Efrén o Sirio
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 306 ![]() Nusaybin (Imperio Romano) ![]() |
Morte | 9 de xuño de 373 ![]() Edesa (Imperio Romano) ![]() |
Causa da morte | peste ![]() |
Residencia | Şanlıurfa ![]() |
Relixión | Church in Gabowe Grądy (en) ![]() ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía, liturgical music (en) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | teólogo, escritor, poeta, Diácono, sacerdote ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Empregador | Escola de Nisibis (pt) ![]() ![]() |
Profesores | Jacó de Nisibis (pt) ![]() ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 9 de xuño 28 de xaneiro 9 de xuño 18 de xuño 22 de xullo ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron De viris illustribus ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |

Efrén o Sirio nado no 306 en Nisibis (actual Turquía) e finado o 9 de xuño do 373 en Edesa, foi un poeta relixioso en idioma siríaco. É venerado polas diferentes Igrexas cristiáns de tradición apostólica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bautizado aos dezaoito anos, comezou sendo o xefe dunha comunidade cristiá na súa cidade natal, onde foi un conselleiro espiritual moi solicitado. Tras a invasión de Nisibis polos persas, instalouse en Edesa onde tamén foi considerado un mestre. Emprendeu unha viaxe para coñecer a Basilio o Grande.
Realizou moitos comentarios á Biblia e compuxo gran cantidade de himnos aínda vivos na liturxia da Igrexa Siríaca.
Durante a fame do ano 370, Efrén emprendeu accións de axuda aos esfameados e de atención aos doentes. Exhortou aos patricios a seren solidarios cos plebeos. Viviu coma un asceta nunha cova con dieta vexetariana e esfarrapado.
Significación
[editar | editar a fonte]É unha das referencias doutrinais e místicas das Igrexas cristiáns orientais, especialmente as que conservan a liturxia en arameo ou siríaco. Foi coñecido como Arpa do Espírito Santo. En Occidente, a Igrexa Católica tamén o venera como santo. En 1920, Bieito XV proclamouno doutor da Igrexa.