Asociación de Nacións do Sueste Asiático
Asociación de Nacións do Sueste Asiático | |
---|---|
Acrónimo | ASEAN, အာစီယံ, АСЕАН, アセアン, 东盟, 東協, 亚细安, 東盟, 東盟, 東盟, אסיאן, 아세안, ANASE, АСЕАН, ΕΧΝΑ, آسهآن, أسيان, ஆசியான், ఆసియాన్, آسیان, អាស៊ាន, ອາຊຽນ, ආසියාන්, ਆਸੀਆਨ, АСЕАН, АСЕАН e ANASO |
Tipo | organización intergobernamental, grupo xeopolítico, organización rexional e Confederación |
Área de operación | Sueste asiático, Asia Oriental e Asia Meridional |
Data de fundación | 8 de agosto de 1967 |
Fundador(es) | Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur, Tailandia, Taiwán, Myanmar, Laos, Brunei, Camboxa, Corea do Norte, Corea do Sur, Xapón, India, Sri Lanka, Bangladesh, Nepal, Bután, Paquistán e Afganistán |
Nº de membros | 20 (2024) |
Organización subsidiaria | ASEANstats |
Premios | Prêmio Ramon Magsaysay |
Sede | South Jakarta |
Enderezo | 70A Jalan Sisingamangaraja, Jakarta 12110 |
Na rede | |
https://asean.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (inglés: Association of Southeast Asian Nations ou ASEAN)[n. 1] é unha organización intergobernamental de estados do sueste asiático creada o 8 de agosto de 1967 por cinco países: Tailandia, Indonesia, Malaisia, Singapur e Filipinas, co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os estados membros. Na actualidade está integrada por 10 países da rexión do sueste asiático; xa que os cinco primeiros posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.
- De acordo co diario dixital Expansión (Datos Macro), habítana uns 646 millóns de persoas e o seu PIB anual é de 2,45 billóns de euros,[4] aínda que outras fontes apuntan a un PIB de 5,7 billóns de dólares.[5]
Os principais obxectivos da ASEAN son: acelerar o crecemento económico e fomentar a paz e a estabilidade rexional. A ASEAN estableceu un foro conxunto con Xapón, sostén un acordo de cooperación coa Unión Europea (UE), e iniciou conversacións para a cooperación comercial oficial con Unión Económica Euroasiática (UEE).[6] A súa sede principal atópase en Iacarta.
A ASEAN tamén se relaciona regularmente con outros países da rexión Asia-Pacífico e de fóra dela. Como socio principal da Organización de Cooperación de Shanghái, a ASEAN mantén unha rede global de alianzas e socios de diálogo e é considerada por moitos como unha potencia mundial,[7][8] a unión central para a cooperación en Asia-Pacífico, e unha organización prominente e influente. Participa en numerosos asuntos internacionais e alberga misións diplomáticas en todo o mundo.[9][10][11][12]
En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]A antecesora da ASEAN foi a Asociación do Sueste Asiático (ASA), constituída o 31 de xullo de 1961 e integrada por Tailandia, Filipinas e a Federación Malaia.[13][14] A ASEAN creouse o 8 de agosto de 1967, cando os ministros de asuntos exteriores de cinco países -Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia- asinaron a Declaración da ASEAN.[15] Tal e como se recolle na declaración, os obxectivos e propósitos da ASEAN son acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural da rexión, promover a paz rexional, a colaboración e a asistencia mutua en asuntos de interese común, prestarse asistencia mutua en forma de servizos de formación e investigación, colaborar para unha mellor utilización da agricultura e a industria co fin de elevar o nivel de vida da poboación, promover os «Estudos sobre o Sueste Asiático» e manter unha cooperación estreita e beneficiosa coas organizacións internacionais existentes con obxectivos e propósitos similares.[16][17]
A creación da ASEAN estivo motivada inicialmente polo o desexo de conter o comunismo,[18][19] que se afianzou en Asia continental tras a segunda guerra mundial, coa formación de gobernos comunistas en Corea, China e Vietnam, acompañada da chamada "emerxencia" comunista na Malaisia británica, e de disturbios nas recentemente descolonizadas Filipinas.
Estes acontecementos tamén alentaron a formación previa da Organización do Tratado do Sueste Asiático (SEATO), liderada polos Estados Unidos, Reino Unido e Australia, con varios socios do sueste asiático en 1954 como unha extensión da política de "contención", que buscaba crear unha versión oriental da OTAN.[20] Con todo, os Estados membros locais do grupo ASEAN lograron unha maior cohesión a mediados da década de 1970, tras un cambio no equilibrio de poder despois da caída de Saigón e o final da guerra de Vietnam en abril de 1975 e o declive da SEATO.
O primeiro cume da ASEAN, celebrada en Balí, Indonesia, en 1976, deu lugar a un acordo sobre varios proxectos industriais e á firma dun Tratado de Amizade e Cooperación, e unha Declaración de Concordia. O final da guerra fría permitiu aos países da ASEAN exercer unha maior independencia política na rexión, e na década de 1990, a ASEAN xurdiu como unha voz líder en comercio rexional e cuestións de seguridade.[21]
O 15 de decembro de 1995 asinouse o Tratado sobre a Zona Libre de Armas Nucleares do Sueste Asiático para converter o sueste asiático nunha zona libre de armas nucleares. O tratado entrou en vigor o 28 de marzo de 1997, tras a súa ratificación por todos os Estados membros menos un. Entrou plenamente en vigor o 21 de xuño de 2001, despois de que Filipinas o ratificase, prohibindo de feito todas as armas nucleares na rexión.[22]
Expansión
[editar | editar a fonte]O 7 de xaneiro de 1984, Brunei converteuse no sexto membro da ASEAN[23] e o 28 de xullo de 1995, Vietnam uniuse como o sétimo.[24] Laos e Myanmar uníronse dous anos despois, o 23 de xullo de 1997.[25] Camboxa ía incorporarse ao mesmo tempo que Laos e Myanmar, mais unha loita política interna retardou o seu ingreso ata o 30 de abril de 1999 trala estabilización do seu goberno.[25][26]
En 2006, a ASEAN recibiu o status de observador na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.[27] Como resposta, a organización outorgou o status de "socio de diálogo" á ONU.[28]
O 15 de decembro de 2008, os estados membro reuníronse en Iacarta para lanzar unha carta, asinada en novembro de 2007, para achegarse a "unha comunidade ao estilo da Unión Europea".[29]
Puntos en común
[editar | editar a fonte]Ademais da súa gran proximidade xeográfica, os politologos consideran que as nacións do Sueste asiático son unha encrucillada cultural entre a Asia Oriental e a Asia Meridional, situadas en puntos críticos do mar da China Meridional así como do océano Índico, e como resultado recibiron moita influencia das influencias islámica e persa antes das épocas coloniais de Europa.[30][31]
Desde aproximadamente o ano 100 a.C., o arquipélago do Sueste Asiático ocupaba unha posición central na encrucillada das rotas comerciais do océano Índico e do mar da China Meridional, o que estimulou a economía e a afluencia de ideas.[32] Isto incluíu a introdución dos alfasilabarios no sueste Asiático, así como a escrita chinesa en Vietnam. Ademais de varias escrituras indíxenas, diversas escrituras bráhmicas estaban moi estendidas tanto no sueste Asiático continental como no insular. Historicamente, escrituras como a pallava, a kawi (da antiga escritura támil) e a rencong ou a surat ulu utilizáronse para escribir o malaio antigo, ata que foron substituídas polo jawi durante as misións islámicas no arquipélago malaio. [33]
Obxectivos
[editar | editar a fonte]Tal e como se recolle na Declaración da ASEAN, a finalidade e obxectivos da asociación son:[34][35]
- Acelerar o crecemento económico, o progreso social e o desenvolvemento cultural na rexión.
- Promover a paz rexional e a estabilidade.
- Promover a colaboración e a axuda mutua en asuntos de interese común.
- Proporcionarse axuda uns aos outros en forma de facilidades de investigación e formación.
- Colaborar para un mellor emprego da agricultura e a industria para aumentar o nivel de vida das persoas.
- Promover estudos do Sueste Asiático.
- Manter unha cooperación próxima e beneficiosa con organizacións internacionais con finalidades e obxectivos semellantes.[36]
Estados membros
[editar | editar a fonte]Membros fundadores:
Membros adheridos con posterioridade:
País | Capital | Superficie (en km²) | Poboación (2015) | Densidade | |
---|---|---|---|---|---|
Brunei | Bandar Seri Begawan | 5 765 | 429 646[37] | 74,52 hab/km² | |
Camboxa | Phnom Penh | 181 035 | 15 708 756[38] | 86,77 hab/km² | |
Indonesia | Iacarta | 1 904 569 | 255 993 674[39] | 134,41 hab/km² | |
Laos | Vientiane | 236 800 | 6 911 544[40] | 29,18 hab/km² | |
Malaisia | Kuala Lumpur | 329 847 | 30 513 848[41] | 92,50 hab/km² | |
Myanmar | Naypyidaw | 676 578 | 56 320 206[42] | 83,24 hab/km² | |
Filipinas | Manila | 300 000 | 100 998 376[43] | 336,66 hab/km² | |
Singapur | Singapur | 707,1 | 5 674 472[44] | 8 024,99 hab/km² | |
Tailandia | Bangkok | 513 115 | 67 976 405[45] | 132,47 hab/km² | |
Vietnam | Hanoi | 331 690 | 94 348 835[46] | 284,44 hab/km² |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dise /ˈɑːsiɑːn/[1] ou /ˈɑːziɑːn/ en inglés.[2][3]
- Referencias
- ↑ "How do you say ASEAN?". Voice of America Pronunciation Guide. VOA. Arquivado dende o orixinal o 2020-07-26. Consultado o 18 de decembro do 2023.
- ↑ "NLS/BPH: Other Writings, The ABC Book, A Pronunciation Guide". 8 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-12. Consultado o 18 de decembro do 2023.
- ↑ Asean.org Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine., ASEAN-10: Meeting the Challenges, by Termsak Chalermpalanupap, Asean.org Arquivado 11 de maio de 2011 en Wayback Machine., ASEAN Secretariat official website. Retrieved 27 June 2008.
- ↑ "ANSA - Asociación de Naciones del Sudeste Asiático 2018". datosmacro.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro do 2023.
- ↑ La Asociación de Naciones del Sudeste Asiático crea una zona bancaria libre
- ↑ "Customs Union could start official trade cooperation with ASEAN - EEC (Unión aduanera podría comenzar cooperación comercial oficial con la ASEAN - Comisión Económica Euroasiática)" (en inglés). Interfax. 1 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro do 2023.
- ↑ "ASEAN may have 10 nations but it should only have one visa". Foro Económico Mundial. Arquivado dende org/agenda/2016/06/asean-one-visa-travel-destination/ o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 25 de xuño de 2019. Consultado o 18 de decembro do 2023. - ↑ org/web/20200424002421/https://www.theaustralian.com.au/business/opinion/asean-bloc-must-be-tapped/news-story/59d00e4f65a6084f4be157ee95da3534 "El bloque de la ASEAN debe ser aprovechado"
|archive-url=
incorrecto (Axuda). www.theaustralian.com.au. Arquivado dende theaustralian.com.au/business/opinion/asean-bloc-must-be-tapped/news-story/59d00e4f65a6084f4be157ee95da3534 o orixinal|url=
incorrecto (Axuda) o 24 de abril de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2023. - ↑ "Asociación de Naciones del Sudeste Asiático (ASEAN), Tratados y regímenes, NTI". www.nti.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 18 de decembro do 2023.
- ↑ "Asociación ASEAN-ONU". Mecanismo de Coordinación Regional de Asia-Pacífico. 20 de decembro de 2016. Arquivado dende org/asean-un-partnership o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 12 de outubro de 2018. Consultado o 18 de decembro do 2023. - ↑ "Una visión general de la cooperación entre la ASEAN y las Naciones Unidas - ASEAN - UNA VISIÓN UNA IDENTIDAD UNA COMUNIDAD". Arquivado dende static_post=background-overview-united-nations o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 18 de decembro do 2023. - ↑ "Organizaciones intergubernamentales". www.un.org. Arquivado dende un.org/es/sections/member-states/intergovernmental-organizations/index.html o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 23 de maio de 2017. Consultado o 18 de decembro do 2023. - ↑ Tarling, Nicholas (1999). The Cambridge History of Southeast Asia: Volume 2, Part 2, From World War II to the Present (en inglés). Cambridge University Press. p. 287. ISBN 978-0-521-66372-4. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ Ooi, Keat Gin (2004). Southeast Asia: A Historical Encyclopedia, from Angkor Wat to East Timor (en inglés). ABC-CLIO. p. 186. ISBN 978-1-57607-770-2. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ Liow, Joseph; Leifer, Michael (20 November 2014). Dictionary of the Modern Politics of Southeast Asia (en inglés). Routledge. pp. 82–85. ISBN 978-1-317-62233-8. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ "The Asean Declaration (Bangkok Declaration) Bangkok, 8 August 1967". ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ "Overview". asean.org. ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ "What Is ASEAN?". Council on Foreign Relations (en inglés). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Historical Overview of ASEAN" (PDF).
- ↑ Bernard Eccleston; Michael Dawson; Deborah J. McNamara (1998). The Asia-Pacific Profile. Routledge (UK). ISBN 978-0-415-17279-0. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 19 de decembro do 2023.
- ↑ Moon, C. (2014). ASEAN. Encyclopædia Britannica
- ↑ Bangkok Treaty (in alphabetical order) At UNODA United Nations. Consultado o 19 de decembro do 2023. Arquivado 2011-07-28 en Wayback Machine.
- ↑ "Background Note:Brunei Darussalam/Profile:/Foreign Relations". US State Department. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2007.
- ↑ "Vietnam in ASEAN : Toward Cooperation for Mutual Benefits". ASEAN Secretariat. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009.
- ↑ 25,0 25,1 Carolyn L. Gates; Mya Than (2001). ASEAN Enlargement: impacts and implications. Institute of Southeast Asian Studies. ISBN 978-981-230-081-2.
- ↑ "Statement by the Secretary-General of ASEAN Welcoming the Kingdom of Cambodia as the Tenth Member State of ASEAN: 30 April 1999, ASEAN Secretariat". ASEAN Secretariat. 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2009.
- ↑ RP resolution for observer status in UN assembly OK'd, Philippine Daily Inquirer, 13 de marzo de 2007. Arquivado 26 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ "Philippines to Represent ASEAN in UN Meetings in NY, Geneva". Yahoo! News. 7 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 13 de marzo de 2007.
- ↑ "'Momentous' day for ASEAN as charter comes into force". Agence France-Presse. 15 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2008.
- ↑ Reid, Anthony (2015-03-03). A History of Southeast Asia: Critical Crossroads (en inglés). John Wiley & Sons. p. 13. ISBN 978-1-118-51293-7. Consultado o 23 de decembro do 2023.
- ↑ Muhammad Ismail Marcinkowski. "Persian Religious and Cultural Influences in Siam/Thailand and Maritime Southeast Asia in Historical Perspective: A Plea for a Concerted Interdisciplinary Approach" (PDF). Thesiamsociety.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2020. Consultado o 23 de decembro do 2023.
- ↑ Reid, Anthony (febreiro de 1990). "An 'Age of Commerce' in Southeast Asian History". Modern Asian Studies (en inglés) 24 (1). pp. 1–30. ISSN 1469-8099. doi:10.1017/S0026749X00001153.
- ↑ Fadeli, Muhammad Al-Amin Mohd; et al. (2019). Malay History & Culture – vía Academia.
- ↑ ASEAN (ed.). "The Asean Declaration (Bangkok Declaration) Bangkok, 8 August 1967". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ "Overview". asean.org. ASEAN. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 7 de febreiro de 2015.
- ↑ ASEAN (ed.). "Overview". Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2015. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016.
- ↑ CIA (ed.). "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 4 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asociación de Nacións do Sueste Asiático |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ASEAN Community in Figures (ACIF) 2012 (PDF). Jakarta: Association of Southeast Asian Nations. 2012. ISBN 978-602-7643-22-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de setembro de 2015.
- Acharya, Amitav (2009). Constructing a Security Community in Southeast Asia: ASEAN and the problem of regional order (2nd ed.). Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN 978-0-415-41428-9.
- Collins, Allan (2013). Building a People-oriented Security Community the ASEAN Way. Abingdon, Oxfordshire/Nova York: Routledge. ISBN 978-0-415-46052-1.
- Fry, Gerald W. (2008). The Association of Southeast Asian Nations. New York: Chelsea House. ISBN 978-0-7910-9609-3.
- Lee, Yoong, ed. (2011). ASEAN Matters! Reflecting on the Association of Southeast Asian Nations. Singapore: World Scientific Publishing. ISBN 978-981-4335-06-5.
- Haacke, Jürgen; Morada, Noel M., eds. (2010). Cooperative Security in the Asia-Pacific: The ASEAN Regional Forum. Abingdon, Oxfordshire/New York: Routledge. ISBN 978-0-415-46052-1.
- Seah, Daniel (2015) Problems Concerning the International Law-Making Practice of ASEAN Asian Journal of International Law (Cambridge University Press)
- Severino, Rodolfo (2008). ASEAN. Singapur: ISEAS Publications. ISBN 978-981-230-750-7.
- Amador III J, Teodoro J. (2014), A united region: The ASEAN Community 2015
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da ASEAN Arquivado 13 de abril de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)