Festa do Esquecemento
A Festa do Esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitas Limicorum, é un evento festivo de recreación histórica, celebrado ininterrompidamente desde o ano 2001 na localidade de Xinzo, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. Un dos seus promotores iniciais foi Miro Cerredelo.
O denominación da festa, “Esquecemento”, débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse perante o lendario río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. Ante esta crenza e dificultade, Décimo Xuño Bruto, para que as lexións continuasen avanzando, viuse obrigado a cruzar o río empuñando o estandarte das aguias de Roma e a chamar polo seu nome a cada soldado desde a outra marxe para demostrar que a súa crenza era mera superstición.
A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, mais hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, carreiras de cuadrigas etc.
Festa do Esquecemento 2011
[editar | editar a fonte]Algunhas das actividades desenvolvidas na Festa do Esquecemento 2011[1]:
- Venres ás 23:00 h.
- Acto de invocación as deusas Xuno e a deusa Mae-Callaech.
- Sábado 24-08-2011.
- Escaramuzas e liortas entre castrexos e romanos polo macelum.
- Obradoiros, xogos, desfiles, animacións...
- Ludi gladiatori (Loitas de gladiadores).
- Vodas e nasciturus: Flamen Marco Flavio Sabino e Druída Rodrigísturis.
- Selado do Pacto de Hospitalidade de grupos invitados coa Civitas Limicorum.
- Cea de confraternización castrexa e romana.
- Domingo 25-08-2011.
- Expugnatium: Os castrexos non pagan impostos, participan: Caetra, Lugdunum, Tir Na Nog, Civitas Lucensis e Lucus Equites.
- Representación do Cruzamento do Lethes.
- Batalla entre Castrexos e Romanos.
- Desfile xeral dos grupos Castrexos e Romanos cun gran percorrido.
- Circo romano.
- Troula romana.
- Demostracións ecuestres a cargo do grupo Lucus Equites.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festa do Esquecemento |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxinas galegas. "Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia". Arquivado dende o orixinal o 17-08-2012. Consultado o 12-06-2012.