Saltar ao contido

Concello de Arjeplog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Arjeplog
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 66°02′00″N 17°57′00″L / 66.033333333333, 17.95
EstadoSuecia
CondadoCondado de Norrbotten Editar o valor en Wikidata
CapitalArjeplog (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.612 (2024) Editar o valor en Wikidata (0,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
linguas saamis Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Lapónia (pt) Traducir
Q18331966 Traducir (–2002)
Q61669431 Traducir (2002–) Editar o valor en Wikidata
Superficie14.494,08 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude427 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Chairman of the municipal board in Arjeplog Municipality, Sweden (en) Traducir Editar o valor en WikidataAlbert Lestander (en) Traducir (1999–2002)
Bengt-Urban Fransson (2002–2009)
Britta Flinkfeldt (en) Traducir (2009–2020)
Isak Utsi (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webarjeplog.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: arjeplogskommun Instagram: arjeploglapland Youtube: UC6OGkFNrZY96OHHdT7t0fbw Editar o valor en Wikidata

Arjeplog é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten,[1] no landskap de Lappland. A súa capital é Arjeplog. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 2 690 habitantes.[2]

No municipio atópanse varias montañas e a paisaxe tamén é rica en lagos. En Arjeplog está tamén o glaciar máis grande de Suecia. As industrias máis importantes son o turismo e as actividades de probas de inverno de automóbiles.

O municipio de Arjeplog é o que menos poboación ten no condado de Norrbotten e o concello perde habitantes. Os socialdemócratas foron o partido máis votado en todas as eleccións e sempre gobernaron no municipio, tanto en solitario como en coalición con outros partidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio limita ao norte co concello de Jokkmokk, ao leste co de Arvidsjaur e ao sur co de Sorsele. Ao oeste limita cos municipios noruegueses de Fauske, Saltdal e Rana.

O concello de Arjeplog é o cuarto máis grande de Suecia en extensión, sendo un pouco máis grande que o landskap de Escania. Só os municipios de Kiruna, Gällivare e Jokkmokk son máis grandes.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

O núcleo urbano de Arjeplog está rodeado de auga e montañas. No centro do municipio atópase Öberget, con vistas sobre a localidade, e tamén sobre Renberget e Akkelis. O macizo de Sulitelma no noroeste do concello alberga o glacial máis grande de Suecia, o Sállajiegŋa, e o punto máis alto do municipio, o Stortoppen, a 1860 metros sobre o nivel do mar.

No concello de Arjeplogs hai 8 727 lagos e cursos de auga, sendo o municipio sueco máis rico en auga. Entre os cursos de auga atópanse os ríos Pite, Skellefte e Laisälven. O lago máis profundo de Suecia, o Hornavan, forma parte do sistema de lagos Skellefteälven. Un interesante lago con rica vida de aves é o Tjålmejaure. Toda a auga do sistema de lagos de Arjeplog é potable.

A flora no concello de Arjeplog está formada principalmente por flora de montaña. Dentro do municipio hai varias plantas protexidas.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07. 
  2. "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-03.