Bella Union
Bella Union | |
---|---|
Tipo | selo discográfico independente |
Data de fundación | 1997 |
Fundador(es) | Simon Raymonde e Robin Guthrie |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://bellaunion.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bella Union é un selo discográfico independente fundado por Simon Raymonde e Robin Guthrie de Cocteau Twins en 1997, dirixido na actualidade só por Raymonde.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois de publicar gravacións a través do selo 4AD durante unha gran parte da súa carreira, Cocteau Twins decidiu crear a etiqueta Bella Union no ano 1997, a traves da cal poder editar o seu propio traballo ademais doutras colaboracións. A banda separouse pouco tempo despois, pero o selo continuase adiante con Guthrie e Raymonde ao seu cargo. Unha das primeiras bandas en asinar con Bella Union foi o tró australiano Dirty Three, que continúa traballando coa discográfica. Outros dos seus primeiros artistas son Françoiz Breut e The Czars.
Dende o ano 2000, cando Guthrie mudouse a Francia para concentratrse na súa propia música e Raymonde tomou o control de Bella Union, o selo ten asinado con máis artistas, como Laura Veirs, Lift to Experience ou Explosions in the Sky.
2006 foi un ano memorable para a discográfica, xa que aos traballos de Midlake, The Dears, Howling Bells e Fionn Regan tiveron un éxito considerable.
En 2007 as celebracións polo seu 10º aniversario tiveron actuacións durante dúas noites no Royal Festival Hall, con convidados especiais como Paul Weller ou Tom Smith de Editors. Ese ano Fionn Regan foi nomeado ao Mercury Prize por Mellor álbum.
Nos dous anos seguintes, tras asinar Fleet Foxes co selo, o seu disco de estrea permaneceu nas listas durante 100 semanas consecutivas sendo o álbum independente con máis vendas no ano da súa publicación, e o selo conseguiría o seu primeiro disco de ouro tras alcanzar este traballo as 100.000 copias vendidas no Reino Unido.[1]
Posteriormente Bella Union publicou música de Beach House, Department of Eagles, Lone Wolf, Our Broken Garden, Fleet Foxes, The Acorn, Abe Vigoda, J. Tillman, Peter Broderick, The Kissaway Trail, Pearly Gate Music, John Grant, Lawrence Arabia, The Low Anthem, Hannah Cohen, Laura Veirs and Mountain Man.
A discográfica gañou o premio ao Selo independente do ano nos Music Week Awards, votado polos retallistas independentes británicos, en 2010, 2012 e 2014.[2]
Dende entón Bella Union asinou con artistas como Flaming Lips, PINS, MONEY, Marissa Nadler e Horse Thief.
As súas gravacións son distribuídas en todo o mundo pola distribuidora independente [PIAS].
Artistas
[editar | editar a fonte]- 2:54
- Aerial
- Abe Vigoda
- Al Brooker
- Alessi's Ark
- Andrew Bird
- Arc Iris
- Art of Fighting
- The Autumns
- Ballet School
- Baloji
- B.C. Camplight
- Beach House
- Bernard+Edith
- Bikini Atoll
- Bonnevill
- Cashier No.9
- Celebration
- Chimes and Bells[3]
- Clarence Clarity
- Concrete Knives
- The Czars
- The Dears
- Decoder Ring
- Department of Eagles
- Departure Lounge
- Devics
- Dirty Three
- Doomsquad
- Drab City
- Dustin O'Halloran
- Emmy the Great
- exmagician
- Explosions in the Sky
- Ezra Furman
- Faraway Places
- Father John Misty
- Fiona Brice
- Fionn Regan
- The Flaming Lips
- Fleet Foxes
- Françoiz Breut
- Garlic
- Gwei-Lo
- Hannah Cohen
- Holly Macve
- Horse Thief
- Howling Bells
- I Break Horses
- Inventions
- The Kissaway Trail
- Jack Dangers
- Jambinai
- Jetscreamer
- John Grant
- John Tavener
- Jonathan Wilson
- Josh Martinez
- Josh T. Pearson
- J. Tillman
- Karl Blau
- Kid Loco
- Landshapes
- Lanterns on the Lake
- Laura Groves
- Laura Veirs
- Lawrence Arabia
- Liela Moss
- Lift to Experience
- Lisa Dewey
- Lone Wolf
- Lost Horizons
- The Low Anthem
- Lost Horizons
- Lowly
- Mammút
- Mandarin
- Marissa Nadler
- Mazarin
- Mercury Rev
- Midlake
- Mountain Man
- M. Ward
- Mr Ben & the Bens
- Mt.Royal
- My Latest Novel
- My Sad Captains
- Nanaco
- Ohbijou
- Our Broken Garden
- Pavo Pavo
- Penelope Isles
- Peter Broderick
- Peter von Poehl
- Phil Selway
- PINS
- Piroshka
- Pom Poko
- Poor Moon[4]
- Promise & The Monster
- Robert Gomez
- Rothko
- Roy Harper
- Russell Mills/Undark
- Simon Raymonde
- Sing-Sing
- Sleeping States
- Sneakster
- Snowbird
- Stephanie Dosen
- Sumie
- Susanne Sundfør
- The Soft Cavalry
- The Trouble With Templeton[5]
- Van Dyke Parks
- The Venue
- Tim Burgess
- Tiny Ruins
- Treefight for Sunlight
- Veronica Falls
- Vetiver
- The Walkmen
- Wild Nothing
- Thousands
- Xiu Xiu
- Xylouris White
- Zun Zun Egui
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billboard (ed.). "Fleet Foxes Go Gold In United Kingdom". Consultado o 2 de marzo de 2016.
- ↑ Hyperbot (ed.). "Spotify, Bella Union, Virgin EMI, Kobalt, Sony/ATV Among 2014 Music Week Award Winners". Consultado o 2 de marzo de 2016.
- ↑ "Chimes & Bells". Bella Union. 2011-12-14. Arquivado dende o orixinal o 22 June 2012. Consultado o 2012-05-27.
- ↑ "Poor Moon". Bella Union. 2012-01-19. Arquivado dende o orixinal o 20 August 2012. Consultado o 2012-05-27.
- ↑ "Someday, Buddy - the Trouble with Templeton | Songs, Reviews, Credits | AllMusic". Arquivado dende o orixinal o 9 January 2017. Consultado o 16 January 2017.