Saltar ao contido

David McCullough

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid McCullough

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Pittsburgh (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 2022 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Hingham, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - literatura inglesa (1951–1955)
Shady Side Academy (en) Traducir
Davenport College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, biografía e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, escritor, biógrafo, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina websimonandschusterpublishing.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0567184 Facebook: DavidMcCulloughBooks BNE: XX1248849 Musicbrainz: 8d66545f-082c-4f3b-bb2a-ce98318fc9a9 Songkick: 228578 Discogs: 3497119 WikiTree: McCullough-4253 Editar o valor en Wikidata

David Gaub McCullough, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 7 de xullo de 1933 e finado en Hingham (Massachusetts) o 7 de agosto de 2022, foi un escritor, historiador e conferenciante estadounidense.[1] Gañou en dúas ocasións o premio Pulitzer e o National Book Award e recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade, galardón civil máis alto do seu país.[1][2]

McCullough obtivo un grao en literatura inglesa pola Universidade Yale. O seu primeiro libro foi The Johnstown Flood (1968), e dende entón escribiu outros nove sobre temas como Harry S. Truman, John Adams, a ponte de Brooklyn e os irmáns Wright. McCullough tamén narrou numerosos documentais, como The Civil War de Ken Burns, ademais do filme de 2003 Seabiscuit; foi o presentador de American Experience durante doce anos.

Os dous libros de McCullough gañadores do Pulitzer, Truman e John Adams, foron adaptados por HBO nun telefilme e nunha miniserie, respectivamente.

McCullough era un historiador cun interese máis divulgativo que académico e un estilo literario moi próximo á novela. Facía gala de patriotismo e parte das súas obras se dedican a eloxiar a obra de presidentes dos Estados Unidos, algún deles tan discutido como Harry Truman, que decidiu lanzar a bomba atómica contra Hiroshima e Nagasaki.

En libros como 1776 raiaba coa parcialidade, xa que retrataba con máis expresividade a violencia británica e dos mercenarios de Hesse que a do bando independentista (os "patriotas"), aínda que non deixaba de representar a miseria física e en ocasións moral dos soldados de George Washington; tampouco na representación do rei Xurxo pode dicirse que sexa ecuánime, se se compara coa de Washington, Nathanael Greene ou Henry Knox; de feito, aínda que McCullough manexa a fondo a documentación, non se pode considerar que a súa mirada sexa obxectiva.

Non obstante, o seu punto de vista non era enganoso, xa que resultaba evidente, e a súa maior virtude radicaba no seu estilo, vivo e elegante, e no seu dominio da trama narrativa, capaz de atrapar o lector nunha emotiva reconstrución das encrucilladas históricas.

Título Ano Tema Premios[3] Entrevistas e presentacións
The Johnstown Flood: The Incredible Story Behind One of the Most Devastating Disasters America Has Ever Known 1968 Inundación de Johnstown
The Great Bridge: The Epic Story of the Building of the Brooklyn Bridge 1972 Ponte de Brooklyn Presentación de McCullough sobre The Great Bridge, 17 de setembro de 2002, C-SPAN
The Path Between the Seas: The Creation of the Panama Canal, 1870–1914 1977 Canal de Panamá National Book Award – 1978[4]
Francis Parkman Prize – 1978
Premio Samuel Eliot Morison – 1978
Cornelius Ryan Award – 1978
Mornings on Horseback 1981 Theodore Roosevelt National Book Award – 1982[5]
Brave Companions: Portraits in History 1991 Ensaios biográficos publicados previamente
Truman 1992 Harry S Truman Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 1993[6]
The Colonial Dames of America Annual Book Award – 1993
Francis Parkman Prize
Booknotes entrevista con McCullough sobre Truman, 19 de xullo de 1992, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre Truman en National Press Club, 7 de xullo de 1992, C-SPAN
John Adams 2001 John Adams Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 2002[6] Presentación de McCullough sobre John Adams en Library of Congress, 24 de abril de 2001, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre John Adams en National Book Festival, 8 de setembro de 2001, C-SPAN
1776 2005 Revolución Americana American Compass Best Book – 2005 Presentación de McCullough sobre 1776 en Mount Vernon Ladies' Association, 9 de xuño de 2005, C-SPAN
Q&A entrevista con McCullough sobre 1776, 7 de agosto de 2005, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre 1776 en National Book Festival, 24 de setembro de 2005, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre 1776 en Texas State Capital, 29 de outubro de 2005
In the Dark Streets Shineth: A 1941 Christmas Eve Story 2010 Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt, Conferencia Arcadia
The Greater Journey: Americans in Paris 2011 Estadounidenses en París durante o século XIX, incluídos James Fenimore Cooper e Samuel Morse Part one e Parte dos de Q&A entrevista con McCullough sobre The Greater Journey, 22 e 29 de maio de 2011, C-SPAN
Entrevista con McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN
Presentación de McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN
The Wright Brothers 2015 Irmáns Wright National Aviation Hall of Fame Combs Gates Award - 2016 Q&A entrevista con McCullough sobre The Wright Brothers, 31 de maio de 2015, C-SPAN
The American Spirit: Who We Are and What We Stand For 2017 Q&A entrevista con McCullough sobre The American Spirit, 23 de abril de 2017, C-SPAN
The Pioneers: The Heroic Story of the Settlers Who Brought the American Ideal West[7] 2019 Pioneiros estadounidenses no Territorio do Noroeste Q&A entrevista con McCullough sobre The Pioneers, 19 de maio de 2019, C-SPAN

Filmes presentados ou narrados

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Biography at Simon & Schuster". Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 
  2. Sherman, Jerome L (16 de decembro de 2006). "Presidential biographer gets presidential medal". Pittsburgh Post-Gazette. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2006. 
  3. "Awards". Simon & Schuster. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2008. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  4. "National Book Awards – 1978". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  5. "National Book Awards – 1982". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008. 
  6. 6,0 6,1 "Biography or Autobiography: Past winners and finalists by category". The Pulitzer Prizes. Consultado o 17 de marzo de 2012. 
  7. Pitz, Marylynne (6 de outubro de 2016). "Pittsburgh native David McCullough's next book will focus on generations of Northwest pioneers". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 10 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]