Carl Friedrich Wilhelm Claus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1835 Kassel, Alemaña |
Morte | 18 de xaneiro de 1899 (64 anos) Viena, Austria |
Educación | Universidade Philipps de Marburgo Universidade de Giessen |
Director de tese | Rudolf Leuckart |
Actividade | |
Campo de traballo | Zoólogo, botánico e anatomista |
Lugar de traballo | Marburgo |
Ocupación | zoólogo, carcinólogo, profesor universitario, botánico |
Empregador | Universidade de Viena Universidade de Giessen Universidade Philipps de Marburgo Universidade de Gotinga Universidade de Würzburg |
Membro de | |
Alumnos | Sigmund Freud |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Claus |
Familia | |
Pai | Heinrich Claus |
Irmáns | Adolf Claus |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, |
Carl Friedrich Wilhelm Claus, nado o 2 de xaneiro de 1835 en Kassel, e finado o 18 de xaneiro de 1899 en Viena, foi un zoólogo e anatomista alemán.
Foi un opositor ás ideas de Ernst Haeckel.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Claus estudou nas Universidades de Marburgo e de Giessen con Rudolf Leuckart. Traballou na universidade de Würzburgo. En 1863 foi profesor de zooloxía en Marburgo, en 1870 en Gotinga e en 1873 en Viena.[1]
Foi xefe da estación de investigación oceanográfica de Trieste, e estaba especializado en zooloxía mariña e alí o seu interese centrouse nos crustáceos.
Durante as súas investigacións sobre bioloxía celular acuñou a palabra fagocito.
É coñecido polo feito de que Sigmund Freud comezou os seus estudos sobre a aínda sen resolver a historia da vida da anguía.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Entre as súas numerosas obras destacan as seguintes:
- Die freilebenden Copepoden (1863);
- Beiträge zur Kenntnis der Ostracoden (1868);
- Grundzüge der Zoölogie (1868);[3]
- Ueber den Bau und die Entwicklung der Cumaceen (1870);
- Die Metamorphose der Squilliden (1872);
- Ueber die Entwicklung Organisation und systematische Stellung der Arguliden (1875);
- Lehrbuch der Zoölogie.[4]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Claus emprégase para recoñecer a Carl Friedrich Wilhelm Claus como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gilman, D. C.; Peck, H. T. & Colby, F. M., eds. (1905): "Claus, Karl Friedrich Wilhelm". En New International Encyclopedia (1st ed.). New York: Dodd, Mead.
- ↑ "Expertensprechen zum Thema Aale".
- ↑ Grundzüge der Zoologie by Claus, Carl Friedrich Wilhelm, 1835-1899
- ↑ Ver en liña.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carl Friedrich Wilhelm Claus |
- Nados en 1835
- Nados en Kassel
- Finados en 1899
- Científicos de Alemaña
- Carcinólogos
- Alumnos da Universidade de Marburgo
- Personalidades da Universidade de Giessen
- Personalidades da Universidade de Würzburg
- Profesores da Universidade de Marburgo
- Profesores da Universidade de Gotinga
- Profesores da Universidade de Viena
- Zoólogos de Alemaña