Condado de Põlva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Estonia | ||||
Capital | Põlva (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.036 (2023) (13,18 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua võro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.823,34 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1961 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | EE-64 | ||||
O Condado de Põlva (en estoniano: Põlva maakond ou Põlvamaa), é un dos quince condados (maakond) da Estonia. Está situado no sueste da Estonia e limita cos condados de Tartu, Valga e Võru. O condado tamén é parte da fronteira de Estonia con Rusia (Oblast de Pskov). Nesa rexión, a divisa territorial entre eses dous países aínda non está totalmente ratificada e algunhas vilas no condado de Põlva (por exemplo, Lutepää e Saatse) só poden ser alcanzadas por terra a través do territorio controlado polos rusos. O 2,3% do total da poboación de Estonia vive no condado de Põlva. A súa capital é Põlva. Existen máis de 130 lagos na área do condado, sendo o maior deles o lago Meelva.
Goberno rexional
[editar | editar a fonte]O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Subdivisión administrativa
[editar | editar a fonte]O condado está divido en 14 concellos: un urbano (cunha segunda cidade Räpina, facendo parte dun concello rural) e 13 concellos rurais.