Forma ternaria
A forma ternaria é un mecanismo que lle dá estrutura a unha peza musical.
É unha estrutura de tres partes. As partes primeira e terceira constitúen unha repetición xa que son idénticas ou case idénticas entre si, mentres que a segunda é altamente contrastante. Por esta razón, a forma ternaria é frecuentemente representada como A-B-A. A sección contrastante B é usualmente coñecida como 'Trío'.
Polo menos en pezas escritas antes do s. XIX, a primeira sección dunha peza ternaria non cambia de tonalidade, e termina na mesma coa que comezou (tónica). A sección media está xeralmente nunha tonalidade distinta, a maioría das veces na dominante da primeira sección (unha quinta xusta ascendente). Ten xeralmente un carácter contrastante; por exemplo, nunha marcha, o altamente rítmico e estridente carácter da marcha contrástase usualmente cun trío máis lírico e fluído. É pouco común, pero o trío pode engadirse tamén con diferente indicación de compás (contrapondo 3/4 ao 4/4 da marcha, por exemplo).
A forma ternaria, ademais de nas marchas, atópase bastante en arias operísticas barrocas (as chamadas arias da capo), e en moitas formas de danza, como as polcas escritas pola familia Strauss. Tamén na forma minueto (o scherzo), que no período clásico se atopaba no terceiro movemento das sinfonías, cuartetos de corda, sonatas e obras semellantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Formas binarias y ternarias (I): emisión do 2 de febreiro de 2020 de El rincón de la teoría, programa de Radio Clásica.
- Formas binarias y ternarias (II): emisión do 9 de febreiro de 2020 de El rincón de la teoría.
- Minueto con trío (I): emisión do 16 de febreiro de 2020 de El rincón de la teoría.
- Minueto con trío (II): emisión do 23 de febreiro de 2020 de El rincón de la teoría.