Comeza o reinado de Vamba, monarca dos visigodos (até 680), sucedendo a Recesvinto.
Desde o inicio do seu goberno ten que facer fronte á sublevación de Hilderico, conde de Nemausus (Nimes), ao que se lle une o duque Paulo, que Vamba enviara contra aquel, e mesmo este último chegará a proclamarse rei en Narbona.