ASUS
ASUS | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa, empresa tecnolóxica e marca comercial |
Data de fundación | 1 de abril de 1989 |
Nomeado en referencia a | Pegaso |
Nº de empregados | 5.831 (2019) |
Organización subsidiaria | ASMedia, PEGATRON e AAEON |
Sede | Taipei |
País | Taiwán |
Na rede | |
https://www.asus.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ASUSTeK Computer Inc., coñecida como ASUS, é unha compañía con sede en Taiwán dedicada á produción de placas base, cartóns gráficos, dispositivos ópticos, PDA, computadores portátiles, produtos hardware para a xestión de redes, teléfonos móbiles, caixas de computadora, e sistemas de refrixeración para computadores.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Creada por TH Tung, Ted Hsu, Wayne Hsieh e MT Liao -os catro foron enxeñeiros informáticos da firma Acer. O executivo en 2012 e presidente de ASUS, Jonney Shih, uniuse á compañía no ano 1994. Segundo o director de vendas de ASUS Alexander Kim, o nome ASUS ten a súa orixe na acepción inglesa Pegasus, que fai referencia ao cabalo alado da mitoloxía grega. O primeiras tres letras da palabra foron suprimidas para dar ao nome resultante unha posición preferente en listas ordenadas alfabeticamente.
En 2004, ASUS anunciou vender máis placas base que a suma das vendas das outras tres compañías líderes do sector, alcanzando os 30 millóns. Estas cifras, que inclúen contratos con firmas como Gigabyte Technology e MSI, contabilizábanse en 104,86 millóns de unidades. ASUS achegou con preto de 52 millóns de unidades, seguida por ECS con 20 millóns, MSI con 18 millóns e Gigabyte con 16.6 millóns. MSI revisou á alza os seus pedidos dos 16.7 millóns de unidades estimados inicialmente aos 18 millóns, segundo a compañía.
ASUS tamén produce compoñentes para outras compañías, entre as que se inclúen Sony (PlayStation 2), Apple Computer (iPod, iPod Shuffle, MacBook), Alienware, Falcon Northwest, HP e Compaq.
As súas accións cotízanse na Bolsa de Londres e na Bolsa de Taiwán.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)