Saltar ao contido

Lista de emperadores bizantinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emperadores bizantinos»)

Lista de emperadores bizantinos

Advertencias preliminares

[editar | editar a fonte]
  1. É difícil determinar cando exactamente termina o Imperio Romano e comeza o Imperio Bizantino. En 284, Diocleciano dividiu o Imperio Romano en dúas metades: oriental e occidental, con propósitos administrativos. Algúns historiadores sinalan como primeiro emperador bizantino a Constantino I, o primeiro emperador cristián, que mudou a capital imperial a Constantinopla. Outros sinalan a Valente, ao consideraren que a Batalla de Adrianópolis (378) é un dos puntos históricos distintivos frecuentemente utilizados para sinalar o comezo da Idade Media. Outros, a Arcadio, tratando a Teodosio I como último emperador dun Imperio Romano unificado, ou a Zenón, porque Rómulo Augústulo, último emperador de Occidente, foi deposto durante o seu reinado. Algúns datan o cambio tardiamente, con Heraclio, que substituíu o tradicional título romano de "Augusto" polo de "Basileus" e deixou de usar o latín, impoñendo o grego como lingua oficial. Os especialistas en numismática sinalan os cambios producidos por Anastasio I en 498, ao impoñer o sistema grego de numeración. Por certo, os bizantinos continuaron chamando "Romano" ao seu imperio por máis dun milenio.
  2. Os agrupamentos dinásticos que aparecen neste artigo seguen a opinión máis xeneralizada entre os historiadores, pero outras fontes poden indicar agrupamentos lixeiramente distintos. De feito, algúns dos agrupamentos son convencionais, e non unha "dinastía" no sentido propio do termo.

Emperadores Romanos

[editar | editar a fonte]

Ver Lista de emperadores romanos

Constantino o Grande.
  • Constantino I o Grande (272 - 337, emperador de 306 a 337).
  • Constancio II (317 - 361, emperador de 337 a 361) - fillo de Constantino I.
  • Xuliano o Apóstata (331 - 363, emperador de 361 a 363) - xenro de Constantino I, cuñado e primo de Constancio II, neto de Constancio I.

Non dinástico

[editar | editar a fonte]
  • Xoviano (332 - 364, emperador de 363 a 364) - soldado de Xuliano.

Non dinástico

[editar | editar a fonte]
  • Focas o Tirano (???-610, emperador de 602 a 610) - derrocou a Mauricio.

Non dinásticos

[editar | editar a fonte]

Restauración

[editar | editar a fonte]

Non dinásticos

[editar | editar a fonte]
  • Filípico Bardanes (emperador de 711 a 713) - soldado, usurpador.
  • Anastasio II (??? -721, emperador de 713 a 715) - non dinástico, secretario de Filípico, electo polo Senado.
  • Teodosio III (emperador de 715 a 717) - recadador de impostos, proclamado emperador polas tropas rebeldes.

Non dinásticos

[editar | editar a fonte]
  • Miguel II o Tatexo ou o Amoriano (770-829, emperador de 820 a 829) - xenro de Constantino VI.
  • Teófilo (813-842, emperador de 829 a 842) - fillo de Miguel II.
  • Miguel III o Borracho (840-867, emperador de 842 a 867 - fillo de Teófilo.
Basilio I e o seu fillo León VI.
  • Basilio I o Macedonio (811-886, emperador de 867 a 886) - casou coa viúva de Miguel III.
  • León VI o Sabio (866-912, emperador de 886 a 912) - suponse fillo de Basilio I, aínda que probabelmente fose fillo de Miguel III.
  • Alexandre III (870-913, emperador de 912 a 913 - fillo de Basilio I.
  • Constantino VII Porfiroxénito ("o nacido púrpura") (905-959, emperador de 913 a 959) - fillo de León VI.
  • Romano I Lecapeno (coemperador) (870-948, coemperador de 920 a 944) - sogro de Constantino VII.
  • Romano II Porfiroxénito (939-963, emperador de 959 a 963) - fillo de Constantino VII.
  • Nicéforo II Focas (912-969, emperador de 963 a 969) - casou coa viúva de Romano II; padrasto de Basilio II e Constantino VIII.
  • Xoán I Tzimisces (925-976, emperador de 969 a 976) - cuñado de Romano II.
  • Basilio II Bulgaróctono ("o matador de búlgaros") (958-1025, emperador de 976 a 1025) - fillo de Romano II.
  • Constantino VIII Porfiroxénito (960-1028, emperador de 1025 a 1028) - fillo de Romano II, irmán de Basilio II.
  • Romano III Arxiro (968-1034, emperador de 1028 a 1034 - xenro de Constantino VIII, primeiro esposo de Zoe.
  • Miguel IV o Paflagonio (1010-1041, emperador de 1034 a 1041 - casado coa viúva de Romano III, segundo esposo de Zoe.
  • Miguel V o Calafate (1015-1042, emperador de 1041 a 1042 - primo de Miguel IV.
  • Zoe Porfiroxénita, (978-1050, rexenta de 1028 a 1050) - filla de Constantino VIII.
  • Constantino IX Monómaco (1000-1055, emperador de 1042 a 1055 - casado coa viúva de Miguel IV (terceiro esposo de Zoe).
  • Teodora Porfiroxénita (980-1056, emperatriz de 1055 a 1056) - filla de Constantino VIII, irmá de Zoe.

Non dinástico

[editar | editar a fonte]

Dinastía Ducas-Comneno

[editar | editar a fonte]
Nomisma coa efixie de Isaac I Comneno.

Foi a dinastía que resolveu ata certo punto a grande crise do século XI, aínda que foron convocadas cruzadas na súa axuda, o imperio dos Comneno non soubo aproveitar estas cruzadas, que acabaron por seren prexudiciais. O primeiro destes emperadores, Alexo I Comneno, deu salvado o imperio dos normandos, pero desamigouse dos cruzados e non accedeu a expulsar os selxúcidas do centro de Anatolia, un erro fatal, pois posteriormente o imperio no tería capacidade para facelo. O seu sucesor Xoán II Comneno tampouco non deu expulsado os turcos, xa que temía controlar un imperio demasiado poderoso e, polo tanto, demasiado difícil de controlar. O seguinte emperador Manuel I Comneno foi o último emperador que intentou conquistar Italia e refacer o Antigo Imperio Romano, pero non o conseguiu xa que o imperio non tiña os medios suficientes para tal empresa militar; posteriormente intentou conquistar o califato de Iconium pero foi emboscado en Miriocéfalo, e tivo que ceder territorio para salvar a súa vida; a pesar dos seus pouco graves fracasos, Manuel I Comneno conseguiu poñer Bizancio á cabeza dos reinos cristiáns en poderío e prosperidade. O seguinte emperador foi Alexo II Comneno, un menor de idade que foi asasinado antes de poder liberarse dos seus rexentes. O asasino de Alexo II foi Andrónico I Comneno, un ancián demente que fixo moito dano ao Imperio. Pero este imperio seguiría debilitándose coa dinastía Ánxelo antes de caer en 1204 ante a cuarta cruzada.

Toma de Constantinopla polos Cruzados

[editar | editar a fonte]

En 1204, os cruzados toman e saquean Constantinopla, executan a Aleixo V (a instancias de seu sogro, Aleixo III) e fundan o Imperio Latino, impoñendo a Balduíno IX, conde de Flandres, como emperador. Ao se impoñeren, reclamarán os territorios do Imperio Bizantino, aínda que so exercerán control efectivo sobre algunhas áreas de Grecia, a cidade e territorios adxacentes. Mentres tanto, os aristócratas bizantinos fundaron novos estados, controlando gran parte do territorio: o Imperio de Nicea, o Imperio de Trebisonda e o Despotado de Epiro serían os máis influentes. A sucesión imperial lexitimada polo Patriarca de Constantinopla (e, na práctica, por superioridade militar), quedará en mans dos emperadores de Nicea, que recuperarán a capital bizantina logo de 57 anos de ocupación latina.

Titulares

[editar | editar a fonte]

1502, pasa os seus dereitos aos Reis Católicos.