Caledonia
Aparencia
Caledonia (do galo e britónico caled, que deu en kalet, "duro", en bretón) é o antigo nome latino de Escocia, que designaba a parte de Britania ao norte do muro de Hadrián, e despois do de Antonino.
Historia
[editar | editar a fonte]Nunca foi conquistada polos romanos, nin sequera a expedición militar de Cneo Xulio Agrícola conseguiu someter a zona ao Imperio Romano. Segundo Tácito, unha frota romana circunnavegouna, verificando así o carácter insular de Britania.[1] Na actualidade designa unha comarca setentrional do Reino Unido, en Escocia, ao norte do istmo comprendido entre os esteiros do río Clyde e do Forth.
Os pictos ou caledonios habitaron o lugar até o século VII d. C, cando foron conquistados polos escotos, de onde provén Scotia, o nome de Escocia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tácito. Vida de Agrícola
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caledonia |
A Galipedia ten un portal sobre: Escocia |