Saltar ao contido

Almirante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Divisas de almirante da Armada Española.

Almirante[1][2] é un grao militar da mariña de guerra que equivale ao de xeneral.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra «almirante» vén do árabe amir ('comandante'), á que se lle engade al-bahr ('do mar'). Parece que foron os sicilianos, na encrucillada entre o mundo musulmán e cristián, os que uniron os dous termos para quedar en almirante. A primeira dignidade de almirante créase por san Fernando e dicíase almirante de Castela homólogo de «almirante de Aragón». Despois Afonso X revestiuna de maior poder e atribucións.[3] No século XIII noméase primeiro almirante de Castela a D. Ramón de Bonifaz.

Partidas (L. 3, tit. 24, p. 2). Almirante es dicho el que es caudillo de todos los que van en los navíos, para fazer guerra sobre mar: é ha tan gran poder quando vá en flota, que es asimismo hueste mayor, o otro armamiento menor, que se faze en lugar de cavalgada, como si el mesmo rey hi fuese.
Partidas (L. 3, tit. 24, p. 2). Almirante é dito o que é caudillo de todos os que van nos navíos, para facer guerra sobre mar: é a tan gran poder cando vai en frota, que é asemade tropa maior, ou outro armamento menor, que se fai en lugar de cavalgada, como se o mesmo rei alí fose

En España, Fernando III foi quen creou esta dignidade e despois Afonso X o Sabio revestiuna con maior poder e atribucións.[3] Ao principio nomeáronse dous almirantes, un de Castela e outro de Andalucía: o primeiro tiña ao seu cargo a armada de navíos mancos ou soamente veleros e sen remos e gozaba de toda a xurisdición nas costas de Castela, Asturias e Galicia. O segundo era igualmente capitán xeneral das galeras como doutros navíos de remo e exercía a súa xurisdición en toda a extensión das costas de Andalucía e Murcia. Permaneceron ambos ata o tempo de Fernando IV segundo uns ou de Afonso XI segundo outros e despois quedaron reducidos a un só. Houbo moitos almirantes que só gozaron o honorífico do emprego e o último foi Juan Tomás Enríquez de Cabrera y Ponce de León, que faleceu o 20 de xuño de 1705.[4]

Restabeleceu esta dignidade Filipe V en favor do seu fillo o infante Filipe, pero non podendo este desempeñala por acharse ausente nos estados de Parma, Plasencia e Guastalla, declarou Fernando VI que deixaba de provela por entón e permaneceu suspensa efectivamente ata que en real cédula de 7 de febreiro de 1807 serviuse conferila Carlos IV a Manuel Godoy. Non estivo en pé por espazo de moito tempo; pero Fernando VII volveu resucitala en decreto de 25 de xullo de 1814 a favor do seu tío o infante Antonio Pascual de Borbón e mediante outro decreto de 22 de decembro de 1818 decidiu suprimila.[4]

En sentido amplo, é o termo empregado para designar os oficiais xenerais na maioría das armadas. En sentido estrito, é o emprego equivalente ao de tenente xeneral dos Exércitos de Terra e Aire.

Durante a segunda guerra mundial, en Alemaña, existían os graos de almirante xeneral (Generaladmiral) e de grande almirante (Grossadmiral).

Os graos son, de menor a maior:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para almirante.
  2. Entrada de "almirante" no Digalego.gal
  3. 3,0 3,1 Diccionario popular ilustrado Salvat (1906–1914).
  4. 4,0 4,1 Escriche, Joaquín, Diccionario razonado de legislación y jurisprudencia, 1847.