Saltar ao contido

Estragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Artemisia dracunculus»)

O estragón[1] (Artemisia dracunculus) é unha planta da familia das asteráceas, atopando certa familiaridade co asente (Artemisia absinthium). No sur de Europa atópase brava, mais nos países do norte de Europa cultívase dándoselle ás diferentes variedades os nomes dos diferentes países. Deste xeito tense a variedade xermánica, francesa, rusa etc (difiren só no recendo e no sabor). A planta chega a acadar os 60 ou 120 cm. A orixe da planta non está moi clara, mais apúntase a Asia central e probabelmente Siberia, descoñecéndose a introdución desta planta en Europa.

Estragol
Ilustración
Inflorescencia

Na Idade Media coñecíase esta planta nalgúns coma tragonia e tarchon (posibelmente pola súa orixe grego: ταρχων, targhón), sendo a crenza xeral que proviña da lingua árabe cuxo nome é tarkhun (طرخون). Esta pode ser a orixe etimolóxica da verba en galego estragón (estragão en portugués). No edicto de Carlomagno Capitulare de villis aparece mencionada unha herba denominada dragantea mais non queda claro que sexa o estragón.

O estragón emprégase en case todas as cociñas europeas, usándose só as follas, que deben ser frescas, acabadas de cortar, xa que as secas teñen un recendo moi feble. Cómpre non confundir este estragón co estragón mexicano moi empregado na elaboración do mole verde.

O auténtico recendo do estragón é lixeiramente anisado e aparece frecuentemente nas gastronomías do norte e leste de Europa. Na cociña francesa aparece coma un dos condimentos das mesturas de herbas:

É un dos condimentos máis importantes do sonado mollo béarnaise.

Na cociña alemá aparece como acompañamento de mollos, como por exemplo a maionesa e nos vinagres aromatizados (neste caso engádense alcaparras).

Ten accións eupépticas, carminativas e emenagogas. Úsase en dixestións pesadas, regulación dos períodos menstruais, en meteorismo, hipo, anorexia e inapetencia alimentaria.

A raíz tamén foi utilizada de forma tópica en trabadelas de cans e serpes. E as follas frescas teñen uso en dores artríticas e prevención de accidentes vasculares. Atópase en forma de diferentes preparados para a administración como cataplasmas, baños para pés e mans en dores artríticas, arrodeado de gasas para a dor de moas e infusións.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Artemisia dracunculus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 849. 1753.[2]

Etimoloxía

Hai dúas teorías na etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Artemisa, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes curativas, especialmente da gravidezs e os paristallos. Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou logo da muerte do soberán. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e en medicina.[3]

dracunculus: epíteto latino que significa "pequeno dragón".[4]

Variedades
Sinonimia
  • Achillea dracunculus Hort. ex Steud.
  • Artemisia changaica Krasch
  • Artemisia glauca var. cernua (Nutt.) Bush
  • Artemisia glauca var. dracunculoides Bush
  • Artemisia glauca var. magacephala B.Boivin
  • Artemisia inodora Willd.
  • Artemisia redowskyi Ledeb.
  • Draconia dracunculus (L.) Soják
  • Oligosporus dracunculus subsp. dracunculinus (S.Watson) W.A.Weber
  • Oligosporus dracunculus subsp. glauca (Pall. ex Willd.) Á.Löve & D.Löve[5]
  1. Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999; Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. "Estragón". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de novembro de 2012. 
  3. en Flora de Canarias
  4. en Epítetos Botánicos
  5. Artemisia dracunculus en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  2. Cronquist, A. J. 1994. Asterales. 5: 1–496. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  3. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  4. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  5. Gleason, H. A. 1968. The Sympetalous Dicotyledoneae. vol. 3. 596 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  6. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  7. Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
  8. Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  9. Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Compositae. Part V.: 1–343. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  10. Hultén, E. 1968. Fl. Alaska i–xxi, 1–1008. Stanford University Press, Stanford.
  11. Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i–xii, 1–687. University of Toronto Press, Toronto.
  12. Munz, P. A. 1974. Fl. S. Calif. 1–1086. University of California Press, Berkeley.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]