Saltar ao contido

Calipso (xénero musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calipso
Músicos de calipso no carnaval trinitario
Orixe musicalMúsica africana, música crioula, música latina
Orixe culturalInicios do século XX en Trinidad e Tobago
Zona de conservaciónCaribe
Instrumentos típicosGuitarra, steelpan, bongós, conga, trombón, trompeta, flauta
DerivadosSoca, chutney, reggae
Xéneros de fusión
Calipso-rock, calipso-jazz
Escenas locais
Trinidad e Tobago, Antillas, partes de Venezuela e Panamá
Patrón rítmico do calipso.
Poster dun filme dos anos 50 sobre o calipso.

Calipso, en lingua inglesa calypso, é un xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa.[1][2]

Tamén é popular en Xamaica e en moitos lugares de Iberoamérica como Costa Rica, Honduras, México, Panamá, Perú, Ecuador ou Venezuela.

Tambores metálicos

[editar | editar a fonte]

A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados, chamados "steeldrums" ou simplemente tambores metálicos de Trindade, moi usado nos carnavais trinitarios, os cales se crearon pola necesidade de percutir que tiñan os descendentes dos africanos nestas as illas, e dado que non posuían ningún instrumento, empezaron a percutir os barrís, os cales se foron abolando e logo estabelecéndose alturas definidas, o que farían que no futuro o instrumento se puidese temperar cunha escala cromática.

En Venezuela estes barrís reciben o nome de "bum-bac".[3]

Cancións, autores e intérpretes destacados

[editar | editar a fonte]

O calipso gañou fama internacional grazas a varios artistas caribeños e cancións como Lord Kitchener (Aldwyn Roberts), Mighty Sparrow (Slinger Francisco) ou Calypso Rose (McCartha Linda Sandy-Lewis). Entre as cancións emblemáticas de calipso está Banana Boat Song (Day-O) que trata dos traballadores de banana en Xamaica e posibelmente é a máis recoñecida internacionalmente. Foi popularizada por Harry Belafonte nos anos 50;[4] mesmo non sendo un calipsonian tradicional de Trinidad, a súa interpretación axudou a levar o calipso a un público global; nos anos 80 foi parte da banda sonora do filme de Tim Burton Beetlejuice.[5]

Hot Hot Hot, escrita e orixinalmente interpretada polo músico Arrow (Alphonsus Cassell) de Montserrat, converteuse nunha das pezas de calipso máis coñecidas e reproducidas globalmente, versionada diversas veces nas décadas de 1980 e de 1990, incluíndo o "World Carnival Mix '94" de 1994.[6][7]

  1. O termo non aparece no Dicionario da Real Academia Galega. En dicionarios reintegracionistas como o Estraviz aparece como calipso, recollendo a orixe do termo como calypso, aínda que sitúa a orixe territorial en Xamaica en vez de Trinidad e Tobago.
  2. "Significado de calipso no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-08-10. 
  3. Valderrama, Argenis David González. "Los Tambores Afrovenezolanos: Una Riqueza Cultural y Musical". Curiosidades del Teatro Studio "CuriosoTeatro" Noticias Cultura Venezuela. Consultado o 2024-08-10. 
  4. Aínda que Harry Belafonte non é un autor de calipso no sentido tradicional, foi un dos seus intérpretes máis famosos por varias das súas cancións. A súa carreira contribuíu á popularización do calipso fóra do Caribe a partir da década de 1950.
  5. "Beetlejuice (soundtrack)". Tim Burton Wiki (en inglés). Consultado o 2024-08-10. 
  6. "Artistes count their losses". Trinidad Express Newspapers (en inglés). 2022-02-22. Consultado o 2024-08-10. 
  7. "Arrow-Hot-Hot-Hot-World-Carnival-Mix-94". Discogs.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.