Saltar ao contido

Constantino XI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantino XI

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Κωνσταντίνος ΙΑ' Παλαιολόγος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1404 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de maio de 1453 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Constantinopla (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
6 de xaneiro de 1449 – 29 de maio de 1453
← Xoán VIII PaleólogoSupresión do cargo →
Déspota de Morea
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
ConflitoCaída de Constantinopla Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Outro
TítuloEmperador Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCaterina Gattilusio (1441–1442)
Teodora Tocco (1428 (Gregoriano)–)
Teodora Tocco (1428–1429)
Caterina Gattilusio Editar o valor en Wikidata
PaisManuel II Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Helena Dragaš Editar o valor en Wikidata
IrmánsDemetrio II Paleólogo
Andrónico Paleólogo
Xoán VIII Paleólogo
Tomé Paleólogo
Teodoro II Paleólogo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Constantine XIII.
Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.615) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1379261

Constantino XI Paleólogo (ás veces numerado Constantino XII ou Constantino XIII), tamén coñecido como Constantino Dragases, nado en Constantinopla o 8 de febreiro de 1404 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 1453, foi o último emperador reinante do Imperio Bizantino desde 1449 ata a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Constantino foi o oitavo dos dez fillos de Manuel II e Helena Dragas a filla do príncipe serbio, Constantino de Serres. A Constantino gustáballe ser coñecido polo apelido da súa nai, Dragas (serbio Dragaš) Dragases, o cal ela herdou do seu pai serbio. Pasou a maior parte da súa infancia en Constantinopla baixo a supervisión dos seus pais. Constantino converteuse no déspota de Morea (o nome medieval do Peloponeso) en 1443, a cal gobernaba desde o seu palacio en Mistra. Casou dúas veces: a primeira vez o 1 de xullo de 1428 con Magdalena Tocco, a sobriña do gobernante italiano de Epiro, quen con todo morreu en novembro de 1429; a segunda vez con Caterina Gattilusio, filla do señor xenovés de Lesbos, quen morreu en 1442. Non tivo fillos con ningunha das dúas esposas.

Cando o seu irmán, o emperador Xoán VIII Paleólogo morreu, brotou unha disputa entre Constantino e o seu irmán Demetrio sobre o trono. Apelaron entón ao sultán otomán Murad II para que arbitrase na controversia. O sultán elixiu a Constantino, quen foi coroado en Mistra o 6 de xaneiro de 1449. Constantino intentou casar cunha curmá afastada, a viúva de Murad II, pero a relación non prosperou. De inmediato, o sultán Mahomet II comezou a facer presión pola posesión de Constantinopla. Desesperado por algún tipo de asistencia militar, Constantino apelou a Occidente, pero lle negaron calquera axuda a menos que unise a Igrexa ortodoxa coa Igrexa católica. Constantino declarou unidas as igrexas en 1452, pero esta unión foi abrumadoramente rexeitada polos seus súbditos e foi causa de inimizade co seu primeiro ministro e comandante militar o megaduque (Gran Duque) Lucas Notases.

Mahomet II ofreceu a Constantino a opción de gobernar sen interferencias en Mistra antes de asediar Constantinopla, pero este rexeitouno, preferindo loitar e morrer defendendo o Imperio. O seu desexo fíxose realidade xa que foi morto mentres defendía as murallas de Constantinopla o 29 de maio de 1453. A súa cabeza foi cortada polos otománs e exhibida por días nunha pica antes de que fose enterrado con todos os honores na cidade. Algúns cristiáns ortodoxos considérano un santo malia non ser oficialmente recoñecido como tal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Steven Runciman, The Fall of Constantinople, 1453; Cambridge University Press, 1965; ISBN 0-521-09573-5
  • Donald M. Nicol, The Immortal Emperor; Cambridge University Press, 1992; ISBN 0-521-46717-9
Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán VIII Paleólogo
Constantino XI
Precede a:
Último emperador bizantino
Dinastía Paleólogo