Célula do nevo
As células do nevo, células do nevus ou nevocitos son unha variante dos melanocitos.[1] Son máis grandes ca os melanocitos típicos, non teñen prolongacións dendríticas, e teñen un citoplasma máis abundante con grosos gránulos.[2] Normalmente están situados na zona de unión dermoepidérmica ou na derme da pel.
As células do nevo dérmicas poden ser clasificadas en tres tipos: célula do nevo dérmica (epitelioide) tipo A, que madura formando as células do nevo dérmicas (linfocitoides) tipo B, que á súa vez se diferencian máis en células do nevo dérmicas (neuroides) de tipo C. Este proceso de maduración prodúcese mentres migran cara a zonas máis profundas da pel.[2]
As células do nevo son o principal compoñente do nevo melanocítico (nevo, lunar).
As células do nevo poden atoparse tamén nos nódulos linfáticos.[3] e no timo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ James, William D.; Berger, Timothy G.; et al. (2006). Andrews' Diseases of the Skin: clinical Dermatology. Saunders Elsevier. pp. 684. ISBN 0-7216-2921-0.
- ↑ 2,0 2,1 Habif, Thomas P. (2010). Clinical Dermatology, 5th ed. Mosby. p. 847. ISBN 978-0-7234-3541-9.
- ↑ Biddle DA, Evans HL, Kemp BL; et al. (2003). "Intraparenchymal nevus cell aggregates in lymph nodes: a possible diagnostic pitfall with malignant melanoma and carcinoma". Am. J. Surg. Pathol. 27 (5): 673–81. PMID 12717252. doi:10.1097/00000478-200305000-00011.
- ↑ Parker JR, Ro JY, Ordóñez NG (1999). "Benign nevus cell aggregates in the thymus: a case report". Mod. Pathol. 12 (3): 329–32. PMID 10102620.