Saltar ao contido

Chen Chu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChen Chu

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 陳菊 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
三星鄉, Taiwán Editar o valor en Wikidata
President of the Control Yuan (en) Traducir
1 de agosto de 2020 –
← Chang Po-ya (en) Traducir
Secretary-General to the President, Republic of China (en) Traducir
23 de abril de 2018 – 20 de maio de 2020
← Liu Chien-sin (en) TraducirSu Jia-chyuan (en) Traducir →
Nomeado por: Tsai Ing-wen
Chairperson of the Democratic Progressive Party (en) Traducir
29 de febreiro de 2012 – 30 de maio de 2012
← Tsai Ing-wenHope Su (pt) Traducir →
Alcaldesa de Kaohsiung
25 de decembro de 2006 – 22 de abril de 2018
← Yeh Chu-lan (en) TraducirHsu Li-ming →
Minister of Labor (en) Traducir
20 de maio de 2000 – 19 de setembro de 2005
Member of the National Assembly of the Republic of China (en) Traducir
1992 – 1995
Lexislatura: 2nd National Assembly (en) Traducir

Datos persoais
EducaciónShih Hsin University (en) Traducir
國立頭城高級家事商業職業學校
National Sun Yat-sen University (en) Traducir - Mestrado Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Progressista (pt) Traducir (1986–2020)
Chinese Youth Party (en) Traducir (1969–1979) Editar o valor en Wikidata

Facebook: kikuChen Editar o valor en Wikidata

Chen Chu (en chinés: 陳菊) nada o 10 de xuño de 1950, é unha política taiwanesa, presidenta do Yuan de Control e da Comisión Nacional dos Dereitos Humanos[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de graduarse na Escola de Xornalismo Shih Hsin en 1969 foi, ao longo da década de 1970, a secretaria de Kuo Yu-hsin, un dos máis recoñecidos membros do movemento opositor tolerado Tangwai. En 1979 axudou a fundar a revista opositora Formosa e exerceu brevemente como a directora da oficina da revista en Kaohsiung. Chen foi unha dos oito destacados disidentes, coñecidos como os "oito de Kaohsiung" que foron detidos o 13 de decembro de 1979 e condenados en 1980 a doce anos de prisión polo coñecido como "incidente de Kaohsiung" e pasaron na cadea case seis anos durante o período da lei marcial en Taiwán. En 1986 saíu do cárcere e uniuse ao Partido Democrático Progresista (PDP).

Entre 1994 e 1998 dirixiu o departamento de servizos sociais de Taipei durante o mandato do alcalde Chen Shui-bian e ocupou o mesmo posto en Kaohsiung de 1998 ao ano 2000. No ano 2000 realizou un mestrado de relacións públicas na Universidade Nacional Sun Yat-sen. Ao acceder á presidencia do país Chen Shui-Bian en maio de 2000, Chen Chu encabezou o ministerio de traballo en sucesivos gabinetes ata 2005.

O 9 de decembro de 2006 gañou a elección á alcaldía de Kaohsiung a primeira alcaldesa electa na cidade, e fíxoo por pouco de máis de 1100 votos sobre o candidato do Kuomintang Huang Jun-ying que recorreu a súa vitoria diante a xustiza e aínda que unha primeira sentenza en xuño de 2007 anulou as eleccións, unha instancia xudicial superior confirmou a súa vitoria en novembro de 2007[2]. En 2009 Chen viaxou á República Popular da China para promover os Xogos Mundiais que se ía celebrar nese ano na súa cidade e reuniuse cos alcaldes de Beijing e Shanghai e o presidente do Comité Olímpico da China. Os xogos, que se celebraron entre o 16 e o 26 de xullo, supuxeron un importante beneficio económico para a cidade[3]. Por mor da unión da cidade de Kaohsiung e o condado homónimo en 2010 logrou a reelección do novo municipio especial de Kaohsiung co 53% votos e o 68% dos votos logrou en 2014.

En 2013, no centro da imaxe, nun acto como alcaldesa de Kaohsiung

Entre 1 de marzo e o 30 de maio de 2012 foi presidente interina do PDP tras a marcha da súa líder Tsai Ing-wen logo de perder as eleccións presidenciais dese ano.

O 23 de abril de 2018 a presidenta taiwanesa, Tsai Ing-wen designouna secretaria xeral da oficina presidencial[4] posto que mantivo ata o 20 de maio de 2020

O 22 de xuño o presidente taiwanés anunciou que a elixira para dirixir o Yuan de Control[5]malia ser Chen partidaria da supresión desa institución [6][7][8] entre críticas da oposición[9][10][11][12][13], o Yuan Lexislativo confirmou a candidatura por 65 a 3 votos[14]despois de varios días de enfrontamentos na cámara[15][16]os lexisladores do Kuomintang e do Partido Popular Taiwanés boicotearon a votación e os do Partido do Novo Poder votaron en contra[17][18][19]. Segundo as regras internas o seu partido suspendeuna de militancia durante o período como presidenta do Yuan de Control e Chun anunciou que desexaría ser a derradeira presidenta da institución[20].

  1. "Chen Chu to be Control Yuan head". Taipei Times. 19 de xuño de 2020. 
  2. "Court ruling keeps Kaohsiung mayor in office". China.org.cn. 17 de novembro de 2017. 
  3. "Kaohsiung officials bask in Games’ glory, revenues". The Taipei Times. 30 de xullo de 2009. 
  4. Chen Chu takes up post as Presidential Office secretary-general, Focus Taiwan News Channel, 23 de abril de 2018
  5. China (Taiwan), Ministry of Foreign Affairs, Republic of (23 de xuño de 2020). "PO announces Control Yuan president and member nominees". Taiwan Today (en inglés). 
  6. "蘋論:1個理由,陳菊可當監察院長". 蘋果新聞網. 17 de xullo de 2020. 
  7. "陳菊:期許扮演末代監察院長 修憲後就光榮離開 | 政治 | 重點新聞 | 中央社 CNA". www.cna.com.tw. 14 de xullo de 2020. 
  8. 自由時報電子報 (15 de xullo de 2020). "陳菊:廢考監院後光榮離開 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報. 
  9. "KMT disputes Chen Chu’s Control Yuan nomination - Taipei Times". www.taipeitimes.com. 20 de xuño de 2020. 
  10. "國民黨佔領立院 杯葛陳菊監察院長任命案". 美國之音. 29 de xuño de 2020. 
  11. 聯合新聞網 (14 de xullo de 2020). "「陳菊早退藐視立院」 蔡壁如:為何監院院長非她不可 | 聯合新聞網:最懂你的新聞網站". 聯合新聞網 (en chinés). Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  12. "民眾黨批陳菊不適任監院 吳益政哽咽憶交情:永遠尊敬她". 鏡週刊 Mirror Media. 16 de xullo de 2020-07-16. 
  13. 自由時報電子報 (24 de xuño de 2020). "時力民調:逾半民眾認為陳菊不能發揮監委職權查弊 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報 (en chinés). Consultado o 2020-07-17. 
  14. 自由時報電子報 (17 de xullo de 2020). "監委同意權》65:3! 立院同意陳菊出任監察院長 - 政治 - 自由時報電子報". 自由電子報. 
  15. "Punches and water balloons thrown in Taiwanese parliament melee". euronews. 17 de xullo de 2020. 
  16. Reuters (16 de xullo de 2020). "Fighting Again in Taiwan Parliament Over Disputed Nomination". The New York Times. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 02 de outubro de 2020. 
  17. "立院一片狼藉中...陳菊獲65張同意票過門檻 出任監察院長 | 政治". 新頭殼 Newtalk. 17 de xullo de 2020. 
  18. 經濟日報 (17 de xullo de 2020). "立院行使同意權爆衝突 陳菊等27監委人事全過關 | 政經大事 | 產業". 經濟日報. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 02 de outubro de 2020. 
  19. "【立院混戰】陳菊獲立院同意任監察院長 藍抗議作票、民眾黨擬提釋憲". 蘋果新聞網. 17 de xullo de 2020. 
  20. 聯合新聞網 (14 de xullo de 2020). "陳菊:期許自己成功扮演 最後一任監察院長 | 聯合新聞網:最懂你的新聞網站". 聯合新聞網.