Saltar ao contido

Craqueamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refinería de craqueo en Bakú, na República Socialista Soviética de Azerbaixán, en 1934.

En química, o craqueo ou craqueamento, é un proceso no que moléculas orgánicas complexas (como queróxenos ou hidrocarburos pesados) descompoñen en moléculas máis simples (por exemplo, hidrocarburos lixeiros) ao romper os seus enlaces C-C.

A velocidade do proceso de craqueamento e o tempo que tarda en formarse os produtos finais dependen moito da temperatura e dos catalizadores existentes. O cracking é a descomposición dun alcano grande en alcanos máis pequenos e máis útiles e un alqueno.

O craqueo emprégase no petróleo para formar produtos "lixeiros" como a gasolina.

Normalmente produce un alcano de cadea curta e un alqueno de cadea longa. Os hidrocarburos son compostos que só conteñen átomos de carbono e hidróxeno.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo provén do inglés crack / cracking, (quebrar), pois é iso o que acontece: québranse moléculas longas en moléculas menores.[1] O craqueamento tamén é coñecido ás veces como pirólise, pero esta realízase en ausencia completa de osíxeno.[2]

  1. "Refino do petróleo. Etapas do Processo de Refino do Petróleo". Mundo Educação (en portugués). Consultado o 2024-11-26. 
  2. O craqueo utilízase para transformar hidrocarburos pesados en condicións de osíxeno limitado, mentres que a pirólise descompón materiais orgánicos completamente sen osíxeno, producindo subprodutos útiles para diversas aplicacións, incluíndo a xestión de residuos e a produción de enerxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.