Saltar ao contido

Brian Eno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrian Eno

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Brian Eno
(en) Brian Peter George St John le Baptiste de la Salle Eno Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Brian Peter George Eno Editar o valor en Wikidata
15 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Melton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Southampton (pt) Traducir
Winchester School of Art (en) Traducir
St Joseph's College, Ipswich (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, cantante, fotógrafo, músico, videoartista, compositor de cancións, pintor, produtor musical, escritor, artista conceptual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica ambiente, Art pop (pt) Traducir, Art rock, música drone (pt) Traducir e música electrónica Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioEno Editar o valor en Wikidata
RepresentantePaul Stolper Gallery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoSintetizador Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAstralwerks
Polydor Records
All Saints Records (en) Traducir
Thirsty Ear (pt) Traducir
Obscure Records (en) Traducir
Warp Records
Island Records
E.G. Records
Hannibal Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de maio de 2023International endorsement letter. Barcelona leads the way (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsRoger Eno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
mediakunst.net Editar o valor en Wikidata
Sitio webbrian-eno.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006061 Allocine: 45989 Allmovie: p89026 IBDB: 516821
Facebook: brianenomusic Twitter: brianeno Instagram: brianeno MySpace: ambientlegend Youtube: UCDDJRnc_LsRm-_CAfRcKCZA TikTok: brianeno BNE: XX1092832 Bandcamp: brianenoallsaintsSouncloud: brian-eno-official Spotify: 7MSUfLeTdDEoZiJPDSBXgi iTunes: 38124 Last fm: Brian+Eno Musicbrainz: ff95eb47-41c4-4f7f-a104-cdc30f02e872 Songkick: 41530 Discogs: 634 Allmusic: mn0000617196 Deezer: 2042 Genius: Brian-eno Editar o valor en Wikidata

Brian Peter George St. John le Baptiste de la Salle Eno, nado en Woodbridge (Suffolk) o 15 de maio de 1948, comunmente coñecido como Brian Eno, é un músico, compositor, produtor, cantante e artista visual inglés, famoso por ser un dos principais innovadores na música ambiente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Eno estudou na escola de arte Colchester Institute en Essex, inspirándose na pintura minimalista. Durante ese tempo na escola de arte gañou experiencia compoñendo, tocando e tomando clases na escola de música que había ao lado do Colchester Institute.

Uniuse á banda Roxy Music como teclista a principios dos 70 e o éxito da banda na escena glam rock chegou rapidamente. Pero Eno cansouse pronto dos confitos co vocalista Bryan Ferry e de saír de xira, e deixou o grupo despois da edición de For Your Pleasure (1973), comezando a súa carreira en solitario cos álbums de art rock Here Come the Warm Jets (1973) e Taking Tiger Mountain (By Strategy) (1974).

Eno abriuse cara a estilos de música máis experimentais con (No Pussyfooting) (1973) e Evening Star (1975), ámbolos dous colaborando con Robert Fripp, The Lamb Lies Down on Broadway (1974) con Genesis, onde o seu traballo aparece acreditado co nome "Enossification", e os seus influentes traballos en solitario Another Green World (1975) e Discreet Music (1975). Os seus esforzos pioneiros co son ambient comezaron a consumir o seu tempo con Ambient 1: Music for Airports (1978) e posteriormente con Apollo: Atmospheres and Soundtracks (1983), que foi composto para o filme documental For All Mankind. Porén, Eno seguiu cantando nalgúns dos seus discos, indo de Before and After Science (1977) a Wrong Way Up (1990) con John Cale, ata chegar os seus máis recentes Another Day on Earth (2005) e Drums Between the Bells (2011).

O traballo de Eno en solitario ten sido extremadamente influente, sendo pioneiro nas músicas ambiente e xenerativa, innovando técnicas de produción, e enfatizando "a teoría sobre a práctica". Tamén intruduciu o concepto de música aleatoria a audiencias máis xerais, particularmente a través de colaboracións con outros músicos. Cara finais dos 70, Eno traballou con David Bowie na súa "Berlin Trilogy", axudou a popularizar á banda punk rock estadounidense Devo e o xénero No Wave, e tamén realizou traballos frecuentemente con Harold Budd, John Cale, Cluster, Robert Fripp e David Byrne, co cal produciu o influente My Life in the Bush of Ghosts (1981). Produciu e tocou en tres álbums de Talking Heads, entre eles Remain in Light (1980); foi produtor de sete discos de U2, e traballou en álbums de James, Laurie Anderson, Coldplay, Depeche Mode, Paul Simon, Grace Jones e Slowdive, entre outros.

Eno realiza traballos multimedia á parte da súa carreira musical, onde se inclúen instalacións de arte, unha columna no xornal The Observer e outra columna sobre sociedade e innovacións na revista Prospect. Eno continua colaborando con outros artistas, producindo discos, editando a súa propia música e escribindo.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbums de estudio en solitario
Álbum Ano Selo
Here Come the Warm Jets 1974 Island Records
Taking Tiger Mountain 1974 Island Records
Another Green World 1975 Island Records
Discreet Music 1975 Obscure Records
Before and After Science 1977 Polydor Records
Ambient 1: Music for Airports 1978 Polydor Records
Music for Films 1978 Polydor Records
Ambient 4: On Land 1982 E.G. Records
Apollo: Atmospheres and Soundtracks 1983 E.G. Records
More Music for Films 1983 E.G. Records
Thursday Afternoon 1985 E.G. Records
Nerve Net 1992 Opal, All Saints Records
The Shutov Assembly 1992 Opal, All Saints Records
Neroli 1993 All Saints Records
Headcandy 1994 BMG
The Drop 1997 All Saints Records
Another Day on Earth 2005 Hannibal Records
Lux 2012 Warp Records
The Ship 2016 Warp Records
Reflection 2017 Warp Records