Saltar ao contido

Caron Butler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCaron Butler

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Racine, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWashington Park High School (en) Traducir
Universidade de Connecticut
Maine Central Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura200 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor en Wikidata
Convocado porMiami Heat, 10º (2002) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2002 UConn Huskies
2002–2004 Miami Heat
2004–2005 Los Angeles Lakers
2005–2010 Washington Wizards
2010–2011 Dallas Mavericks
2011–2013 Los Angeles Clippers
2013–2014 Milwaukee Bucks
2014–2014 Oklahoma City Thunder
2014–2015 Detroit Pistons
2015–2016 Sacramento Kings
Participou en
Global Conference 2019 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

James Caron Butler, nado o 13 de marzo de 1980 en Racine, Wisconsin, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 2,01 metros de altura xogaba de ala.

Instituto

[editar | editar a fonte]

Creceu en Racine, Wisconsin, onde antes dos 15 anos foi detido en 15 ocasións. Tras unha breve carreira no Insituto Washington Park, matriculouse no Maine Central Institute, onde tivo éxito e recibiu unha bolsa para xogar na Universidade de Connecticut baixo as ordes do adestrador Jim Calhoun.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Con Calhoun, Butler perdeu peso e desenvolveu o seu xogo de perímetro. No seu primeiro ano, Butler liderou aos Huskies tanto en anotación como no rebote con 15.6 puntos e 7.6 rebotes por encontro. Tras o seu ano freshman, conseguiu a medalla de ouro coa selección estadounidense no Mundial Júnior FIBA de 2001 no Xapón. Butler continuou sorprendendo no seu segundo ano, con medias de 20.3 puntos e 7.5 rebotes por partido, liderando aos Huskies tanto ao título de tempada regular como o da Big East Conference, ademais da a Elite 8 do torneo da NCAA. A pesar dos 32 puntos de Butler, UConn perdeu ante Maryland Terrapins, posteriores campións. Foi nomeado mellor xogador da conferencia xunto con Brandin Knight de Pittsburgh e no segundo equipo do All-American. Tras esta tempada, declarouse elegible para o Draft da NBA.

Foi seleccionado por Miami Heat na décima posición do Draft de 2002. Na súa primeira campaña na NBA, fixo uns estelares 15,4 puntos, 5,1 rebotes e 2,7 asistencias en 36,6 minutos de xogo, perdéndose un total de catro encontros por lesión. Finalizou terceiro na votación ao Rookie do Ano tras Amar Stoudemire e Yao Ming, aínda que foi o mellor rookie dos meses de novembro, xaneiro, febreiro e marzo, converténdose no sexto novato da historia da NBA que gaña catro ou máis premios ao rookie do mes xunto con Tim Duncan, Shaquille O'Neal, David Robinson, Ralph Sampson e Terry Cummings. Tamén xogou o Rookie Challenge co equipo de novatos, anotando 23 puntos, repartindo 7 asistencias, collendo 4 rebotes e roubando 4 balóns en 32 minutos.

Butler, fronte ao seu excompañeiro Kobe Bryant.

Na súa segunda campaña nos Heat, perdeuse 13 partidos debido a unha lesión, e as súas medias descenderon considerablemente, en parte pola chegada do rookie Dwyane Wade. Asinou 9,2 puntos, 4,8 rebotes, 1,9 asistencias, 1,1 roubos de balón e 29,9 minutos en 68 partidos, 58 deles como titular. Ao finalizar a tempada, foi traspasado a Los Angeles Lakers con Lamar Odom e Brian Grant a cambio do pivote Shaquille O'Neal.

En California, regresou aos números na súa primeira campaña na NBA, con 15,5 puntos e 5,8 rebotes por noite en 77 partidos, todos eles de titular. A pesar da súa decente tempada individual, o equipo non logrou o obxectivo de clasificarse para playoffs, sendo traspasado a Washington Wizards xunto con Chucky Atkins a cambio de Kwame Brown e Laron Profit. Antes de que dese comezo a nova campaña, Butler asinou un contrato de 5 anos a razón de 46 millóns de dólares. Xunto con Gilbert Areas e Antawn Jamison formou o "Big Three", substituíndo a Larry Hughes, quen asinou con Cleveland Cavaliers. No seu primeiro ano na capital, fixo 17,6 puntos e 6,2 rebotes en 75 partidos, 54 de titular. Combinado con Areas e Jamison, o trío fixo 67,4 puntos por partido, todo un perigo ofensivo. Butler foi chamado polo seu adestrador Eddie Jordan "Tough Juice" (fluído duro), polo seu agresivo e apaixonante xogo, personificado o día que Butler colleu 20 rebotes no sexto partido de playoffs ante os Cavs.

Na súa segunda tempada nos Wizards, Butler foi seleccionado por primeira vez para disputar como suplente o All-Star Game de 2007, ademais de facer 19,1 puntos por partido, 7,4 rebotes e 3,7 asistencias. A mala sorte chegoulle pouco antes de que comezasen os playoffs de 2007, sufrindo unha lesión e por tanto perdéndose a postempada. A súa baixa, xunto coa de Areas, notouse no resultado (4-0) da serie ante os Cavaliers. O 13 de febreiro de 2010, Butler foi traspasado a Dallas Mavericks xunto con Brendan Haywood e DeShawn Stevenson a cambio de Josh Howard, Drew Gooden, James Singleton e Quinton Ross.[1]

O 9 de decembro de 2011, asinou cos Los Angeles Clippers un contrato por 3 anos e 24 millóns de dólares. Durante dúas tempadas coma titular nos Clippers, axudou ó equipo a alcanzar dúas veces os playoffs.

O 10 de xullo de 2013, Butler foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Eric Bledsoe nun traspaso entre tres equipos que levou a Jared Dudley dos Suns e a J. J. Redick dos Milwaukee Bucks ós Clippers, e dúas eleccións de segunda rolda do Draft ós Bucks.[2] O 29 de agosto de 2013, os Suns traspasaron a Butler ós Milwaukee Bucks a cambio de Ish Smith e Viacheslav Kravtsov.[3] O 27 de febreiro de 2014, Butler chegou a un acordo cos Bucks para rescindir o seu contrato.[4]

O 1 de marzo de 2014, Butler asinou un contrato cos Oklahoma City Thunder.[5]

O 15 de xullo de 2014, Butler asinou cos Detroit Pistons un contrato por dous anos e 9 millóns de dólares.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]