Corpúsculo de Meissner
Os corpúsculos de Meissner son un tipo de mecanorreceptor táctil da pel.[1] Son un tipo de terminacións nerviosas situadas na pel que son responsables da sensibilidade a toques lixeiros sobre a pel. Teñen a súa maior sensibilidade ás vibracións de menos de 50 hertz. Son receptores de adaptación rápida.
Reciben o seu nome do anatomista alemán Georg Meissner (1829–1905), que os descubriu.
Localización
[editar | editar a fonte]Están distribuídos en varias áreas da pel, pero concéntranse en áreas especialmente sensibles ao tacto lixeiro ou fino, como as xemas dos dedos e beizos.[2][3][4][5][6][7] Máis en concreto, están localizados principalmente na pel sen pelo (xemas dos dedos, palmas das mans, plantas dos pés) xusto debaixo da epiderme nas papilas dérmicas.[8]
Estrutura
[editar | editar a fonte]Os corpúsculos de Meissner son terminacións nerviosas encapsuladas e non mielinizadas, que constan de células de soporte aplanadas dispostas como láminas horizontais rodeadas por unha cápsula de tecido conectivo. O corpúsculo ten unha lonxitude de entre 30 e 140 μm e un diámetro de entre 40 e 60 μm e unha forma alongada, elíptica ou piriforme, con extremos arredondados.
Teñen unha soa fibra nerviosa que cursa facendo espirais entre as láminas por todo o corpúsculo.
Cambios relacionados coa idade
[editar | editar a fonte]O número de corpúsculos de Meissner por milímetro cadrado na pel da xema dos dedos humanos cae a catro veces menos entre os 12 e os 50 anos, o que se corresponde coa perda de sensibilidade táctil observada coa idade en diversos estudos [9].
Funcións
[editar | editar a fonte]Calquera deformación física no corpúsculo causa un potencial de acción no nervio do corpúsculo. Como son receptores de adaptación rápida ou fásicos, os potenciais de acción xerados decrecen rapidamente e finalmente cesan (por iso non e "sente" a propia roupa).
Se o estímulo se elimina, o corpúsculo recobra a súa forma e ao facelo causa a xeración doutro potencial de acción.
Debido á súa localización superficial na derme, estes corpúsculos son particularmente sensibles ao tacto e vibracións, pero, pola mesma razón, están limitados a informar só de que algo está tocando a pel.
As sensacións de presión profunda (por exemplo, a dun golpe) xéranse nos corpúsculos de Pacini (o único mecanorreceptor táctil fásico ademais do de Meissner), que están situados a máis profundidade na derme, e nalgunhas terminacións nerviosas libres.
Ademais, os corpúsculos de Meissner non detectan a dor, a cal é detectada exclusivamente polas terminacións nerviosas libres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paré, Michel; Joseph E. Mazurkiewicz, Allan M. Smith, and Frank L. Rice (2001-09-15). "The Meissner Corpuscle Revised: A Multiafferented Mechanoreceptor with Nociceptor Immunochemical Properties". The Journal of Neuroscience 21 (18): 7236–46. PMID 11549734.
- ↑ Cauna, Nikolajs; Leonard L. Ross (1960-10-01). "The fine structure of meissner's touch corpuscles of human fingers" (PDF). The Journal of Cell Biology 8 (2): 467–82. PMC 2224947. PMID 13691669. doi:10.1083/jcb.8.2.467. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Hoffmann, JN; Montag AG, Dominy NJ. (2004-11). "Meissner corpuscles and somatosensory acuity: the prehensile appendages of primates and elephants." (PDF). Anat Rec a Discov Mol Cell Evol Biol.: 1138–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Bongiorno, Rita Bongiorno; Spyridoula Doukaki, Mario Aricò (2010-01-25). "Neurofibromatosis of the nipple-areolar area: a case series". Journal of Medical Case Reports 4 (22): 22. PMC 2823760. PMID 20205809. doi:10.1186/1752-1947-4-22. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Martini / Bartholomew (1995/2010). Pearson Benjamin Cummings, ed. Essentials of Anatomy and Physiology 3E. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 25 de maio de 2012.
- ↑ Afifi, Adel K.; Ronald Arly Bergman (1998/2005). McGraw-Hill Professional, ed. Functional neuroanatomy: text and atlas. p. 16. ISBN 0-07-001589-9. doi:10.1036/0071408126. 10.1036/0071408126.
- ↑ "Nervous system - Touch". BBC. Consultado o 2010-05-07.
- ↑ Winkelmann, R. K. (1959-01-21). "The Erogenous Zones: Their Nerve Supply and Significance". Proceedings of the Staff Meetings of the Mayo Clinic 34 (2): 39–47. PMID 13645790. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017.
- ↑ Tactile sensitivity as a function of age. Thornbury and Mistretta, 1981. The Journal of Gerontology [1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Donald L. Rubbelke D.A. Tissues of the Human Body: An Introduction. McGraw-Hill. 1999 Meissner's and Pacinian corpuscles
- Dawn A. Tamarkin, Ph.D. Anatomy and Physiology Unit 15 Vision and Somatic Senses: Touch and Pressure
- Gilman, S (2002). "Joint position sense and vibration sense: anatomical organisation and assessment". Journal of Neurology Neurosurgery and Psychiatry 73 (5): 473–477. doi:10.1136/jnnp.73.5.473.
- BUHistology 08105loa [2] - "Integument pigmented skin, Meissner's corpuscles "
- AnatomyAtlasesMicroscopic - 06|123 [3] - "Meissner's Tactile Corpuscle"
- Histology at rutgers.eud