Augustus Quirinus Rivinus
Nome orixinal | (de) August-Quirinus Rivinus (Bachmann) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de decembro de 1652 Leipzig, Alemaña |
Morte | 30 de decembro de 1723 (71 anos) Leipzig, Alemaña |
Educación | Universidade de Leipzig Universidade de Helmstedt (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica e medicina |
Ocupación | botánico, médico, astrónomo |
Empregador | Universidade de Leipzig |
Membro de | Royal Society (1703–) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Riv. |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Augustus Quirinus Rivinus, tamén coñecido como August Bachmann ( 9 de decembro de 1652 – 20 de decembro de 1723) foi un médico, e botánico alemán.[1]
Naceu en Leipzig, Alemaña, e estudou na Universidade de Leipzig (1669–1671), continuou os seus estudos na Universidade de Helmstedt. En 1677, comezou a ensinar medicamento en Lepzig e en 1691 postulouse para dúas cátedras, a de Fisiología e a de Botánica. En 1701 chegou a ser profesor de patoloxía e en 1719 profesor de terapéutica e decano permanente da Facultade de Medicina. Era tamén un estusiasta da astronomía e, cara ao final da súa vida, estaba case completamente cego por observar as manchas solares. Faleceu en Leipzig.
Na súa obra «Introductio generalis in rem herbariam» e tres libros adicionais relativos á clasificación das plantas introduciu varias innovacións importantes que foron a base para o traballo doutros botánicos, como Joseph Pitton de Tournefort e Carlos Linneo, entre outros.
Clasificou as plantas de acordo á estrutura da flor. Do mesmo xeito que John Ray usou claves dicotómicas que conducían primeiro aos grupos taxonómicos superiores, que o denominou genus summum das ordes de plantasordo, e logo aos grupos de categoría inferior. Xunto con Joseph Pitton de Tournefort foi o primeiro en aplicar a regra que os nomes de todas as especies do mesmo xénero deben comezar coa mesma palabra ou nome xenérico. Si un xénero presentaba máis dunha especie, entón o mombre das mesmas debían estar seguidos por unha pequena frase diagnóstica ou differentia specifica.
Obras
[editar | editar a fonte]- Introductio generalis in rem herbariam. Lipsiae Leipzig: Typis Christoph. Güntheri, 1690. [8] + 39 p.
- Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Monopetalo. Lipsiae: Typis Christoph. Fleischeri, 1690. 22 + [4] p. + 124 tab.
- Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Tetrapetalo. Lipsiae: Typis Christoph. Fleischeri, 1691. [6] + 20 + [4] p. + 121 tab.
- Ordo Plantarum qvae sunt Flore Irregulari Pentapetalo. Lipsiae: Typis Joh. Heinrici Richteri, 1699. [6] + 28 + [4] p. + 139 tab.
- D.A.Q.R. ad celeberrimum virum dominum Johan. Rajum... Epistola Lipsiae: Prostat apud Davidem Fleisherum, 1694. 24 p.
- Censura medicamentorum officinalium. Lipsiae, J. Fritsch, 1701
Honras
[editar | editar a fonte]Epónimos asociados
[editar | editar a fonte]- Ligamento de Rivino: unha porción da membrana timpánica
- (Apiaceae) Athamanta riviniana Host ex Steud[2].
- (Apiaceae) Libanotis riviniana Scop[3].
- (Cunoniaceae) Weinmannia riviniana Engl[4].
- (Cunoniaceae) Windmannia riviniana Kuntze[5]
- (Sapotaceae) Lucuma riviniana Steud[6].
- (Violaceae) Viola riviniana Rchb.: unha especie de violeta[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jahn, Ilse; Löther, Rolf; Senglaub, Konrad (1990). Historia de la biología (en castelán). Barcelona: Labor. pp. 157, 239. ISBN 84-335-5744-0.
- ↑ Nomencl. Bot. [Steudel], ed. 2. 1: 166. 1840 (IK)
- ↑ Fl. Carniol., ed. 2. 1: 193. 1771 (IK)
- ↑ Linnaea 36: 635, sphalm. 1870 (IK)
- ↑ Revis. Gen. Pl. 1: 228. 1891 (IK)
- ↑ Nomencl. Bot. [Steudel], ed. 2. i. 13, sphalm. (IK)
- ↑ Iconographia Botanica seu Plantae Criticae 1 1823 (APNI)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Augustus Quirinus Rivinus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Koelbing, Huldrych M. (1970). «Bachmann, Augustus Quirinus». 1. Nova York: Charles Scribner's Sons.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Augustus Quirinus Rivinus». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).