Saltar ao contido

Estadio de Mestalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mestalla
Datos
Coordenadas39°28′29″N 0°21′30″O / 39.474722, -0.358333
LocalizaciónValencia España España
Construción
Inauguración20 de maio de 1923
ArquitectoFrancisco Almenar Quinzá
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade55.000 espectadores
PropietarioValencia CF
OperadoraValencia CF
LocalíaValencia CF
Webhttps://www.valenciacf.com/es/club/facilities/mestalla
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Estadio de Mestalla, oficialmente "Mestalla, camp del València", é o estadio do Valencia Club de Fútbol. O seu nome débese á quenlla de Mestalla que pasa por baixo do campo. Está situado entre a Avenida de Suecia e a Avenida de Aragón, no barrio de Mestalla da cidade de Valencia. Anteriormente, entre 1969 e 1974, chamouse Estadio Luis Casanova. Posúe unha capacidade de 55.000 espectadores todos sentados.

Actualmente está en construción o Nou Mestalla, que substituirá o Estadio de Mestalla.

Inauguración

[editar | editar a fonte]

O Camp de Mestalla foi inaugurado o 20 de maio de 1923, tras ser bendicido o terreo de xogo, o alcalde de Valencia, Juan Artal, fixo o saque de honra previa ao partido inaugural entre Valencia CF e Levante FC. O resultado final foi de 1-0 vitoria para os propietarios con gol marcado por Arturo Montesinos Cebriá (Montes).

Para o Mundial de Fútbol España 1982 foi elixido como sede da selección española para a disputa dos partidos desta na primeira fase. Igualmente aloxou os xogos da primeira rolda para o equipo nacional español nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Para a temporada 2008-09 o Estadio de Mestalla albergou a final da Copa do Rei o 13 de maio de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]