Saltar ao contido

Boeing 314

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 314 Clipper
Tipohidroavión de pasaxeiros
FabricanteBoeing
Primeiro voo7 de xuño de 1938
Introducido1939
Retirado1948
Principais usuariosPan Am
BOAC
Armada dos Estados Unidos
Produción1938 - 1941
Unidades construídas12

O Boeing 314 Clipper foi un hidroavión de alcance longo producido pola Boeing Airplane Company entre 1938 e 1941comparable ao británico Short S.26. Foi un dos avións máis grandes no seu tempo e usou a gran á do prototipo do bombardeiro XB-15 para conseguir o alcance necesario para vos a través dos océanos Atlántico e Pacífico. Fabricáronse un total de 12 Clippers para Pan Am, tres dos cales foron vendidos a BOAC en 1941 despois da súa entrega.