Saltar ao contido

Dream Theater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dream Theater
Dream Theater actuando en 2011.
OrixeBoston, Massachusetts, Estados Unidos
Período1985 - presente
Xénero(s)metal progresivo
MembrosJohn Petrucci
James LaBrie
Jordan Rudess
John Myung
Mike Mangini
Antigos membrosChris Collins
Charlie Dominici
Kevin Moore
Derek Sherinian
Mike Portnoy
Na rede
www.dreamtheater.net
IMDB: nm4923632 Facebook: dreamtheater Twitter: dreamtheaternet Instagram: dreamtheaterofficial MySpace: dreamtheater Youtube: UCBHhdnYxvu94yefpeZABY9g Bandcamp: dreamtheaterofficialSouncloud: dreamtheater Spotify: 2aaLAng2L2aWD2FClzwiep iTunes: 730091 Last fm: Dream+Theater Musicbrainz: 28503ab7-8bf2-4666-a7bd-2644bfc7cb1d Songkick: 8765 Discogs: 260935 Allmusic: mn0000803544 Deezer: 828 Genius: Dream-theater Editar o valor en Wikidata

Dream Theater é un grupo de metal progresivo fundado en Boston, Massachusetts en 1985 baixo o nome de Majesty polo guitarrista John Petrucci, o batería Mike Portnoy, o teclista Kevin Moore, o vocalista Chris Collins e o baixista John Myung, aínda que pouco despois foi renomeado como Dream Theater.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras uns primeiros meses con diferenzas creativas, Collins deixou o seu posto a Charlie Dominici, o cal, trala publicación do disco debut When Dream and Day Unite en 1989, abandonou a banda para ser substituído polo canadense James LaBrie, que segue no posto na actualidade. O éxito da formación chegaría co álbum Images and Words (1992), cuxa canción "Pull Me Under" acadaría un oco na programación da MTV, axudando á propagación do metal progresivo polos ámbitos máis comerciais. Este disco permanece como un dos lanzamentos xerme do metal progresivo e o disco máis aclamado dos publicados polo quinteto americano.

Images and Words foi seguido por Awake (1994) un disco máis pesado que tamén alcanzou altas cotas de popularidade, tanto do público como da crítica. Despois da publicación deste álbum, Kevin Moore abandonou o grupo por diferenzas creativas e foi substituído por Derek Sherinian. O debut deste novo membro aconteceu no EP A Change of Seasons (1995), un traballo de máis dunha hora de música (algo infrecuente nun EP, que normalmente non supera a media hora) que contén unha soa canción orixinal ("A Change of Seasons") mais versións de artistas como Deep Purple, Pink Floyd, Queen, Led Zeppelin ou Elton John. A súa continuación foi Falling into Infinity (1997), un traballo máis accesible ao público debido ás presións da nova xente da compañía EastWest, que posuía un contrato discográfico co grupo neoiorquino. Este disco non acadou unha recepción moi positiva polos fans máis tradicionais de grupo, o cal resultou nun fracaso tanto crítica como comercialmente. As posteriores discusións coa discográfica polos malos resultados do disco estivo preto de rematar coa andaina da banda.

En 1997, Magna Carta Records enviou unha invitación a Mike Portnoy para formar un supergrupo co seu compañeiro John Petrucci mais o baixista Tony Levin e o teclista Jordan Rudess. O proxecto, concibido co nome de Liquid Tension Experiment, serviu para que Rudess coñecese a Petrucci e Portnoy, que o convidaron a unirse á súa banda. A resposta afirmativa de Rudess significou un novo cambio de membro, e Derek Sherinian formou Planet X.

O primeiro disco con esta nova formación saíu á venda en 1999 co nome de Metropolis, Pt. 2: Scenes from a Memory, derivado dunha canción de Images and Words titulada "Metropolis, Pt. 1". Metropolis foi catalogado como un dos mellores discos da banda tanto pola crítica como polo público. Tras este álbum, a banda embarcouse nunha xira que a levou por unha gran cantidade de países, gravando un DVD en directo en Nova York que foi publicado como Metropolis 2000: Scenes from New York.

Catro anos despois de que Dream Theater pedise a EastWest Records gravar un álbum dobre, a discográfica cedeu ás pretensións do grupo, que entrou no estudio a gravar Six Degrees of Inner Turbulence. O álbum divídese en dous discos: o primeiro contén cinco cancións de entre cinco e trece minutos, mentres que o segundo contén unha única canción ("Six Degrees of Inner Turbulence") de corenta e dous minutos, a máis larga da discografía do quinteto. O resto do ano, cada un dos membros do grupo dedicouse a outros proxectos.

Xa en 2003, Dream Theater comezou a gravar o seu sétimo álbum, Train of Thought, que ata hoxe é o seu traballo máis pesado influído por discos como Master of Puppets de Metallica ou The Number of the Beast de Iron Maiden, que o grupo interpretara anteriormente en directo. A crítica loou novamente este traballo, pero algúns fans sentíronse "traizoados" debido ó xiro da banda cara ao heavy metal máis popular naquel tempo. A súa continuación, Octavarium, saíu á venda en 2005 e resultou o segundo álbum máis vendido do grupo na súa traxectoria. O seu último álbum, Systematic Chaos, publicouse en 2007 e foi recibido tepedamente pola crítica, do mesmo modo que Octavarium.

Coa saída de Mike Portnoy a banda entrou nun declive constante tanto na técnica como na composición. A falta de ideas fíxose notoria, o seu desvío cara a un power progresivo influenciado máis que nunca por Labrie fixo que a banda entrase nos seus anos escuros.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
When Dream and Day Unite 1989 Mechanic/MCA
Images and Words 1992 Atco Records
Awake 1994 East West Recods
Falling into Infinity 1997 East West Recods
Metropolis, Pt. 2: Scenes from a Memory 1999 Elektra Records
Six Degrees of Inner Turbulence 2002 Elektra Records
Train of Thought 2003 Elektra Records
Octavarium 2005 Atlantic Records
Systematic Chaos 2007 Roadrunner Records
Black Clouds & Silver Linings 2009 Roadrunner Records
A Dramatic Turn of Events 2011 Roadrunner Records
Dream Theater 2013 Roadrunner Records
The Astonishing 2016 Roadrunner Records
Distance over Time 2019 Inside Out Music
A View from the Top of the World 2021 Inside Out Music
Parasomnia 2025 Inside Out Music

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]