Saltar ao contido

Factor estimulante de colonias de granulocitos-macrófagos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PDB 2grnf
Factor estimulante de colonias 2 (granulocito-macrófago)
Identificadores
Símbolo CFS2 ; GMCSF
Entrez 1437
OMIM

138960

RefSeq NP_000749
UniProt P04141
Outros datos
Locus Cr. 5 :(131.41 – 131.41 Mb)
Factor estimulante de colonias de granulocitos-macrófagos
Identificadores
SímboloGM_CSF
PfamPF01109
Pfam clanCL0053
InterProIPR000773
PROSITEPDOC00584
SCOPe2gmf / SUPFAM

O factor estimulante de colonias de granulocitos e macrófagos (GM-CSF, do inglés granulocyte-macrophague colony-stimulating factor), tamén chamado factor estimulante de colonias 2 ou CSF2, é unha glicoproteína monomérica segregada polos macrófagos, células T, mastocitos, células NK, células endoteliais e fibroblastos, que funciona como unha citocina reguladora. Existen fármacos análogos ao GM-CSF natural chamados sargramostim e molgramostim.

O GM-CSF é unha glicoproteína citocina monomérica, que é un factor de crecemento de leucocitos.[1] O GM-CSF estimula as células nai a producir granulocitos (neutrófilos, eosinófilos, e basófilos) e monocitos. Os monocitos saen da circulación e migran aos tecidos, onde maduran a macrófagos e células dendríticas. Así, forman parte da fervenza da resposta inmune/inflamatoria, pola cal a activación inicial dun pequeno número de macrófagos pode causar rapidamente un aumento da súa cantidade, un proceso que é crucial para loitar contra as infeccións.

O GM-CSF sinaliza por medio do STAT5 (signal transducer and activator of transcription 5, transdutor de sinais e activador da transcrición 5).[2] Nos macrófagos, tamén sinaliza por medio do STAT3. Nas infeccións por fungos, esta citocina activa os macrófagos para que inhiban a supervivencia de fungos. Induce a privación do zinc libre intracelular e incrementa a produción de especies reactivas do oxíxeno, o que culmina na morte dos fungos por carencia de cinc e por toxicidade.[3] Deste modo, o GM-CSF facilita o desenvolvemento do sistema inmunitario e promove a defensa contra as infeccións.

O GM-CSF tamén xoga un papel no desenvolvemento embrionario ao funcionar como unha embriocina producida polo tracto reprodutor.[4]

Xenética

[editar | editar a fonte]

O xene humano que codifica esta proteína está localizado nun cluster de xenes relacionados na rexión 5q31 do cromosoma 5, a cal se sabe que está asociada con delecións intersticiais na síndrome 5q e na leucemia mielóxena aguda. Os xenes do cluster inclúen os das interleucinas 4, 5, e 13.[5]

Glicosilación

[editar | editar a fonte]

O GM-CSF humano está glicosilado na súa forma madura.

Usos médicos

[editar | editar a fonte]

O GM-CSF fabrícase na industria farmacéutica utilizando a tecnoloxía do ADN recombinante e comercialízase como unha proteína terapéutica co nome molgramostim ou, cando a proteína se expresou en células de lévedos, sargramostim. Utilízase como un fármaco que estimula a produción de leucocitos e así prevén a neutropenia que se produce despois de someterse a quimioterapia.[6]

O GM-CSF foi tamén avaliado recentemente en ensaios clínicos polo seu potencial como adxuvante de vacinas en pacientes infectados polo VIH. Os resultados preliminares son prometedores[7] pero o seu uso aínda non foi aprobado pola FDA nos Estados Unidos.

Sargramostim

[editar | editar a fonte]

O fármaco Sargramostim, que é un GM-CSF derivado de lévedos recombinantes desenvolvido pola compañía Immunex (agora Amgen), administrouse por primeira vez a seis persoas en 1987 como parte dun protocolo de "uso compasivo" que foran vítimas dun accidente de irradiación de cesio en Goiânia (Brasil).[8] Despois de varias vendas a outras compañías, agora o fármaco o explota Sanofi.[9] O seu uso está aprobado pola FDA norteamericana para acelerar a recuperación dos leucocitos en pacientes que sufriron un transplante de medula ósea autólogo con linfoma non de Hodgkin, leucemia linfocítica aguda, ou enfermidade de Hodgkin en 1991.[10] En 1996 aprobouse o seu uso no tratamento de infeccións fúnxicas e na recuperación de leucocitos despois de quimioterapias.[11]

Artrite reumatoide

[editar | editar a fonte]

O GM-CSF atópase en niveis altos nas articulacións que presentan artrite reumatoide e o bloqueo do GM-CSF pode reducir a inflamación ou os danos. Estanse a desenvolver algúns fármacos (por exemplo, MOR103) para bloquear o GM-CSF.[12]

  1. Francisco-Cruz A, Aguilar-Santelises M, Ramos-Espinosa O, Mata-Espinosa D, Marquina-Castillo B, Barrios-Payan J, Hernandez-Pando R (2014). "Granulocyte-macrophage colony-stimulating factor: not just another haematopoietic growth factor". Med. Oncol. 31 (1): 774. PMID 24264600. doi:10.1007/s12032-013-0774-6. 
  2. Voehringer D (2012). "Basophil modulation by cytokine instruction". Eur. J. Immunol. 42 (10): 2544–50. PMID 23042651. doi:10.1002/eji.201142318. 
  3. Subramanian Vignesh K, Landero Figueroa JA, Porollo A, Caruso JA, Deepe GS (2013). "Granulocyte macrophage-colony stimulating factor induced Zn sequestration enhances macrophage superoxide and limits intracellular pathogen survival". Immunity 39 (4): 697–710. PMC 3841917. PMID 24138881. doi:10.1016/j.immuni.2013.09.006. 
  4. Hansen PJ, Dobbs KB, Denicol AC (2014). "Programming of the preimplantation embryo by the embryokine colony stimulating factor 2". Anim. Reprod. Sci. 149 (1-2): 59–66. PMID 24954585. doi:10.1016/j.anireprosci.2014.05.017. 
  5. "Entrez Gene: CSF2 colony stimulating factor 2 (granulocyte-macrophage)". 
  6. Vacchelli E, Eggermont A, Fridman WH, Galon J, Zitvogel L, Kroemer G, Galluzzi L (2013). "Trial Watch: Immunostimulatory cytokines". Oncoimmunology 2 (7): e24850. PMC 3782010. PMID 24073369. doi:10.4161/onci.24850. 
  7. Breitbach CJ, Burke J, Jonker D, Stephenson J, Haas AR, Chow LQ, Nieva J, Hwang TH, Moon A, Patt R, Pelusio A, Le Boeuf F, Burns J, Evgin L, De Silva N, Cvancic S, Robertson T, Je JE, Lee YS, Parato K, Diallo JS, Fenster A, Daneshmand M, Bell JC, Kirn DH (2011). "Intravenous delivery of a multi-mechanistic cancer-targeted oncolytic poxvirus in humans". Nature 477 (7362): 99–102. PMID 21886163. doi:10.1038/nature10358. 
  8. Schmeck HM (1987-11-02). "Radiation Team Sent to Brazil Saves Two With a New Drug". New York Times. Consultado o 2012-06-20. 
  9. Stewart Lyman for Xcocomy. June 11, 2010 Biotech Drug Discovery in Seattle: A Look Back
  10. "Approval Summary for sargramostim". Oncology Tools. U.S. Food and Drug Administration, Center for Drug Evaluation and Research. 1991-03-05. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2007. Consultado o 20 September 2009. 
  11. "Newly Approved Drug Therapies (179): Leukine (sargramostim), Immunex". CenterWatch. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2008. Consultado o 2008-10-12. 
  12. Deiß A, Brecht I, Haarmann A, Buttmann M (2013). "Treating multiple sclerosis with monoclonal antibodies: a 2013 update". Expert Rev Neurother 13 (3): 313–35. PMID 23448220. doi:10.1586/ern.13.17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]