos, cunha media de 22,6, ao longo da súa traxectoria profesional, retirándose como líder histórico de anotación. Ademais, tivo unha media 13,4 rebotes e 2,8 asistencias en 520 partidos da NBL, BAA e NBA. Como indicativo do seu fiereza natural, liderou tamén a liga en tres ocasións en faltas persoais.[10] Gañou sete campionatos da BAA e a NBA, un trofeo ao MVP do All-Star Game, tres títulos de máximo anotador da liga e foi elixido para xogar os catro primeiros All-Star e os primeiros seis combinando as dúas ligas. Ademais de ser elixido o mellor xogador da primeira metade do século XX, foi incluído nos equipos do 25 e o 35 aniversario da NBA en 1970 e 1980 respectivamente, e en 1996 elixido como un dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" con motivo do cincuenta aniversario da liga.[1][10] O impacto de Mikan no xogo tamén se ve reflectido no deniminado "Mikan Drill", hoxe en día un exercicio aínda vixente para os pivotes nos adestramentos.

Ademais, cando a superestrella Shaquille O'Neal fichou polos Lakers, a revista Sports Illustrated sacouno na súa partada de novembro de 1996 xunto ao propio Mikan e a Kareem Abdul-Jabbar, denominándoos "xogadores de lenda". Como homenaxe ao xogador, desde abril de 2001 hai unha estatua súa no vestíbulo do Target Center de Minneapolis, mentres que do teito do Staples Center dos Ánxeles colga unha bandeirola conmemorando os éxitos de Mikan e os seus compañeiros nos Minnesota Lakers.

Cambios nas regras

[editar | editar a fonte]

Mikan chegou a ser tan dominante na súa época que algunhas regras tiveron que cambiarse pola súa culpa. En concreto, a zona de tres segundos dupicó a súa anchura para evitar que os homes altos vivisen debaixo do aro. Ademais, tivo moita influencia na introdución da regra de 24 segundos, e da de non poder taponar un balón atopándose en traxectoria descendente.[1] Foi tamén responsable directamente da introdución da liña de tres puntos na ABA, que posteriormente adoptarían tanto a NBA, a NCAA e a FIBA, e da introdución do balón tricolor, que na actualidade emprégase na WNBA e no concurso de triplas da NBA como balón que puntúa dobre. Ademais, foi parte fundamental da creación da franquía dos Minnesota Timberwolves.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Mikan en 1944.

Minkan casou en 1947 coa súa noiva de toda a vida, Patricia, con quen estivo durante 58 anos até a data do seu falecemento. Tiveron 6 fillos, catro mozos, Larry (George Lawrence Mikan III), Terry, Patrick e Michael, e dúas mozas, Trisha e Maureen.[22] Durante toda a súa vida foi universalmente coñecido como o típico "xigante amable", segundo palabras do actual comisionado da NBA, David Stern:

Tiña a habilidade de ser un fero competidor na cancha e un amable xigante fóra dela. Poida que nunca cheguemos a ver outro home que cause tanto impacto como el no xogo do baloncesto, e representándoo con tanta calidez e tanta elegancia".[22]

Nos seus últimos anos de vida desenvolveu unha diabetes severa, ademais de problemas nos riles, que finalmente fixeron que lle fose amputada a súa perna dereita á altura do xeonllo. Para pagar os custos das facturas médicas, viuse forzado a vender a maioría dos seus trofeos e os seus recordos. A súa pensión procedente da NBA era de 1.700 dólares ao mes. En 2005, unha ferida que non terminou de curar complicou máis aínda o seu estado de saúde, xa de seu moi deteriorado.[4]

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Mikan faleceu o 1 de xuño de 2005 en Scottsdale, Arizonaa, a piques de cumprir os 81 anos de idade, debido a complicacións na súa diabetes ademais doutros achaques. O seu fillo Terry informou que estivera recibindo diálese tres veces por semana durante o seu últimos cinco anos de vida.[22] A morte de Mikan foi moi chorada no mundo do baloncesto,[4] e atraeu a atención dos medios pola súa loita en favor dos seus ex compañeiros da NBA por motivos financeiros. Moitos comentaristas sentiron que os xogadores actuais da época da bonanza económica deberían pelexar por conseguir que os xogadores retirados antes de 1965 puidesen aproveitarse dos anos dourados da liga. Outra grande estrela dos Lakers, Shaquille O'Neal, ofreceuse para pagar o funeral de Mikan. "Sen o número 99 (Mikan), eu non son eu", dixo naquela ocasión.[14] Antes do quinto partido das finais da Conferencia Leste entre Miami Heat e Detroit Pistons gardouse un minuto de silencio na súa honra. Outro dos grandes da época, Bob Cousy, remarcou que Mikan levou literalmente a liga sobre os seus ombreiros nos primeiros anos, e el só valeuse para facer a liga crible e popular.[4]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 George Mikan Bio
  2. "George Mikan - Mr. Basketball". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  3. "24-Second Shot Clock Rescues League". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Mikan was first prol to dominate the post
  5. "Target Center". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  6. Minneapolis Lakers great George Mikan dies
  7. George Mikan (1924-2005)
  8. "Basketball great George Mikan dies; had once considered priesthood". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  9. "Mikan,George Lawrence. Biografía". Basketpedya (en inglés). [Ligazón morta permanente]
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Mikan, George L. Jr.". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  11. Ray Meyer, Former DePaul Coach, Dies at 92
  12. "Mikan Drill. This drill comes from the famous George Mikan". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  13. "Basketball Daily World. George Mikan". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  14. 14,0 14,1 "Lakers Players: George Mikan". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2006. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  15. NBL Yearly Standings
  16. 16,0 16,1 16,2 "George Mikan vs. The Knicks". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  17. "1948-49 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  18. 18,0 18,1 "1948-49 BAA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  19. "1949-50 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  20. "1950 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  21. 21,0 21,1 "1950-51 NBA 1950-51 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 NBA Hall of Famer and pioneer Mikan dies
  23. "1951-52 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  24. "Fulks, Joseph Bio". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  25. "All-Star MVP Paul Arizin leads East to second straight at Boston 1952 All-Star Game: East 108, West 91". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  26. "1952-53 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  27. "George Mikan leads West to first All-Star win at Fort Wayne 1953 All-Star Game: West 79, East 75". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  28. "1953 NBA Playoff Summary". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  29. "1953-54 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  30. "1954-55 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  31. "1955-56 Minneapolis Lakers". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  32. "Changing Patterns". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  33. "Blocked Shot". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  34. "Estatísticas de George Mikan como adestrador". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  35. 1967-68 Minnesota Muskies

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]