Florín de Aruba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Florín de Aruba | |
---|---|
Arubaanse florijn en neerlandés | |
Código: | AWG |
Ámbito: | Aruba |
Símbolo: | ƒ, Afl. |
Fracción: | 100 cents |
Moedas: | 5, 10, 25, 50 Cents 1, 2½, 5 AWG |
Billetes: | 10, 25, 50, 100, 500 AWG |
Emisor: | Banco Central de Aruba |
Taxa de troco: 14-09-2009 | 1 EUR = 2,6173 AWG 1 USD = 1,79 AWG |
O florín de Aruba (arubaanse florijn en neerlandés; tamén chamada florin en inglés e papiamento, as dúas linguas máis utilizadas en Aruba, e non o neerlandés, aínda que sexa tamén oficial e mantén o termo gulden, pouco utilizado e que non aparece en moedas e billetes) é a moeda oficial de Aruba. O seu código ISO 4217 é AWG. Divídese en 100 cents.
Introduciuse en 1986, substituíndo ao florín das Antillas Neerlandesas, ao mesmo tempo que se creaba o Banco Central de Aruba, no novo Estado autónomo dentro da coroa neerlandesa, con paridade coa aquela moeda.
Valor
[editar | editar a fonte]Como o florín das Antillas Neerlandesas, está ligado ao dólar estadounidense coa taxa nominal de 1 USD por 1,79 AWG. Porén, as compravendas de divisas teñen custos de transacción sometidos á competencia dos mercados, e o Banco Central de Aruba emite e vende as moedas e billetes a un prezo lixeiramente superior ao da súa taxa nominal (estes custos non se aplican nas transaccións financeiras non materiais).
Por isto, os trocos medios reais nos mercados poden variar algo en función das cantidades de divisas e de liquidez dispoñíbeis, ou das limitacións ligadas ao control dos trocos. O troco do florín de Aruba permaceceu moi estábel desde a súa introdución en 1986, e o troco nominal, ligando a divisa ao dólar estadounidense, non variou despois (aínda que non o seu troco en relación ao euro ou, antes, ao florín neerlandés, que variaron moito).
Moedas e billetes
[editar | editar a fonte]Existen billetes de 10, 25, 50, 100 e 500 floríns. Os billetes de 5 floríns foron emitidos a partir de 1986 (daquela, cunha serie provisional de billetes: a serie de 1990 substituíu todas as precedentes que se manteñen, non obstante, de curso legal), pero a produción destes billetes de baixo valor cesou en 1995. O billete de 500 floríns introduciuse en 1993.
As moedas teñen un valor facial de 5, 10, 25 e 50 cents, e de 1 e 2½ floríns. As moedas de 5 floríns emitíronse a partir de 1995, substituíndo os billetes. As moedas de 50 cent, e as de 5 floríns, de antes de 2005, eran cadradas [1] e, como nas Antillas Neerlandesas, a peza de 50 cents chámase aínda hoxe yotin (da palabra francesa guillotine —guillotina— en alusión ao corte dunha antiga peza de Curaçao).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Véxase Moedas de Aruba
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Florín das Antillas Neerlandesas
- Florín neerlandés
- Real Casa da Moeda dos Países Baixos
- Dólar estadounidense