Edicto de Rothari
O edicto de Rothari é proclamado en 643 no reino longobardo de Italia ante a asemblea dos homes libres, que a aproban segundo o costume golpeando a súa lanza no seu escudo. Promulgouno o rei Rotario (ou Rothari), que lle deu nome.
O documento está composto de máis de 400 leis que protexen esencialmente as guerreiros. Matar, golpear, desarmar a un guerreiro ou mesmo turrarlle da barba constitúen delitos castigados con severidade. Entre os guerreiros e o rei interponse a aristocracia, dominada polos duques e os gastalds, especie de condes. O seu papel medra, e no século VII, é a que regula a sucesión ao trono. O edicto amosa unha función nova asignada ao rei: a protección dos débiles, entre os que se contan as mulleres, que están fortemente subordinadas moral e economicamente aos homes.
O Edicto de Rothari dota de privilexios ás asociacións profesionais (ministeria), entre elas a dos magistri comanici ou mestres de Côme (construción).