Acento grave
` |
---|
Acento grave |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
O acento grave (`) é un signo diacrítico consistente nunha pequena raia que baixa de esquerda a dereita colocada sobre unha vogal ou unha consoante. O acento grave non se utiliza na norma oficial do galego.
Uso en galego
[editar | editar a fonte]- En textos galegos tan só aparece nalgunhas palabras estranxeiras non adaptadas en galego (déjà vu) ou en nomes propios doutras linguas (Mercè Rododera).
Usos noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Emprégase para indicar a apertura dunha vogal, como en catalán ou francés.
- Sinala as vogais longas en galés e en gaélico.
- Indica a sílaba tónica en italiano.
- Indica o ton en vietnamita e na transcrición Pinyin do chinés mandarín.
- En catalán, francés e italiano emprégase para distinguir certas palabras homónimas.