Cumulus
Os cumulus ou cúmulos[1], abreviadamente Cu, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por seren nubes con contornas ben definidas, encopetadas e densas. Desenvólvense verticalmente a xeito de protuberancias, cúpulas ou torres. As súas zonas superiores aseméllanse con frecuencia a unha coliflor. As partes iluminadas polos raios do Sol teñen unha coración branca intensa, namentres que a súa base e plana e de cor escuro. Ás veces, aparecen esgazados polo vento.
Características
[editar | editar a fonte]Son nubes de desenvolvemento vertical, que se forman a alturas entre 500 a 6.000 m, e adoitan atoparse espalladas en paquetes amontoados pola convección. As correntes de aire ascendentes, orixinadas polo desigual quecemento do aire, a unha altura onde a humidade do aire pode comezar a condensar, desenvólvendose os cúmulos verticalmente en vez de horizontalmente.
Os cúmulos de bo tempo medran no verán dende o mediodía ata a posta do Sol, cando se disipan. Se existe inestabilidade abonda, poden desenvolverse ata daren lugar a cumulonimbos, orixinando chuvascos e treboadas
Especies
[editar | editar a fonte]Variedades
[editar | editar a fonte]- Cumulus radiatus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover.
- Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cumulus |