Saltar ao contido

Claus Sluter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClaus Sluter

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1340 Editar o valor en Wikidata
Haarlem, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte1406 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Dijon, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata
Membro de
PatrocinadorFilipe II, Duque da Borgonha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteLarousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Enciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: c84a6596-026b-4bab-a745-efb225205d87 Editar o valor en Wikidata
O rei David e o profeta Xeremías no Pozo de Moisés, cartuxa de Champmol,

Claus Sluter, nado en Haarlem en 1350 e finado en Dijon (Francia) en 1405 ou 1406, foi un escultor neerlandés que traballou na Borgoña, sendo considerado o creador da escola escultórica borgoñoa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sluter traballou en Bruxelas, onde figurou inscrito no gremio de canteiros, antes trasladarse a Dijon, onde foi entre os anos 1385 e 1389 axudante de Jean de Marville, escultor da corte do duque de Borgoña e asumiu o cargo tras a morte do seu mestre nese último ano. O resto da súa vida pemaneceu en Borgoña, excepto algunhas curtas viaxes que realizou a cidades que hoxe forman parte de Francia.

Foi o máis importante escultor do norte de Europa da súa época, reaccionou contra o estilo preciosista imperante, restaurou a escultura figurativa á súa escala clásica imprimindo pleno realismo no resto e actitudes das súas creacións, indepéndizandoas de forma absoluta do marco escultórico no que se insiren.

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Retratos do duque e a duquesa de Borgoña (1396), castelo de Germolles.
  • Pozo de Moisés (1395-1406), cartuxa de Champmol, formaba parte dun chafaríz de base hexagonal no clautro do convento, que a súa vez sostiña un calvario. Destruído o convento durante a Revolución francesa, o "pozo" consérvase na mesma cartuxa. Fragmentos do calvario están custodiados no Museo Arqueolóxico de Dijon.
  • Sepulcros dos duques de Borgoña (antes de 1389-1406), inicialmente na cartuxa de Champmol, foron iniciados probabelmente por Jean de Marville, sen que Sluter lograra rematalos antes de falecer; foron destruídos tamén durante a Revolución francesa, mais serían restaurados e instalados no Museo Arqueolóxico de Dijon.