Saltar ao contido

Asemblea Constituínte Rusa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio Táuride, sede da Asemblea.

A Asemblea Constituínte Panrusa (ruso: Всероссийское Учредительное собрание, Vserossíyskoie Uchredítelnoie sobrániie) foi un corpo constitucional democraticamente elixido, que se constituíu en Rusia logo da Revolución de Outubro de 1917.

Malia as promesas do Goberno Provisional Ruso, os preparativos para as eleccións foron lentos e as datas para as votacións atrasáronse en varias ocasións. Para cando finalmente estas tiveron lugar, o Goberno provisional fora derrocado polos bolxeviques.

Reuniuse ao longo de 13 horas, desde as 4 da tarde do 5 de xaneiro ata as 4 da mañá do 6 de xaneiroxul./ 19 de xaneiro de 1918greg., e foi elixida e disolta polo Goberno bolxevique, é dicir, o Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom.

Domingo Sanguento, 1905.

A convocatoria dunha Asemblea Constituínte elixida democraticamente que redactase unha Constitución e a forma de goberno do país foi unha das principais esixencias de todos os partidos liberais e socialistas durante a anterior Revolución rusa de 1905.[1] Logo desta revolución, o réxime tsarista decidiu garantir as liberdades civís básicas e convocar eleccións para o novo corpo lexislativo creado en 1906, a Duma estatal. A Duma, con todo, non estaba autorizada para redactar unha nova Constitución, e moito menos para abolir a monarquía. Ademais, os poderes da Duma caeron en mans dos Demócratas Constitucionais (KD ou kadetes) e non nas dos socialistas marxistas. O Goberno disolveu a Duma por un acordo legal en xullo de 1906, logo dunhas novas eleccións en 1907. A lei de eleccións final, escrita polo Goberno logo da segunda disolución o 3 de xuño de 1907, favoreceu ás clases privilexiadas e restrinxiu o sufraxio dos pobres e as clases traballadoras. Pouco puido facer a Duma logo de 1907, que repetidas veces foi vetada polo tsar Nicolao II ou pola Cámara alta do Parlamento ruso. A Duma non puido debater a formación dunha Asemblea Constituínte que sería elixida por sufraxio universal continuaban sen debaterse.

Resultado das eleccións

[editar | editar a fonte]

Tras sucesivos atrasos e celebrándose ao longo de varios meses[2] (aínda que as votacións principais tiveron lugar entre o 12 de novembroxul./ 25 de novembro de 1917greg. e o 14 de novembroxul./ 27 de novembro de 1917greg.), as eleccións á Asemblea resultaron nunha gran vitoria para os socialrevolucionarios. Obtiveron unha maioría tanto dos votos dos electores como de escanos, mentres que os bolxeviques lograron pouco menos dun cuarto dos sufraxios.[3] Aínda que non se chegaron a coñecer os datos completos da elección, os socialrevolucionarios conseguiron arredor de 440 escanos dos 800 teóricos e dos arredor de 700 elixidos finalmente.

Os bolxeviques dubidaron sobre a conveniencia de levar a cabo as votacións unha vez no poder e Lenin[4] defendera con vehemencia a conveniencia de pospoñelas.[5] Habendo criticado duramente a Goberno provisional polos continuos atrasos, a maioría dos dirixentes bolxeviques mostrouse favorable, polo contrario, a manter a data prevista para as eleccións.[4][5] Aínda así, o partido suscitouse xa antes das votacións a disolución pola forza da Asemblea si esta acababa opoñéndose ao Goberno soviético.[5]

Cos datos recollidos nos sucesivos estudos dos resultados parciais, a elección da Asemblea Constituínte deu os seguintes resultados:

Partido Votos Número de deputados
Socialistas Revolucionarios (esery) 17 100 000 380
Bolxeviques 9 800 000 168
Menxeviques 1 360 000 18
Demócratas Constitucionais (kadetes) 2 000 000 17
Minorías 77
Social-Revolucionarios de esquerda 39
Socialistas Populares (enesy) 4
Total: 41 700 000 703[6]

Porén, debido ao tamaño do país, o transcurso da primeira guerra mundial e a deterioración do sistema de comunicacións, o resultado non estivo totalmente dispoñible a tempo. O primeiro reconto parcial (54 constituíntes de 79) foi publicado polo socialrevolucionario N.V. Svyatitsky[7] Os datos de Svyatitsky son polo xeral aceptados por todos os partidos políticos, incluíndo os bolxeviques,[5][8] e é como segue:

Partido Ideoloxía Votos
Socialistas Revolucionarios rusos Socialistas 16 500 000
Bolxeviques Socialistas 9 023 963
Ucraínos, Musulmáns, e outros Socialistas Revolucionarios non-rusos Socialistas 4 400 000
Demócratas Constitucionais (kadetes) Liberais 1 856 639
Menxeviques Socialistas 668 064
Musulmáns Relixiosos 576 000
Bund Xudeu Socialistas 550 000
Socialistas Ucraínos Socialdemócrata 507 000
Socialistas Populares (enesy) Socialdemócrata 312 000
Outros grupos de dereita Dereitista 292 000
Asociación de Propietarios Rurais e Donos da Terra Dereitista 215 000
Bashkirios Étnicos 195 000
Polacos Étnicos 155 000
Alemáns Étnicos 130 000
Socialdemócratas Ucraínos Socialdemócrata 95 000
Cosacos Étnicos 79 000
Antigos Crentes Relixioso 73 000
Letóns Étnicos 67 000
Cooperantes Socialdemócrata 51 000
Socialistas Alemáns Socialdemócrata 44 000
Yedinstvo Socialdemócrata 25 000
Socialistas Fineses Socialdemócrata 14 000
Bielorrusos Étnicos 12 000
Total: 35 333 666
  1. Wade (2000), p. 277
  2. Radkey (1990), p. 5
  3. Radkey (1990), p. 16
  4. 4,0 4,1 Wade (2000), p. 278
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Chamberlin (1976), p. 365
  6. Ver Oliver H. Radkey. Russia Goes to the Polls: The Election to the All-Russian Constituent Assembly, 1917 (en galego, Rusia vai ás Urnas: A Elección da Asemblea Constituínte de Todas as Rusias, 1917), Ithaca, Cornell University Press, 1989, ISBN 0-8014-2360-0 xxvi, 171 p.
  7. “Os anos da Revolución Rusa. 1917-18”, Moscova, Zemlyá i Volya Publishers, 1918.
  8. Ver V. I. Lenin. Las Elecciones a la Asamblea Constituyente y la Dictadura del Proletariado, decembro de 1919, Obras completas, Volume 30, páxinas 253-275 Progress Publishers, 1965. Dispoñible en online

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]