Estrada
Aparencia
- Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada
Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
Unha das grandes impulsoras da evolución viaria foi a civilización romana, deixando ata hoxe (e aínda en boas condicións) unha vasta rede de estradas.