Castel del Monte, Apulia
(it) Castel del Monte | ||||
Tipo | Category:Hohenstaufen castles in Southern Italy (en) edificio dun museo militar Italian national museum (en) historical park museum (en) Museum of the Italian Ministry of Culture (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Andria, Italia (pt) | |||
Localización | località Castel del Monte - Andria | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 26 () m | |||
Material usado | mármore Calcaria | |||
Superficie | exposición: 540 m² exposición: 1.806 m² | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1996 (20ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iii) | |||
Identificador | 398 | |||
Ben cultural de Italia | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 29 de xaneiro de 1240 | |||
Primeiro rexistro escrito | 1240 | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 206.924 (2014) | |||
Fundador | Frederico II Hohenstaufen | |||
Propietario | Council of Ministers of Italy (en) | |||
Instalacións | ||||
Sitio web | casteldelmonte.beniculturali.it | |||
Castel del Monte (Italiano para "Castelo do Monte"; Barese: Castìdde du Monte) é unha cidadela e castelo do século XIII situados nun outeiro en Andria na rexión de Apulia ao sueste de Italia. Construíuse durante a década de 1240 polo Rei Frederico II, que herdara as terras da súa nai Constanza de Sicilia. No século XVIII elimináronse os mármores interiores do castelo e o mobiliario restante. Non ten foxo nin ponte levadiza e algúns consideraron que nunca foi pensado como fortaleza defensiva;[1] con todo, o traballo arqueolóxico suxeriu que tiña orixinalmente unha cortina.[2] Descrito pola Enciclopedia Italiana como "o castelo máis fascinante construído por Frederico II",[3] o sitio está protexido como Patrimonio da Humanidade. Tamén aparece na versión italiana da moeda de un céntimo de euro.[4]
Localización
[editar | editar a fonte]Castel del Monte está situado nun pequeno outeiro preto do mosteiro de Santa María do Monte, a unha altitude de 540 m.[1] Cando se construíu o castelo, a rexión era fértil e famosa cun abastecemento abundante de auga e vexetación exuberante. [1] Atópase na comuna de Andria, provincia de Barletta-Andria-Trani, ocupando o lugar dunha fortaleza anterior da que non existen restos estruturais.
A construción do castelo só se menciona nunha fonte contemporánea, un documento que data de 1240, no que Frederico II ordenaba ao gobernador de Capitanata para rematar algunhas obras nel. [3] Nunca se rematou e non hai probas de que o usase como pavillón de caza como se afirma habitualmente. [3] Máis tarde converteuse nunha prisión, usada como refuxio durante unha peste, e finalmente caeu no abandono. Orixinalmente tiña paredes e columnas de mármore, pero todas foron roubadas por vándalos ou reutilizadas en construcións próximas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Debido ao seu tamaño relativamente pequeno, noutrora considerábase que non era máis que un "pavillón de caza", pero agora os eruditos cren que orixinalmente tiña un muro cortina e serviu como cidadela. [2] Frederico era responsable da construción de moitos castelos en Apulia, pero o deseño xeométrico de Castel del Monte foi único. [1] A fortaleza é un prisma octogonal cunha torre octogonal en cada esquina. As torres orixinariamente eran uns 5 m. máis altas que agora e quizais deberían incluír un terceiro andar.[3] Ambas plantas teñen oito habitacións e un patio de oito lados ocupa o centro do castelo.[5] Cada unha das estancias principais ten teitos abovedados. Tres das torres de esquina conteñen escaleiras. O castelo ten dúas entradas, unha entrada de servizo discreta e unha entrada principal ornamentada. A entrada principal de Frederico incluía elementos do deseño clásico e puido estar influenciada polo interese de Frederico pola arquitectura grecorromana.[1]
O plano octogonal é infrecuente nos deseños dun castelo. Os historiadores debateron sobre o propósito do edificio e suxeriuse que estaba pensado como un pavillón de caza.[6] Outra teoría é que o octógono é un símbolo intermedio entre un cadrado (que representa a terra) e un círculo (que representa o ceo). Frederico II puido inspirarse para construír esta forma tanto na Cúpula da Roca en Xerusalén, que vira durante a Sexta Cruzada, ben na Capela Palatina da Catedral de Aquisgrán.
Ocasionalmente utilizado como pavillón de caza baixo Manfredo de Sicilia, o castelo convértese nunha prisión estatal baixo o vencedor deste, Carlos I de Anjou: aquí os fillos de Manfredo, Henry, Azzo e Enzo foron mantidos prisioneiros despois de 1266, así como outros seguidores de Hohenstaufen. [3]
A parede principal mide 25 m. de altura e os oito bastións cada un de 26 m. Os lados do octágono principal teñen unha lonxitude de 16,5 m e os das torres octogonais cada un de 3,1 m. O castelo ten un diámetro de 56 m. A súa entrada principal está orientada ao leste.
Era moderna
[editar | editar a fonte]No século XVIII saqueáronse os mármores do castelo e outras ornamentacións. Os membros da Casa de Borbón tomaron as columnas de mármore e os marcos das fiestras e reutilizáronos no seu palacio de Caserta. [1] O que queda agora inclúe fragmentos dun cabaleiro e un relevo romano reutilizado, mentres que na Galería Provincial de Bari hai un fragmento de cabeza e un busto sen cabeza, ás veces interpretado como Frederico II. [3] Despois de estar abandonado durante bastante tempo, o castelo comprouno en 1876 por unha suma de 25.000 liras o Estado italiano, que iniciou o proceso de restauración en 1928.[7]
Durante a Ocupación aliada da segunda guerra mundial, o 15º Grupo da Forza Aérea dos Estaados Unidos estableceron unha estación secreta de axuda á navegación chamada Big Valla no Castel.
Na década de 1950 descubriuse que o chan arredor do castelo contiña un composto de cor vermella brillante producido por unha cepa da bacteria Streptomyces peucetius. Os científicos chamaron á droga daunorrubicina e no seu desenvolvemento posterior identificouse un composto relacionado doxorrubicina que se emprega como un axente quimioterapéutico usado para tratar o cancro.[8]
O elemento central da trama da novela de Umberto Eco "O nome da rosa" é unha antiga fortaleza coñecida como "Aedificium". Isto inspirouse case con certeza en Castel del Monte.[9][10] Tamén foi o escenario da película Tale of Tales.
En 1996 Castel del Monte foi nomeado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, que o describiu como "unha obra mestra única da arquitectura militar medieval".[11]
Castel del Monte está representado no reverso da emisión italiana Moeda de 1 céntimo de euro.
A miúdo o castelo estivo ligado erroneamente aos Cabaleiros Templarios e foi considerado como unha construción "misteriosa" incluso por notables historiadores. O historiador italiano Raffaele Licinio a miúdo condenou esas opinións e interpretacións esotéricas, subliñando que Castel del Monte era só un dos castelos do sistema de fortificación desenvolvido por Frederico II, e que non está ligado de ningún xeito aos templarios.[12][13][14]
Castel del Monte DOC
[editar | editar a fonte]Ao redor do castelo, na rexión de Andria atópase a Denominación de orixe de viño italiano de Castel del Monte que produce viños tintos, brancos e rosados. A maioría dos viños son mesturados pero as variedades poden producirse sempre que polo menos o 90% do viño estea composto pola mesma uva. Os tintos adoitan ser unha mestura de 65-100% Uva di Troia, ata un 35% de Sangiovese, Montepulciano, Pinot noir e Aglianico. Os "rosados" inclúen un 65-100% de Uva di Troia e/ou Bombino nero coas outras variedades de uva que enchen o resto. Os brancos compóñense principalmente de Pampanuto (65-100%) con outras variedades de uva branca local cubrindo o resto. As uvas vermellas e "rosadas" limítanse a un rendemento de | colleita de 14 toneladas/ha e deben elaborar un viño cun mínimo do 12% grao alcohólico (11% no caso dos "rosados"). As uvas de viño branco están limitadas a un rendemento de colleita de 15 toneladas/ha e deben elaborar un viño cun alcol mínimo do 11%. Se o viño vai ser etiquetado unha Reserva, o viño debe ser envellecido polo menos dous anos en barrica de madeira de carballo e debe ter un nivel mínimo de alcol do 12,5%. [15]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Entrada
-
Patio
-
Vista desde o patio
-
Salón do trono
-
Vista remota
-
Restos de cheminea
-
Teito da torre
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Castex 2008, p. 21
- ↑ 2,0 2,1 Hindley, Geoffrey (1968). Castles of Europe. Great Buildings of the World. Feltham, Middlesex, England: Paul Hamlyn. p. 149. ISBN 978-0-600-01635-9.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Hubert, Houben. "Castel del Monte". Federiciana. Enciclopedia Italiana. Consultado o 19 de xullo de 2011.
- ↑ Images of Euro Coins - 1 Cent
- ↑ Tuulse 2002, pp. 60-61
- ↑ Castex 2008, p. 22
- ↑ "Castel del Monte, Castelli della Puglia, provincia di Barletta Andria Trani, pag. 1".
- ↑ G. Cassinelli, "The roots of modern oncology: from discovery of new antitumor anthracyclines to their clinical use" Tumori 3:226-35 (2 de xuño de, 2016) doi 10.5301/tj.5000507
- ↑ Haft & White 1999, p. 154
- ↑ "Castel del Monte". in-italia.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2009. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ World Heritage Committee. "Report of the 20th Session, Merida 1996".
- ↑ "Morto il medioevalista Raffaele Licinio". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021.
- ↑ "Prontuario contro gli stereotipi e le interpretazioni fanta-esoteriche su Castello del Monte (article published on stupormundi.it)".
- ↑ "Morto il prof. Raffaele Licinio, esperto di Castel del Monte e del medioevo -". 4 de febreiro de 2018.
- ↑ P. Saunders 'Wine Label Language' páx 135 Firefly Books 2004 ISBN 1-55297-720-X
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castel del Monte, Apulia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés)—Official Castel del Monte website Arquivado 12 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- (en inglés)—Tourist Information: Castel del Monte
- CastelDelMonte.org Arquivado 11 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
- Casteldelmonte.historiaweb: Photogallery of Castel del Monte
- Paradoxplace.com: Castel del Monte photo gallery
- Castel del Monte in Apulien