Saltar ao contido

Agullana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAgullana
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°23′38″N 2°50′48″L / 42.393783, 2.846678
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaAlt Empordà Editar o valor en Wikidata
CapitalAgullana Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación923 (2023) Editar o valor en Wikidata (33,32 hab./km²)
Número de fogares34 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie27,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Llobregat d'Empordà Editar o valor en Wikidata
Altitude166 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Agullana (en) Traducir Editar o valor en WikidataJosep Jovell Pujulà (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17707 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17001 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170010 Editar o valor en Wikidata

Sitio webagullana.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450670

Agullana é un concello catalá situado na comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Segundo o INE, no 2013, o concello tiña 853 habitantes e, en 2023, 923.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O pobo, situado na confluencia do río Guilla, está a 5 quilómetros da Jonquera e a 24 quilómetros de Figueres. O termo municipal de Agullana limita coas comarcas de Vallespir, a Jonquera, Capmany, Darnius e o Vajol. O territorio de Agullana esténdese pola zona occidental da serra do Albera. Na parte norte hai sobreirais e aciñeirais, con presenza de castiñeiros nas zonas de máis altura.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Entidade de poboación Poboación
(2011)
Agullana 761
L'Estrada 78
Praza Maior e Casa Estela

O concello de Agullana foi ocupado dende os tempos da Prehistoria. Nel existen catro monumentos megalíticos: dous dolmens e dous menhires.

A primeira referencia documental de Agullana atópase no ano 1019, co nome de Aguliana, nun documento no que o bispo Pere Rotger cede a Ecclesiam Sanctae Mariae de Aguliana na Canónica de Xirona.

Agullana formou parte dos dominios do vizcondado de Rocabertí. A mediados do século XVIII comezou a desenvolverse a industria da cortiza. No momento de máximo esplendor, a principios do século XX, a vila tiña 40 fábricas que se dedicaban a esta industria das que hoxe só queda unha.

  1. "Girona: Población por municipios y sexo.". ine.es (en castelán). 2024. Consultado o 9 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]