Boeing C-17 Globemaster III
Boeing C-17 Globemaster III | |
---|---|
Tipo | cargueiro estratéxico e táctico |
Fabricante | McDonnell Douglas/Boeing |
Primeiro voo | 15 de setembro de 1991 |
Introducido | 17 de xaneiro de 1995 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | USAF Forza Aérea da India Royal Air Force |
Produción | 1995 - 2015 |
Unidades construídas | 279[1] |
O McDonnell Douglas/Boeing C-17 Globemaster III é un grande avión de transporte militar desenvolvido para a Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) dende os anos 80 ata principios dos 90 por McDonnell Douglas. O C-17 leva o nome de dous cargueiros militares de pistón anteriores, o Douglas C-74 Globemaster e o Douglas C-124 Globemaster II. O C-17 realiza normalmente misións de transporte tácticas e estratéxicas, levando tropas e carga por todo o mundo; tamén pode realizar roles de evacuación médica e lanzamento aéreo. Deseñouse para substituír o Lockheed C-141 Starlifter, e tamén para cumprir algúns dos cometidos do Lockheed C-5 Galaxy, liberando á frota de C-5 para cargas de gran tamaño.
Boeing, que se fusionou con McDonnell Douglas en 1997, continuou fabricando o C-17 tras a fusión. O transporte está en servizo coa USAF e tamén opera cos exércitos da India, Reino Unido, Australia, Canadá, Qatar, Emiratos Árabes Unidos, a Heavy Airlift Wing da OTAN, e Kuwait. O derradeiro C-17 completouse na planta de Long Beach, California o 29 de novembro de 2015.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Workers at Boeing say goodbye to C-17 with last major join Thursday". Press Telegram (en inglés). 2015-02-26. Consultado o 2021-01-03.
- ↑ "Final Boeing C-17 Globemaster III Departs Long Beach Assembly Facility". MediaRoom. Consultado o 2021-01-03.