Agnes Moorehead
Agnes Robertson Moorehead, nada en Clinton (Massachusetts) o 6 de decembro de 1900 e finada en Rochester (Minnesota) o 30 de abril de 1974, foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moorehead sentiuse atraída pola interpretación desde que era pequena e tras graduarse e traballar como mestra, entrou na American Academy of Dramatic Arts, da que se graduou con honores en 1929. Inicialmente a súa carreira foi amodo, atopando pequenos traballos no teatro e na radio. A actriz Helen Hayes suxeriulle que probase o cinema, pero os primeiros intentos non foron ben e volveu á radio.
Logo de coñecer a Orson Welles converteuse nunha das principais actrices do Mercury Theatre xunto con Joseph Cotten. Igual que outros membros do grupo debutou no cinema en Cidadán Kane (1941). A mediados da década de 1940 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, interpretando papeis secundarios mentres seguía en Broadway e na radio.
O seu primeiro traballo na televisión foi en 1959 na serie The Rebel. Porén, a súa personaxe máis lembrada neste medio foi a de Endora, a excéntrica nai da bruxa Samantha en Bewitched, que interpretou entre 1964 e 1972, polo que foi seis veces candidata aos premios Emmy.
Moorehead finou de cancro de útero en 1974.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1941 | Cidadán Kane |
1942 | A magnificencia dos Amberson |
The Big Street | |
1943 | Journey into Fear |
The Youngest Profession | |
Government Girl | |
1944 | Jane Eyre |
Since You Went Away | |
Dragon Seed | |
The Seventh Cross | |
Mrs. Parkington | |
Tomorrow, the World | |
1945 | Keep Your Powder Dry |
Our Vines Have Tender Grapes | |
Her Highness and the Bellboy | |
1947 | Dark Passage |
The Lost Moment | |
1948 | Summer Holiday |
The Woman in White | |
Station West | |
Johnny Belinda | |
1949 | The Stratton Story |
The Great Sinner | |
Without Honor | |
1950 | Caged |
Captain Blackjack | |
1951 | Fourteen Hours |
Adventures of Captain Fabian | |
Show Boat | |
The Blue Veil | |
1952 | The Blazing Forest |
1953 | The Story of Three Loves |
Scandal at Scourie | |
Main Street to Broadway | |
Those Redheads From Seattle | |
1954 | Magnificent Obsession |
1955 | Untamed |
All That Heaven Allows | |
The Left Hand of God | |
1956 | The Conqueror |
Meet Me in Las Vegas | |
The Swan | |
The Revolt of Mamie Stover | |
The Pardners | |
The Opposite Sex | |
1957 | The True Story of Jesse James |
Jeanne Eagels | |
O condado de Raintree | |
The Story of Mankind | |
1958 | The Tempest |
1959 | Night of the Quarter Moon |
The Bat | |
1960 | Pollyanna |
1961 | Twenty Plus Two |
Bachelor in Paradise | |
1962 | Jessica |
A conquista do Oeste | |
1963 | Who's Minding the Store? |
1964 | Hush… Hush, Sweet Charlotte |
1966 | The Singing Nun |
1969 | The Ballad of Andy Crocker |
1971 | ¿Que lle pasa a Helen? |
1972 | Drop Dead Delilah |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agnes Moorehead |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kear, Lynn (1992). Greenwood Press, ed. Agnes Moorehead: a Bio-Bibliography. Westport, Connecticut. ISBN 0-313-28155-6.
- Sherk, Warren (1976). Dorrance, ed. Agnes Moorehead: A Very Private Person. Filadelfia. ISBN 0-8059-2317-9.
- Tranberg, Charles (2005). BearManor Media, ed. I Love the Illusion: The Life And Career of Agnes Moorehead. Albany, Georgia. ISBN 1-59393-029-1.
- Benedetti, Quint (2010). Xlibris, ed. (My Travels with) Agnes Moorehead-The Lavender Lady. Bloomington, Indiana. ISBN 978-1-4500-3408-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Agnes Moorehead na IMDb (en inglés).
- Documentos
- Entrevista co seu biógrafo Charles Tranberg Arquivado 13 de xullo de 2021 en Wayback Machine.
- Suspense 15 de febreriro de 1951 Agnes Moorehead – The Death Parade.
- The CBS Radio Mystery Theater 1974-01-06 The Old Ones Are Hard To Kill con Agnes Moorehead.
- Actores de Massachusetts
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Nados no condado de Worcester, Massachusetts
- Nados en 1900
- Finados en 1974
- Estadounidenses de ascendencia inglesa