AMOS 1
AMOS 1 / Intelsat 24 | |
---|---|
Tipo | Satélite de comunicacións |
Data de lanzamento | 16 de maio de 1996[1] |
Foguete portador | Ariane 4 |
Sitio de lanzamento | Kourou |
NSSDC ID | 1996-030B |
Masa | 471 kg[2] |
Potencia | 1150 vatios[2] |
Baterías | Níquel-Cadmio de 24 Ah |
Datos orbitais | |
Inclinación | 2,7 graos[1] |
Apoapse | 35 827,9 km[1] |
Periapse | 35 801,2 km[1] |
AMOS 1 (עמוס 1 en hebreo) é un satélite de comunicacións israelí lanzado por un foguete Ariane 4 o 16 de maio de 1996 desde Kourou, na Guaiana francesa, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o primeiro satélite de comunicacións israelí e foi vendido a Intelsat en 2009, pasando a denominarse Intelsat 24.
Características
[editar | editar a fonte]AMOS 1 / Intelsat 24 foi operado inicialmente por Spacecome posteriormente por Intelsat. Foi desenvolvido sobre a experiencia cos satélites de recoñecemento Ofeq conxuntamente con DASA e Alcatel Espace. Inicialmente usouse para servizos de televisión, para o cal leva nove transpondedores en banda Ku. O éxito de AMOS 1 impulsou a construción de AMOS 2.
AMOS 1 usou un motor de combustible líquido de 400 Newton para alcanzar a órbita xeoestacionaria tralo lanzamento por parte do Ariane 4. Ten catorce propulsores para o control de actitude, cada un cun pulo de 10 Newtons. Inicialmente levaba 450 kg de propelente (monometilhidracina e MON 3).
A lonxitude do satélite, cos paneis solares despregados, é de 11,5 metros. Estabilízase nos tres eixos mediante sensores de Terra e de Sol e mediante volantes de inercia. Os paneis xeran 1150 vatios de potencia[2], con baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 24 Ah como apoio.
Tralo lanzamento foi situado inicialmente nunha posición a 4º de latitude oeste. AMOS 1 e AMOS 2 foron colocados cerca un doutro para crear unha localización común, permitiendo ós usuarios dos satélites aumentar o acceso ós servizos sen antenas adicionais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- Wade, Mark (2011). Encyclopedia Astronautica, ed. "AMOS 1" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011.
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO, ed. (2011). "INTELSAT 24 (AMOS 1)" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (26 de abril de 2011). "AMOS 1" (en inglés). Consultado o 24 de xuñoo de 2011.
- ↑ Krebs, Gunter. Gunter's Space Page, ed. "Amos-1 -> Intelsat 24" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011.