Crónica
Aparencia
Unha crónica é xénero histórico ou literario que narra os acontecementos pola súa orde cronolóxica. A palabra crónica vén do latín chronica, que á súa vez se deriva do grego kronika biblios, é dicir, libros que seguen a orde do tempo. Nunha crónica os feitos nárranse segundo a orde temporal en que ocorreron, a miúdo por testemuñas presenciais ou contemporáneos, xa sexa en primeira ou en terceira persoa.
Frecuentemente emprégase o termo para se referir a un libro escrito por un cronista na Idade Media describindo os sucesos históricos dun país ou a vida dun nobre ou unha dignidade eclesiástica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crónica |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |