Cunca
Unha cunca[1] é un recipiente. Este recipiente non só se emprega para conter tanto líquidos como grans, senón que tamén para beber. Algunhas cociñas internacionais, tal é así nas cociñas asiáticas coma a cociña xaponesa e a cociña chinesa, fan uso extensivo e intensivo da cunca como prato que pode conter unha sopa, infusión etc.
Historia
[editar | editar a fonte]Sábese polas escavacións arqueolóxicas que as cuncas foron empregadas desde tempos inmemoriais. Os materiais máis empregados nas primeiras épocas eran de pedra ou madeira, e máis tarde de cerámica e finalmente vidro. Hoxe en día existen de plástico, porcelana, cerámica e metal.
Tamén hai cuncas que teñen unha soa asa que permite collelas con máis facilidade.
Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia son típicas as cuncas para beber o viño, xeralmente feitas de barro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do Floreano de Gogue, por Lucas Míguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cunca.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|