Saltar ao contido

Australia Meridional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Australia do Sur»)
Modelo:Xeografía políticaAustralia Meridional
State of South Australia (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Epónimosur e continente australiano Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°S 135°L / -30, 135
EstadoAustralia Editar o valor en Wikidata
CapitalAdelaida Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Adelaide (en) Traducir (1840–)
Adelaide Hills (en) Traducir (1997–)
Adelaide Plains (en) Traducir (1935–) Editar o valor en Wikidata../... 81+
Poboación
Poboación1.767.247 (2020) Editar o valor en Wikidata (1,8 hab./km²)
Lingua usadaBarngarla (en) Traducir
Lingua antikirinya
Wirangu (en) Traducir
Lingua adynyamathanha
Ngarrindjeri (en) Traducir
Língua ngamini (pt) Traducir
Bungandidj (en) Traducir
Nauo (en) Traducir
Arabana (en) Traducir
Língua diyari (pt) Traducir
Lingua pitjantjatjara
Lingua kaurna
Yandruwandha (en) Traducir
Yitha Yitha (en) Traducir
Narungga (en) Traducir
Lingua yankunytjatjara
Guyani (en) Traducir
Kokata (en) Traducir
Pirlatapa (en) Traducir
Yawarawarga (en) Traducir
Pintiini (en) Traducir
Língua diyari (pt) Traducir
Yarluyandi (en) Traducir
Yardliyawarra (en) Traducir
lingua inglesa
Barossa German (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie984.321 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude162 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Woodroffe (en) Traducir (1.435 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de decembro de 1836 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
monarquía constitucional
democracia representativa
parliamentary system (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataFrances Adamson (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of South Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Premier of South Australia (en) Traducir Editar o valor en WikidataPeter Malinauskas (en) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of South Australia (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of South Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita65.676 $ (2007) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico08 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2AU-SA Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websa.gov.au Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5436271

Australia Meridional[1][2] ou Australia do Sur[3] (en inglés: South Australia) é un estado de Australia que se sitúa na parte central do sur do país. O estado esténdese por unha das partes máis áridas do continente, ten un total de 984.377 km², isto converte a Australia Meridional no cuarto dos estados e territorios en canto a extensión. O estado limita ao oeste con Australia Occidental, ao note co Territorio Norte e Queensland, ao leste con Queensland, Nova Gales do Sur e Victoria, no sur o estado está bañado polo Oceáno Antártico. Con 1,5 millóns de persoas, o estado ten menos do 10 por cento da poboación autraliana e atópase na 5ª posición dos estados e territorios. A maioría da poboación reside na capital do estado, Adelaida (coñecida como a cidade das igrexas), coa maioría da poboación restante distribuída nas áreas fértiles ao longo da costa sueste e na ribeira do Rio Murray.

A orixe de Australia Meridional é singular na historia do país xa que foi unha provincia británica de libre colonización. A colonización oficial comezou o 28 de decembro de 1836 cando se declarou o estado no The Old Gum Tree polo gobernador Hindmarsh. O xeito de colonizar esta parte de Australia fíxose seguindo unha teoría de Edward Gibbon Wakefield que máis tarde foi utilizada para colonizar Nova Zelandia. O obxectivo era establecer a provincia como un centro de civilización para inmigrantes libres, tería liberdades civís e tolerancia relixiosa. Aínda que a súa historia viuse marcada por dificultades económicas, Australia Meridional permaneceu sendo un estado con innovación política e cunha vida cultural vibrante. Hoxe en día, o estado é coñecido como o estado festivo e do bo viño.

A economía do estado céntrase no sector primario especialmente na agricultura, a industria, a industría mineira e o sector financeiro creceron significativamente.

O primeiro avistamento da costa de Australia Meridional por parte de viaxeiros europeos foi en 1627 cando a nave holandesa Gulden Zeepaert, examinou o litoral. Francois Thijssen chamou ao seu descubrimento como a terra de "Pieter Nuyts". O litoral trazouse sobre un mapa por primeira por Matthew Flinders e Nicolas Baudin en 1802. Baudin referiuse a este territorio como "Terre Napoléon".

En 1834, o parlamento británico aprobou o Acta de Australia Meridional, que habilitou o establecemento da provincia de Autralia Meridional. O acta promulgada estableceu que se dotaría á colonia con 802,511 quilómetros cadrados e que estaría libre de convictos. O plan da colonia era a encarnación ideal das mellores virtudes das sociedade británica, estes é, sen dicriminación relixiosa e sen colonos sen emprego.

A colonización estableceuse en Kingscote en Illa Kangaroo, ata que se seleccionou o lugar oficial para a colonia no lugar no que se atopa actualmente Adelaida. Os primeiro inmigrantes chegaron á baía de Holdfast (preto de Glenelg) en novembro de 1836 e a colonia foi proclamada o 28 de decembro de 1836, actualmente coñécese a ese día no estado como o Día da Proclamación. Australia Meridional é o único estado australiano que foi colonizado por colonos libres (sen cargas penais).

A bandeira de de Australia Meridional adoptouse o 13 de xaneiro de 1904. A divisa do estado crese que foi deseñada por Roberto Craig da Escola de Artes de Adelaida.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Os terreos do estado son extensións de terra árida e semiárida con algúns terreos de monte baixo entre as que destacan Mt Lofty-Montañas Flinders que é un sistema montañoso que se estende uns 800 kilometres desde Cabo Jervis ata o norte do Lago Torrens. O punto máis alto no estado non está nestas extensións, senón que o Monte Woodroffe de 1.435 m. atópase nas montañas Musgrave no extremo noroeste do o estado.A parte oeste do estado está practicamente deshabitada.

As exportacións principais do estado son de trigo, viño e la. Máis da metade da produción dos viños de Australia son producidas en Australia Meridional.

Australia Meridional linda con cada un dos outros estados e teritorios australianos agás do Territorio da Capital Australiana (ACT, Canberra) e Tasmania. O Territorio Norte foi nun principio o Territorio Norte de Australia Meridional, chegando a ser un territorio independente en 1911. A costa de Australia Meridional esta flanqueada polo océano Índico. As súas temperaturas medias oscilan entre os 29°C de xaneiro e os 15 °C en xullo. As temperaturas diúrnas nalgunhas partes do estado en xaneiro e febreiro poden subir ata os 48 °C.

Temperatura rexistrada máis alta: 50.7 °C (123.3 °F), Oodnadatta, 2 de xaneiro 1960 (A temperatura máis alta xamais rexistrada en toda Australia).

Temperatura rexistrada máis baixa: -8.2 °C (17.2 °F), Yongala, 20 de xullo 1976

Rexións:

Illas:

Lagos:

Rios:

Economía

[editar | editar a fonte]
Viñedos en Clare Valley

A industria xoga un papel moi importante na economía de Australia Meridional, xerando aproximadamente o 15 % da riqueza do estado e tendo moita importancia na exportación. Esta industria produce automóbiles, medicamentos, e tecnoloxía de defensa. A economía de Australia Meridional apóiase máis que a de ningún outro estado na exportación. As ganancias pola exportación están teñen un valor de 10000 millóns de dólares australianos e creceron un 8.8% de 2002 a 2003.

O desenvolvemento económico do sur de Australia atrasouse comparado co resto de Australia durante un certo tempo (crecemento económico do 2.1% durante 2002), pero a economía parece mellorar (4.3% durante 2003).

A economía de Australia Meridional componse da seguinte forma:

  • Servizos: 66,7 %
  • Industría: 14,2 %
  • Agricultura e pesca: 4,5 %
  • Minería: 2,2 %
  • Outras: 10,7 %

Australia Meridional é unha monarquía constitucional, recordemos que os estados e territorios australianos forman a Comunidade Australia (Australian Commonwealth), a cabeza do estado é a Raíña de Australia. Ten un parlamento con dous cámaras: a Casa da Asemblea (House of Assembly, cámara baixa) e un Consello Lexislativo (Legislative Council, cámara alta), con eleccións lexislativas que se celebran cada catro anos. O presidente (Premier) actual de Australia Meridional é Mike Rann, do Partido Laborista Australiano (Australian Labor Party).

Inicialmente o Gobernador de Australia Meridional (o primeiro Gobernador foi John Hindmarsh) posuía un poder total que derivaba da Patente do Goberno Imperial de creación da colonia. O Gobernador só tiña que xustificarse ante a Ofinica Colonial Británica, polo que a democracia non existía na colonia. Creouse en 1843 un corpo para aconsellar ao Gobernador sobre a administración de Australia Meridional, a este brazo administrativo denominóuselle Consello Lexislativo. O Consello Lexislativo estaba formado por 3 representantes do Goberno Británico e de 4 colonos elixidos polo gobernador. O Gobernador mantiña un poder executivo absoluto.

En 1851, o Parlamento Imperial decretou o Acta de Goberno das Colonias Australianas que permitía a elección de representantes a cada un dos Consellos Lexislativos Coloniais e o esbozo dunha Constitución. Máis tarde ese ano os colonos homes sans puideron votar por 16 membros dun total de 24 escanos que tiña o Consello Lexislativo (8 dos membros do consello lexislativo seguían sendo nomeados polo Gobernador). O labor principal deste corpo foi a creación do borrador dunha Constitución para Australia Meridional. O consello lexislativo creou o borrador máis democrático que se viu ata o momento en todo o Imperio Británico e por exemplo outorgaba o sufraxio masculino.

Creouse o Parlamento de Australia Meridional e as dúas casas do Parlamento (das que se falou antes). Por primeira vez na colonia, o poder executivo foi elegdo polo pobo e a colonia utilizou o sistema Westminster, onde o goberno é o partido ou coalición con máis votos pero onde ao Líder da oposición asígnaselle un papel forte como presidente do "Shadow Gabinet" (goberno na sombra). En 1894, Australia Meridional foi a primeira colonia australiana en permitir o sufraxio feminino e o seu parlamento foi un dos primeiros en permitir á muller ser membro electo do mesmo. Autralia Meridional foi un dos membros orixinais na creación da Commonwealth de Australia o 1 de xaneiro de 1901.

Educación

[editar | editar a fonte]

A Educación é obrigatoria para todos os menores de 16 anos, con todo a maioría dos estudantes permanecen no colexio ata que finalizan os estudos que lles acreditan o título SACE (South Australian Certificate of Education, Certificado de Educación de Australia Meridional)

Desde o 1 de xaneiro de 2009 a educación obrigatoria ampliarase un ano máis.

Existen tres universidades en Australia Meridional: A Universidade de Adelaida (University of Adelaide), A Universidade Flinders (Flinders University) e a Universidade de Australia Meridional (University of South Australia). Todas teñen a súa sede en Adelaida, aínda que a Universidade de Australia Meridional ten campus en Whyalla e en Mount Gambier.

Existen escolas de formación profesional en todo o estado.

O deporte que máis entusiamo e interese concita entre os australianos meridionais é o fútbol australiano. Aproximadamente o 2,2 % dos habitantes do estado maiores de 18 anos participan en equipos de fútbol australiano. Australia Meridional ten 2 equipos na AFL (Australian Football League, Liga de Fútbol Australiana) Os Adelaide Crows (Os Corvos de Adelaida) e Port Adelaide Power. Os Adelaide Crows teñen 50.000 socios que son máis que calquera dos outro 15 equipos da liga.

O cricket conta tamén con adeptos. O fútbol e o baloncesto teñen tamén certa popularidade.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Australia Meridional (Australia) 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]