Saltar ao contido

Diploide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As células diploides teñen dúas copias homólogas de cada cromosoma.

Células diploides son aquelas cuxos cromosomas se organizan en pares de cromosomas homólogos, e así, para cada característica existen polo menos dous xenes, estando cada un deles localizado nun cromosoma homólogo. Dise que estas células posúen 2n cromosomas, onde n é o número de cromosomas característico da especie en cuestión, ou "número haploide"[1].

No caso da especie humana, n corresponde a 23 cromosomas, polo cal as células somáticas posúen 2n, ou sexa, 46 cromosomas. Cando ocorre a fecundación, os 23 cromosomas presentes no espermatozoide xúntanse cos 23 cromosomas presentes no óvulo.

As mulleres posúen o último par de cromosomas, o 23º, igual a x;x onde x é un tipo de cromosoma. Xa os homes o posúen como x;y, determinando o seu sexo.

  1. “Número haploide” en Médicos de Portugal no sapo.pt Arquivado 23 de agosto de 2009 en Wayback Machine. 5 de xuño de 2009

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]