Saltar ao contido

BirdLife International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Birdlife International»)
BirdLife International
Logo
Tipoorganización non gobernamental internacional, base de datos en liña, banco de dados biológicos, conservation organization, entidade filantrópica e organización sen ánimo de lucro
Campo de traballobird conservation
Data de fundación1922
Nº de empregados253 (2020) Editar o valor en Wikidata
PremiosDr A. H. Heineken Prize for Environmental Sciences
SedeCambridge
PaísReino Unido
Na rede
https://www.birdlife.org/
Facebook: BirdLifeInternational Twitter: BirdLife_News Instagram: birdlife_insta Youtube: UC6Bo5Wr8yPUkleeZaaRzhdg BNE: XX214059 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BirdLife International é unha organización internacional dedicada á protección das aves e os seus hábitats. Trátase dunha federación de asociacións democráticas e independentes que teñen como obxectivo a conservación e o estudo das aves. Actualmente a rede mundial de BirdLife International conta con representantes en máis de 100 países.[1]

BirdLife International fundárona en 1922 os ornitólogos norteamericanos Gilbert Pearson e Jean Théodore Delacour co nome International Council for Bird Preservation (ICBP). Tratábase dun grupo de presión que deixou de actuar despois da segunda guerra mundial. Volveu á actividade en 1983 co nomeamento dun director profesional e cambiou o seu nome en 1993 polo actual de BirdLife International.

Entre os seus Presidentes de Honor están a princesa Takamado do Xapón e a raíña Noor de Xordania.[2]

Os obxectivos de BirdLife International son:

  • Previr a extinción de todas as especies de aves
  • Mellorar o estado de conservación das aves
  • Conservar e mellorar os hábitats das aves do mundo
  • Conservar a través das aves a biodiversidade do planeta e a calidade de vida das persoas.

BirdLife International é membro da Lista Vermella da IUCN e a súa autoridade oficial en materia de aves.[3][4]

BirdLife realiza cooperacións con máis de catro mil traballadores, dous millóns e medio de socios, dez millóns de seguidores e xestiona máis de 1 millón de hectáreas.[5]

BirdLife International ten programas de traballo conservacionistas nas seguintes partes do mundo, que son descritas como "rexións": África, as dúas Américas, Asia, Europa e Asia central, o Oriente Próximo e o Pacífico.[6][7][8][9][10][11][12]

En cada unha das rexións, BirdLife ten nove programas, algúns dos cales xa están ben establecidos e outros son de implantación máis recente e responden a asuntos específicos sobre a conservación. Ademais dos programas rexionais, hai programas "globais", que non son específicos dunha rexión, os cales axudan ás organizacións membros a traballar en prioridades comúns, proporcionan un marco de planeamento, aplicación e monitorización e avalían o traballo de conservación realizado. Os progamas de BirdLife son: o Programa Mariño e de Aves Mariñas, o Programa de Prevención das Extincións de Birdlife, o Programa de Aves e Rutas Migratorias, o Programa de Cambio Climático, o Programa de Bosques da Esperanza, o Programa de Apoderamento Local, o Programa de Especies Alleas Invasivas e o Programa de Áreas Importantes para a Biodiversidade e as Aves.[13][14][15][16][17][18][19][20]

BirdLife International publica unha revista chamada World Birdwatch, que contén novas recentes e artigos acreditados sobre aves, os seus hábitats, e a súa conservación arredor do mundo.[21]

  1. "BirdLife Partners". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  2. "Princess Takamado becomes BirdLife’s Honorary President" (en inglés). BirdLife International. 13 de marzo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  3. "About the IUCN Red List" (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 27 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  4. "Birds on the IUCN Red List" (en inglés). BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  5. "BirdLife Global Partnership" (en inglés). BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  6. "Regions". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  7. "Africa". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  8. "Americas". BirdLife International. Consultado o 30 deagosto de 2015. 
  9. "Asia". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  10. "Europe and Central Asia". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  11. "Middle East". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  12. "Pacific". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  13. "Marine". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  14. "Preventing Extinctions". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  15. "Migratory Birds and Flyways". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  16. "Climate Change". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  17. "Forests of Hope". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  18. "Local Empowerment". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  19. "Invasive Alien Species". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  20. "Important Bird and Biodiversity Areas (IBAs)". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 
  21. "BirdLife’s World Bird Club". BirdLife International. Consultado o 30 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]