Carlos Gardel
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Disputada ![]() 11 de decembro de 1890 ![]() Tolosa, Francia ![]() |
Morte | 24 de xuño de 1935 ![]() Medellín, Colombia ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de aviación ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Chacarita ![]() |
Altura | 1,7 m ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, Tango e filme ![]() |
Lugar de traballo | Q95560344 ![]() ![]() |
Ocupación | cantante, compositor, actor, cantautor ![]() |
Período de actividade | 1917 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música de tango (pt) ![]() ![]() |
Instrumento | Guitarra e voz ![]() |
Selo discográfico | Columbia Records (1912–) EMI (1917–) RCA Records (1935–) ![]() |
Compañeiro profesional | José Razzano: Dúo Gardel-Razzano (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |


Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o máis famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Existe controversia sobre o lugar do seu nacemento. Algúns sustentan que Gardel naceu no interior do Uruguai no departamento de Tacuarembó, baseándose nalgúns documentos e materiais xornalísticos da época. Outros din que Gardel tería nacido na cidade francesa de Tolosa como Charles Romuald Gardès, fillo de pai ignorado e de Berthe Gardès (1865-1943). Gardel era esquivo sobre o tema e cando lle preguntaban dicía: "Nacín en Bos Aires aos dous anos e medio de idade". Curiosamente, desde o 14 de abril de 1937 o goberno uruguaio, coa participación do Ministerio de Asuntos Exteriores confirmou oficialmente, a través da Xustiza, a orixe francesa de Carlos Gardel antes de declarar a súa nai Berthe du Gard herdeiro do seu fillo, nomeado ou no rexistro de inventario, como Charles Gardes ou Carlos Gardel.[1]
Cantante e actor célebre en toda a América Latina pola divulgación do tango. Iníciase como cantante aínda novo co nome artístico de El Morocho, presentándose en cafés dos suburbios da capital arxentina. A súa primeira interpretación formal é no Teatro Nacional de Corrientes, no cal tamén se presenta José Razzano, con quen forma unha compañía por varios anos. Pola sensualidade da súa voz, a cal se prestaba moi ben á interpretación da milonga – xénero precursor do tango – volveuse coñecido a partir de "Mi noche triste" (1917).
O 24 de xuño de 1935, Carlos Gardel morreu nun accidente de avión durante unha xira, en Medellín, en Colombia, viaxaba de Bogotá a Cali nun trimotor F-31 da compañía SACO. Feita escala en Medellín, o avión percorreu a pista para alzar o voo, pero apenas engalara precipitouse a terra, chocando con outro avión alemán que esperaba a túa vez, incendiándose os dous. Os seus restos mortais encóntranse ata hoxe no Cemiterio de la Chacarita na capital arxentina.
Carreira musical
[editar | editar a fonte]Gravou máis de novecentas cancións, entre tangos, fox-trots, fados, pasodobles e músicas folclóricas, vendendo millares de discos na América Latina e Europa. Foi unha das primordiais influencias de Amália Rodrigues.
Entre as súas interpretacións máis famosas están:
- Mi noche triste (1917)
- Desdén (1930)
- Tomo y Obligo (1931)
- Lejana Tierra Mía (1932)
- Silencio (1932)
- Amores de Estudiante (1933)
- Golondrina (1933)
- Melodía de Arrabal (1933)
- Guitarra Guitarra Mía (1933)
- Cuesta Abajo (1934)
- Mi Buenos Aires Querido (1934)
- Soledad (1934)
- Volver (1934)
- Por Una Cabeza (1935)
- Sus Ojos se Cerraron (1935)
- Volvió una Noche (1935)
- El Día Que me Quieras (1935)
Carreira cinematográfica
[editar | editar a fonte]Traballou como actor nalgúns filmes para a Paramount, entre eles:
- Flor de Durazno (1917) (filme mudo)
- Encuadre de Canciones (1930) (primeiro filme falado de Suramérica)
- Luces de Buenos Aires (1931) (filmado en París)
- La Casa es Seria (1931)
- Espérame (1932)
- Melodía de Arrabal (1932)
- Cuesta Abajo (1934)
- El Tango en Broadway (1934)
- El Día Que Me Quieras (1935)
- Tango Bar (1935)
- The Big Broadcast Of (1936)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barsky, Julián; Barsky, Osvaldo (2004). Gardel la biografía (en castelán). Buenos Aires: Taurus. ISBN 978-9870400134.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- gardelbiografia (en lingua castelá)
- A historia de Carlos Gardel (en lingua castelá)
- Biografía de Carlos Gardel